Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Rizoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema do rizoma dePolygonatum verticillatum. I e II sinalan o crecemento dos dous anos previos, III sinala o crecemento actual. Os números arábigos (1, 2, 3...) indican o nó ou lugar onde se achaba cada catáfila ou folla modificada, os espazos entre os números son os entrenós. K1, k2, indican a posición das xemas axilares que están inactivas (durmidas).
Rizoma dePhragmites australis.
Rizoma deZingiber officinale ("xenxibre").

Enbioloxía, unrizoma é un talo subterráneo con varias xemas que medra de xeito horizontal emitindoraíces e brotesherbáceos dos seus nós. Os rizomas medran indefinidamente, no curso dos anos morren as partes máis vellas mais cada ano producen novosbrotes, podendo dese modo cubrir grandes áreas de terreo. As súas ramas engrosadas adoitan presentarentrenós curtos, teñencatáfilos incoloros e membranáceos, raíces adventicias exemas.

Segundo o seu crecemento e ramificación, os rizomas poden clasificarse ensimpódicas oumonopódicas. Os rizomas simpodiales son aqueles nos que cada porción corresponde ao desenvolvemento de xemas axilares sucesivas. A xema terminal de cada porción produce o brote. Exemplos deste tipo de rizoma sonSanseviera thyrsiflora ePaspalum nicorae.

Nos rizomas monopodiales, en cambio, a xema terminal continúa o crecemento indefinido do rizoma, mentres as xemas axilares orixinan os brotes. Este tipo de rizomas é característico de moitas especies invasoras ou malezas, tales comoSorghum halepense.

É un sistema dereprodución vexetativa común a moitas plantas, comoAchimenes,Canna,Zantedeschia,lirio e xenxibre (Zingiber officinale). Os rizomas pódense dividir en anacos que conteñen unha xema polo menos cada un e plantar por separado. As plantas con rizomas sonperennes, perden as súas partes aéreas en climas fríos conservando tan só o órgano subterráneo que almacena os nutrientes para a tempada seguinte.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Rizoma

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Font Quer, P. (1982).Dicionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. a.ISBN 84-335-5804-8. 
  • Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965.Tratado de Botánica. 2dá. edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.
  • Strassburger, E. 1994.Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rizoma&oldid=6334806»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp