![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en)Robert Rudolph Remus![]() 27 de agosto de 1948 ![]() Detroit, Estados Unidos de América ![]() |
Outros nomes | Bob Remus Sgt. Slaughter Super Destroyer Mark II The Executioner Bob Slaughter Matt Burns ![]() |
Residencia | Burlington(pt)![]() ![]() |
Educación | Eden Prairie High School(en)![]() ![]() |
Altura | 193 cm![]() |
Peso | 140 kg![]() |
Actividade | |
Ocupación | loitador profesional![]() |
Período de actividade | 1972![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos![]() |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América![]() |
Deporte | loita libre profesional![]() |
Adestrado por | Verne Gagne(pt)![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | sgtslaughter.com![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Robert Remus, nado o27 de agosto de1948 enDetroit, é unloitador profesionalestadounidense semiretirado, coñecido polo alcume de Sgt. Slaughter. Actualmente traballa para aWWE na marcaRAW. Foi incluído noWWE Hall of Fame en 2004.
Debido á súa complexión atlética, comezou a introducirse no mundo da loita libre en 1975 e debutou profesionalmente na federación AWA, onde creou o personaxe do Sarxento Slaughter, un patriótico instrutor militar con mal xenio.
En 1981 foi contratado polaWWF e ao longo da década chegou a ser un loitador respectado e querido. A súa popularidade foi tal que ata a casa de xoguetes Hasbro creou un boneco de acción inspirado nel, dentro da colección dos entrañablesG.I. Joe, que viña co seu bastón de mando e conducindo un tanque. Ademais encargouse de prestar a súa voz a este personaxe ao longo das tres series de animación estreadas entre 1985 e 1990. Outro dos seus traballos como actor foi interpretándose a si mesmo na películaBad Guys (1986).
Abandonou aWWF en 1985 pero regresou en 1991 cunha imaxe renovada. O seu personaxe converteuse nun simpatizante dosiraquís e tivo como aliado a Mustafá, gañando así as antipatías dos espectadores. Pouco despois foi derrotado no ring porHulk Hogan nun lendario e longo combate onde este lle pasou a bandeira norteamericana pola cara. En tempos aínda próximos áGuerra del Golfo, a súa imaxe negativa ante os norteamericanos chegou a causar unha enorme polémica, ata o punto de queVince McMahon trasladou a competición deWrestlemania VII ao "L. A. Sports Arena", en lugar do tradicional "Olympic Stadium"dos Ánxeles, por razóns de seguridade persoal cara a Slaughter. Tan improbable xiro argumental formaba parte da ficción do show e certo tempo máis tarde tornou a ser do "bando dos bos".
Aínda que a mediados dos 90 moitos dos seus veteranos compañeiros pasaron ás filas da "WCW", el seguiu vinculado á "WWF"/"WWE". Na actualidade está retirado pero traballa como enlace entre directivos e loitadores na WWE. Nalgunhas ocasións chegou a participar nalgúns combates lendarios e formou un equipo de loitadores veteranos completado porRic Flair,Roddy Pipper,Dusty Rhodes eArna Anderson. En 2004 foi incluído no "Hall of Famne de la WWE". Á marxe deste labor, tamén desenvolveu unha notable actividade vinculada á axuda humanitaria contra a pobreza infantil e adrogadicción, realizando varias campañas para trasmitir valores positivos.
O24 de xuño de2007 apareceu no evento depagamento por visión daWWE Vengeance, facendo parella con Snuka na loita polo WWE Tag Team Championship contra Deuce e Domino, na que retiveron o título. Despois do combate Deuce e Domino agrediron a Snuka e Slaughter e entraron a defendelos as lendas Rick Martel e Tony Garea.
Os seus golpes son oCobra clutch,Camel clutch (1990-1991),Atomic Noogie (1990),Slaughter Cannon,Super Slaughter Cannon,Gutbuster,Backbreaker,Inverted suplex slam,Multiple elbow drops,Piledriver eBear hug.
Tivo como preparadores a Lord Alfred Hayes,Bobby "The Brain" Heenan, The Grand Wizard, General Adnan e Oliver Humperdink.