Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Roddy McDowall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoddy McDowall

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Roderick Andrew Anthony Jude McDowallEditar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1928Editar o valor en Wikidata
Herne Hill, Reino Unido(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1998Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Studio City (Estados Unidos de América)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmónEditar o valor en Wikidata
EducaciónSt Joseph's College(en)Traducir
University High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, actor, fotógrafo, actor de teatro, actor de xénero, guionista, director de cinema, produtor de cinemaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1938Editar o valor en Wikidata - 1998Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoComedia shakespearianaEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001522Allocine: 2343Rottentomatoes: celebrity/roddy_mcdowellAllmovie: p47310133834IBDB: 68284
BNE: XX1175363Musicbrainz: b7e026d6-87e5-47cb-b3c0-c226025601bcDiscogs: 1343054WikiTree: McDowall-338Find a Grave: 6564333Editar o valor en Wikidata

Roderick Andrew Anthony Jude McDowall, nado enLondres o17 de setembro de1928 e finado nosÁnxeles o3 de outubro de1998, foi un actorbritánico nacionalizadoestadounidense.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Inicios

[editar |editar a fonte]

McDowall naceu enHerne Hill, Londres. Os seus pais, moi afeccionados ao teatro, eran Thomas Andrew McDowall, un mariño mercante de ascendencia escocesa, e Winsfriede L. Corcoran,[1][2] unha aspirante a actriz de orixe irlandesa. Tivo unha irmá, Virginia (1927-2006).

Fixo o seu primeiro papel importante no cinema aos doce anos, aínda que antes actuara en varias películas británicas, despois de trasladarse xunto coa súa familia aos Estados Unidos a causa doBlitz durante asegunda guerra mundial. Nacionalizouse estadounidense o 9 de decembro de 1949,[3] e viviu nese país o resto da súa vida. Interpretou a Huw enQue verde era o meu val (1941) un papel que o fixo famoso.[3] Despois actuou noutros filmes, comoMy friend Flicka (1943),A cadea invisible (1943), primeira das ocasións en que traballou coa súa amigaElizabeth Taylor,The Keys of the Kingdom (1944) eThe White Cliffs of Dover (1944).

Carreira de adulto

[editar |editar a fonte]

McDowall foi un dos nenos actores que continuou a súa carreira con éxito de adulto, aínda que habitualmente en papeis secundarios, destacando algúns papeis baixo a maquillaxe como o simio científico Cornelius e varios chimpancés que interpretou en catro dos cinco filmes da saga deO planeta dos simios (1968-1973) e na serie televisiva do mesmo tema que apareceu en 1974. Outras actuacións destacadas foron a deCleopatra (1963), en que interpetou aOctavio, o posterior emperador César Augusto;It! (1967), en que interpretou unha personaxe que evocaba nalgúns aspectos aNorman Bates, personaxe dePsicose;A aventura do Poseidón (1972), en que era Acres, un camareiro do comedor. Tamén actuou no teatro[4] e foi unha estrela convidada con frecuencia en programas de televisión, traballando en series comoThe Twilight Zone,Tales of the Gold Monkey,Combat!,Night Gallery,The Invaders,The Carol Burnett Show,[5]Fantasy Island,Quantum Leap ouHollywood Squares.

Foi o malvado "The Bookworm" (episodios 29/30), na serie dos anos sesentaBatman, e tivo un papel moi aplaudido comoThe Mad Hatter enBatman: The Animated Series. Ademais deu o seu enxeñoso ton dramático á adaptación sonora deBatman (1989). Tamén foi o científico rebelde Dr. Jonathan Willoway na serie de ficción científica dos anos setentaThe Fantastic Journey, baseada no mito doTriángulo das Bermudas. O seu último papel na animación, foi para o episodio deGodzilla "Dreadloch". EnA Bug's Life (1998), unha das súas últimas contribucións ao cinema, deu voz á formiga Mr. Soil.

Na década de 1990, McDowall dedicouse á conservación de filmes e participou na restauración deCleopatra (1963), que fora cortada porDarryl F. Zanuck, directivo da20th Century Fox, por mor dos elevados custos de produción. McDowall serviu durante varios anos en diferentes postos do Board of Governors daAcademia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de Hollywood. Foi presidente da División de Actores durante cinco mandatos e foi elixido presidente da Fundación da Academia o ano do seu falecemento. Unha das súas últimas aparicións públicas tivo lugar cando acompañou a actrizLuise Rainer, de 88 anos, á70.ª cerimonia de entrega dos Óscar.

McDowall tamén foi coñecido como fotógrafo, e publicou cinco libros de fotografías, un deles con amigos célebres comoElizabeth Taylor,Judy Garland,Judy Holliday eMaureen O'Hara.[6][7]

Faleceu o3 de outubro de1998, en Studio City (California) por mor duncancro de páncreas, aos 70 anos.[8] O seu corpo foi incinerado e as súas cinzas foron esparexidas no océano Pacífico o 7 de outubro de 1998.[9]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

En 1974, oFBI asaltou a casa de McDowall e incautou a colección de filmes e series televisivas do actor no curso dunha investigación sobrepirataría e violación dosdereitos de autor. A súa colección constaba de cento sesenta copias de 16 mm e máis de mil fitas de vídeo, nunha época en que non existía un comercio legal de filmes fóra do circuíto das salas (copiar ou vender copias obtidas dos estudios sen posuír ocopyright era ilegal). Finalmente non se presentaron cargos contra McDowall.[10]

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Vallance, Tom (5 de outubro de 1998)."Obituary: Roddy McDowall".The Independent (Londres). 
  2. "From the Archives: Roddy McDowall, Actor for 6 Decades, Dies at 70". 4 de outubro de 1998. 
  3. 3,03,1"McDowall, Roddy".Howard Gotlieb Archival Research Center.Universidade de Boston. Arquivado dendeo orixinal o 9 de setembro de 2014. 
  4. "Roddy McDowall as guest".The Christian Science Monitor. 11 de xullo de 1946. 
  5. The Carol Burnett Show with Roddy McDowall, 14 de marzo de 2017
  6. McDowall, Roddy.Double Exposure; William Morrow & Co; 2 edition: 1 de novembro de 1990;ISBN978-0688100629
  7. Brady, J. (Dec 13, 1992). "Roddy McDowall".The Washington Post. 
  8. Gussow, Mel (4 de outubro de 1998)."Roddy McDowall, 70, Dies; Child Star and Versatile Actor".The New York Times. Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  9. Wilson, Scott.Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 31331-31332). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  10. "When Roddy McDowall Was Busted by the FBI for Pirating Films". 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. McDowall ten unha estrela noPaseo da Fama de Hollywood, no 6632 de Hollywood Blvd., como homenaxe á súa faceta como actor televisivo.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Roddy McDowallModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Best, Marc.Those Endearing Young Charms: Child Performers of the Screen (South Brunswick e Nova York: Barnes & Co., 1971), pp. 176–181.
  • Dye, David.Child and Youth Actors: Filmography of Their Entire Careers, 1914–1985. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Co., 1988, pp. 140–144.
  • Holmstrom, John.The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995, Norwich, Michael Russell, 1996, pp. 158–159.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Roddy_McDowall&oldid=6702445»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp