Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Rocket from the Crypt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rocket from the Crypt
OrixeSan Diego (California),
Período1989 - 2005
Xénero(s)punk rock,rock and roll,rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Cargo, Headhunter,Sympathy for the Record Industry, Perfect Sound, Interscope, Flapping Jet, Vagrant, Swami
MembrosSpeedo
Petey X
ND
Elaina
Sean
Atom Willard
Apollo 9
JC 2000
Ruby Mars
Na rede
http://www.rftc.com/
IMDB: nm3064303Facebook: rftcAGAINTwitter: RFTCRFTCMySpace: rocketfromthecrypt1Spotify: 5GOJQ1HSMGp1rEnOhBeH1hiTunes: 2822245Last fm: Rocket+from+the+CryptMusicbrainz: e297ecdf-64ec-4e34-899d-80380f5b0c2aSongkick: 523468Discogs: 257896Allmusic: mn0000832507Genius: Rocket-from-the-cryptEditar o valor en Wikidata

Rocket from the Crypt foi unha bandaestadounidense derock liderada porJohn Reis, formada en1989 enSan Diego (California) e desaparecida no ano2005.

A banda gañou a aclamación da crítica e a atención dos grandes selos despois do lanzamento do seu álbum de1992Circa: Now!, que levouna a asinar un contrato conInterscope Records. O grupo experimentou un aumento de popularidade coa edición dos álbumsScream, Dracula, Scream! (1995) eRFTC (1998), acompañados por numerosos sinxelos e EPs publicados a través de selos independentes. Porén, as vendas non foron tan altas como se agardaba e Interscope centrou a súa atención en grupos que lle aportasen máis cartos. Rocket from the Crypt deixou o selo e pouco despois o bateríaAtom Willard abandonou a banda.

Despois dun período de inactividade en 1999 e 2000, durante o cal Reis formouHot Snakes eSultans e creou o seu selo Swami Records, a banda asinou conVagrant Records e recrutou ao novo batería Ruby Mars. O grupo editou dous álbums máis e nos seguintes anos os seus membros comezaron a involucrarse noutros proxectos, centrándose menos en Rocket from the Crypt. Decidiron separarse en2005 realizando un concerto de despedida en San Diego o día de Halloween.

Discografía

[editar |editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Paint as a Fragrance1991Cargo/Headhunter
Circa: Now!1992Cargo/Headhunter
Hot Charity1995Perfect Sound
Scream, Dracula, Scream!1995Interscope Records
RFTC1998Interscope Records
Group Sounds2001Vagrant Records
Live from Camp X-Ray2002Vagrant Records

EPs

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rocket_from_the_Crypt&oldid=4984498»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp