Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Roda (homónimos).
Roda de carro
Unharoda é unutensiliocilíndrico, xeralmente empregado por parellas ou cantidades maiores, que permite unha mellora notransporte, facéndoo máis lixeiro, cómodo e con menores necesidades enerxéticas. Na actualidade, unha boa parte delas están feitas decaucho, que serve para que sexa máis lixeiro orozamento contra a vía (calzada).
A roda é un órgano ou unha pezamecánica de forma circular que vira ao redor dun eixe que pasa polo seu centro. Esta invención moi antiga constitúe un dos fundamentos das nosastecnoloxías dos transportes. Permite desprazar sobre terra das cargas importantes, reducindo as forzas de fricción. É empregada na inmensa maioría dos medios terrestres de transporte.
Dende os seus inicios viviu moitísimas variacións. As primeiras eran demadeira epedra, mais tralaRevolución Industrial viviuse un grande avance tecnolóxico nas tecnoloxías de transporte que afectou á roda.
O vocábulo roda provén dolatínrota, que procede doprotoindoeuropeorotā-, derivado deret- que significa "para rodar, xirar".[1] Os estudosos suxiren que a palabra roda ten a súa orixe nas linguas dos pobos orientais máis antigos e que posteriormente pasaron ao grego e ao latín coamigración dos pobos protoindoeuropeos dendeAsia cara aEuropa.
A roda merece un lugar de honra en calquera listaxe dos grandes inventos. Unha civilización industrializada é inconcibible sen ela. A súa invención era talvez inevitable, mais tardou bastante en aparecer a carón do ser humano. Moitas civilizacións, incluíndo osincas e osaztecas desenvolvéronse bastante ben sen rodas. A máis antiga evidencia do uso da roda (unpictograma deSumeria) data do 3500 a.C. O invento difundiuse rapidamente no mundo occidental.
O lugar e o tempo da "invención" da roda non está claro, xa que as pistas máis antigas non garanten a existencia de transporte real con rodas, ou están datados con demasiada amplitude.[2] A invención da roda acreditouse aoselamitas porque as súas esculturas son as primeiras en que aparecen.[3] A invención do disco sólido de madeira tivo lugar a finais doneolítico, e pode verse en relación con outros avances tecnolóxicos que deron lugar áidade de bronce. Isto implica o paso de varios milenios sen rodas antes dainvención da agricultura e aolería durante oneolítico acerámico.
Ás veces a culturaHalaf do 6500–5100 a.C. se considera que ten as primeiras imaxes dun vehículo con rodas, aínda que non existen evidencias de que os halafianos empregasen eses vehículos ou mesmo tornos de oleiros.[4] Coñecíanse precursores das rodas enOriente Medio no milenio V a.C. Un dos primeiros exemplos descubríronse en Tepe Pardis,Irán, datados en 5200–4700 a.C. Estaban feitos de pedra ou sexo e asegurados ao chan cunha barra no centro, aínda que requirían un esforzo significativo para xiralo. Os tornos verdadeiros, que xiran libremente e teñen un mecanismo cunha roda e un eixe desenvolvéronse enMesopotamia contra 4200–4000 a.C.[5] O exemplo máis antigo que se conserva, atopado enUr, data de aproximadamente o 3100 a.C.[6]
Ola de Bronocice, imaxe máis antiga dun vehículo de rodas no mundo (Polonia)
En febreiro de 2003, nuns pantanos 22 km ao sur deLjubljana, capital deEslovenia, atopouse unha roda cunha antigüidade de entre 3500-3100 a.C.[7] Achouse xunto co seu eixe; mide 72 cm de diámetro e está feita de madeira defreixo, mentres que o eixe, que xiraba xunto coas rodas, era decarballo, máis dura.[8] Por outra banda, no chamadoEstandarte de Ur, proveniente da cidade deUr, no sur deMesopotamia, que data de 2500 a.C. aproximadamente, represéntase un carro tirado poronagros, primeira representación conservada da roda empregada nun carro.
Roda maciza de madera atopada en Blair Drummond. Primeira evidencia de transporte rodado en Gran Bretaña.
Tres partes dunha roda maciza de madeira foron atopadas enBlair Drummond Moss (val do Forth,Escocia). Son a evidencia máis temperá de transporte rodado en Gran Bretaña, xa que está datada no 1255 a.C.[9][10]
Aínda que non se atopou uso a grande escala de rodas en América antes do contacto cos europeos, si se acharon numerosos pequenos aparellos con rodas, identificados con xoguetes, en xacementos arqueolóxicos de México, datados aproximadamente en 1500 a.C.[11]
Notransporte de obxectos, o obxectivo da roda é diminuír africción total de arrastre dun obxecto entre dous ou máis puntos nunhasuperficie. O obxecto que é transportado, colocado no seueixe, precisa de arrastrarse por unha distancia menor que a distancia percorrida polo bordo da roda en contacto coa superficie, porque o eixe sempre reduce a transmisión da distancia percorrida polo bordo da roda.
Cómpre notar que a superficie por onde o bordo da roda se sitúa debe ser preparada para aumentar a eficiencia da roda. A roda non é moi útil para o transporte sen a presenza deestradas. Tamén é interesante salientar que aínda que a roda sexa un xeito eficiente de transporte, as formas de vida úsana de maneira moi limitada nese sentido.
Para un observador do século XXI, un roda parece un obxecto tremendamente sinxelo. Porén, houbo moitos intentos de mellorar e patentar rodas. Algúns inventores son:
A roda converteuse tamén nunhametáforacultural e espiritual para un ciclo ou repetición regular, como ochakra, areencarnación, e oYin e Yang entre outros. A roda na antigaChina está vista como símbolo de saúde e forza e empregada nalgúns lugares como ferramenta para predicir a saúde futura e o éxito. Odiámetro da roda é o indicador da saúde futura de cada un.
Unha roda con ás é un símbolo de progreso, visto en moitos conceptos, como oescudo de Panamá, o logotipo deOhio State Highway Patrol e os ferrocarrís estatais de Tailandia. A roda tamén é unha importante figura nabandeira da India, onde representa a lei (dharma). Tamén aparece nabandeira xitana, para indicar a súa historianómade e as súas orixes indias.
A introdución dos carros de rodas na metada daidade de bronce parece que significou prestixio. A cruz solar parece ter significado na relixión da época, substituíndo o concepto anterior debarca solar. A roda tamén foi un símbolo solar para osexipcios.[18]
↑Holm, Hans J. J. G.: The Earliest Wheel Finds, their Archeology and Indo-European Terminology in Time and Space, and Early Migrations around the Caucasus. Series Minor 43. ARCHAEOLINGUA ALAPÍTVÁNY, Budapest, 2019.ISBN978-615-5766-30-5
↑Tunis, Edwin (2002).Wheels: A Pictorial History. p. 9.
↑Velušček, A.; Čufar, K. and Zupančič, M. (2009) "Prazgodovinsko leseno kolo z osjo s kolišča Stare gmajne na Ljubljanskem barju", pp. 197–222 in A. Velušček (ed.).Koliščarska naselbina Stare gmajne in njen as. Ljubljansko barje v 2. polovici 4. tisočletja pr. Kr. Opera Instituti Archaeologici Sloveniae 16. Ljubljana.
↑Exemplar deAmeriška Domovina (fogar estadounidense), del 27 de marzo de 2003.