O nome do xénero Robinia dedicoullo o naturistaCarl von Linné aobotánicoJean Robin, 1550-1629,botánico do reiHenrique IV de Francia, que introduciu esta árbore enFrancia procedente dascolonias francesas americanas. O primeiro individuo, plantado na praza Dauphine deParís en 1601, desapareceu hai anos, mais dos seus regromos aínda sobreviven algunhas árbores hoxe na vila: unha no barrio : René-Viviani plantada en 1601[2]), e outra no xardín botánico parisién:Jardin des plantes de Paris, plantada en 1636.[3]Aínda con semellanzas ás especies do xéneroAcacia, a robinia non pertence a tal xénero, de aí o termo da especie:pseudacacia e o nome común galego de acacia falsa ou bastarda. No Val de Barcala coñécese como serpín.
A arboriña pode acadar os 20 ou 30 m de altura. Adoita formar pequenas manchas boscosas monospecíficas invasoras a partir dos numerosos abrochos que saen a xeito de fillos da planta nai.
O tronco é pardo cinsento cunha casca grosa profundamente fendida en sentido lonxitudinal[4]. A pólas novas sonespiñentas.
Posúe unha copa ampla pouco mesta con follas compostas por entre nove e vinte e unfolíolos ovais[4] de cor verde amarelentos que se viran amarelos no outono antes da caída. É común a seca dalgunhas pólas, e nalgúns casos da árbore enteira. Asestípulas das follas das pólas sen flores transfórmanse en espiñas, que fican despois da caída das follas.
Póla de falsa acacia.
As flores son brancas, penduradas en acios perfumados e melíferos de 10 a 25 cm de longo.[4].Osfroitos son unhasvaíñas achatadas, de 7 a 12 cm de longo, que conteñen gran número degrans[4]. Os legumes fican na árbore despois da caída das follas.
Arizosfera da robinia incentiva ásbacteriasfixadoras de azote. O sistema radicular pode estenderse nun radio de 15 metros arredor do toro en terreos secos.[4].
Cada ano a madeira de primavera xera un anel poroso. Entre as células doparénquima grandesvasos son visíbeis a simple vista.
A robinia non atura be napoda, de executala, cómpre facela xusto despois a floración.
É unha árbore de pouca altitude (por baixo dos 700 m) naturalizada no oeste deEuropa, non pasando ao norte os Países Baixos. Plantouse igualmente para estabilizar noiros arrentos* e rochosos e tamén pola súa madeira de bastante calidade e resistencia a humidade.É unha árbore pioneira, isto quere dicir que se limita a colonizar terras degradadas que, por outra banda e por ser unha leguminosa, enriquece o solo coa fixación de azote. Prefire solos pobres en calcaria, aínda que medra en calquera solo, agás nos lameiros e solos con arxila moi compactos. É unha árbore heliófila, fuxindo de zonas moi sombrías. Con 3,2 millóns de hectáreas no mundo, é a terceira especie de madeira dura máis plantada no mundo despois doslamigueiros e doseucaliptos.
En Galicia é común en solos pobres de noiros, colonizando leiras abandonadas e terreos incendiados, e incluso naturalizada enfragas e arboredos. Tamén é común o seu uso enxardinería urbana.
O seu rápido crecemento, a súa importante capacidade de multiplicación vexetativa (rebentos ou fillos), a súa produción abondosa de grans tóxicos, a capacidade de fixación de azote atmosférico e mais a toxicidade da súa madeira e das súas follas, fan que sexa unha especie pioneira, competitiva, capaz de modificar intensamente os ecosistemas locais.[5].
Esta especie é xeralmente considerada como invasora en gran parte do territorio europeo, impedindo o crecemento doutras plantas especialmente pola coincidencia nas datas de polinización. Nalgunhas zonas substituíu os castiñeiros dossoutos ou formacións decapudres.Con todo acostuma colonizar os solos que lle son máis axeitados: frescos e areentos, en terreos asollados.
A madeira emprégase en carretaría,ebanistaría, tornaría etc. para facer mobles, xogos para nenos ao ar libre eparqué. Ten unha elevada resistencia e unha durabilidade natural moi boa. Emprégase tamén comaleña para facer lume ou achas.
As abellas producen coas flores de robinia unmel coñecido popularmente como mel de acacia.
As raíces teñen unha elevada capacidade para afixación de nitróxeno atmosférico. Tamén é empregada a robinia para fixar noiros.
Emprégase como árbore ornamental en cidades e vilas. A follaxe ten unha bonita cor dourada no outono.
As flores úsanse nalgúns países coma Italia para facer receitas de sobremesa. Follas e sementes son tóxicas.
A falsa acacia posúe unha proteínalectina nas súassementes, que as fai tóxicas: cabalos que consomen a planta desenvolven síntomas de anorexia, depresión, diarrea, cólicos, fraqueza, earritmia cardíaca. Os síntomas aparecen xeralmente arredor dunha hora despois de tela inxerido e cómpre atención veterinaria inmediata. Só as flores son comestíbeis.
A robinia é moi usada en xardinaría, especialmente nos Estados Unidos e en Europa. Hai moitoscultivares con distintas características:
Bessoniana con copa moi mesta, sen flores;
Casque Rouge con flores de cor rosa;
Frisia con follaxe verde moi clara, de precioso ton dourado;
Pyramidalis ouFastigiata con forma piramidal;
Umbraculifera cunha copa moi redonda e compacta, sen espiñas e flores, moi usada para aliñamento de rúas;
Unifolia con follas dun so folíolo de 10–15 cm de longura ou 2-4 folíolos de menor talle.
Algúns especialistas comparan as virtudes dasófora (Styphnolobium japonicum) contra as da robinia. A primeira carece de espiñas porén ten o problema de que os seus froitos pegañentos emporcan as rúas onde son plantados.
Entre outras características, a robinia acidifica o solo e determina a perda decatións ao fixar onitróxeno.[6]