Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Robert Goddard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Goddard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Robert Hutchings GoddardEditar o valor en Wikidata
5 de outubro de 1882Editar o valor en Wikidata
Worcester, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1945Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Baltimore, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófagoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHope Cemetery(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónClark University(en)Traducir
Worcester Polytechnic Institute(en)Traducir
South High Community School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Director de teseArthur Gordon Webster(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronáutica,física edescubrimentos e inventosEditar o valor en Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación, matemático, enxeñeiro, inventor, físico, astrónomoEditar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeEsther Christine KiskEditar o valor en Wikidata
PaiNahum Danford Goddard, Jr.Editar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Годдард Роберт)
Obálky knih,
Astronomers: A Biographical ReferenceEditar o valor en Wikidata
WikiTree: Goddard-1213Find a Grave: 398Editar o valor en Wikidata

Robert Hutchings Goddard, nado o5 de outubro de1882 enWorcester, Massachusetts e finado o10 de agosto de1945 enBaltimore, Maryland, foi unenxeñeiro,físico, profesor e inventor dosEstados Unidos pioneiro no campo dafoguetería, chegando a construír o primeiro foguete de propelente líquido.[1][2]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

A Goddard, xunto corusoKonstantin Tsiolkovskii e oalemáHermann Oberth, se lle considera un dos pioneiros do voo espacial, facendo importantes contribucións teóricas e técnicas e lanzando o primeiro foguete de propelente líquido en 1926.[1][2]

Goddarddoutorouse en física polaUniversidade Clark en 1911, chegando a ser director dos seuslaboratorios. Comezou os seus traballos sobre foguetes en 1909, rexistrando dúas patentes en 1914, unha delas relativa ao uso de propelentes líquidos en foguetes e a outra sobre o uso de dúas ou tres etapas en foguetes depropelente sólido, adiantándose ao seu tempo. En xaneiro de 1920 publicou no número 2540 da revistaSmithsonian Miscellaneous Publication o seu artigoA Method of Reaching Extreme Altitudes. (Un método para chegar a altitudes extremas), onde detalla métodos para levar instrumentación científica a maiores alturas das que poden achegar os globos meteorolóxicos usando foguetes, para o cal desenvolve toda unha serie de teorías matemáticas da propulsión a reacción. Cara finais de 1920 Goddard indica a posibilidade de enviar un foguete áLúa. Osperiódicos recolleron a proposta, levantando gran controversia e en último termo ridiculizando a Goddard, que recelou da prensa o resto da súa vida.[1][2]

Os traballos posteriores de Goddard desenvolveron as ideas do controlxiroscópico dos foguetes, o control de dirección mediante aletas no foguete, o movemento das tobeiras mediantecardáns e bombas de propelente accionadas mediante motores. O lanzamento dun foguete de probas en 1929 foi o primeiro no que se enviaron instrumentos científicos a bordo, unbarómetro e unha cámara. As súas ideas acabaron chegando áSociedade de Foguetes Alemá, sociedade civil creada en 1927, co exército dese país comezando o seu programa de foguetes en 1931, culminando nomísilV-2.[1][2]

As ideas de Goddard axudaron a dar inicio á era espacial, aínda que apenas foi recoñecido en vida. Goddard finou o 10 de agosto de 1945. Un dos principais laboratorios daNASA foi nomedado no seu honor, oCentro Goddard de Voos Espaciais.[1][2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,4Mark Wade (2023)."Goddard, Robert H"(en inglés). Consultado o 1 de maio de 2023. 
  2. 2,02,12,22,32,4Brian Dunbar (3 de outubro de 2022)."Dr. Robert H. Goddard, American Rocketry Pioneer"(en inglés). Consultado o 1 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Robert_Goddard&oldid=6387130»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp