Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Rizarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rizarios
Rango fósil:Neoproterozoico -Recente

OforaminíferoAmmonia tepida vivo
Clasificación científica
Dominio:Eukarya
Filo

Cercozoa
Retaria

Foraminifera
Radiolaria

Osrizarios ouRhizaria é un supergrupo de microorganismos que comprende numerosas especies deprotistaseucariotasunicelulares.[1][2] Este supergrupo foi proposto porCavalier-Smith en 2002. Os seus membros varían considerablemente en forma, pero a maior parte sonameboides conpseudópodos filosos, reticulosos, ou sostidos pormicrotúbulos. Moitos producen cunchas ou esqueletos, que poden ser bastante complexos en estrutura, e forman a gran maioría dosprotozoos fósiles. Case todos teñenmitocondrias con cristas tubulares.

Grupos

[editar |editar a fonte]

Hai tres grupos principais dentro de Rhizaria:[3]

Algúns outros grupos, comoPhytomyxea eAscetosporea,parasitos de plantas e animais respectivamente, e a peculiar amebaGromia, poden incluírse dentro dos cercozoos, pero nalgunhasárbores filoxenéticas sitúanos preto dosforaminíferos. Os diferentes grupos que forman Rhizaria considéranse moi emparentados baseándose principalmente nas súas semellanzas xenéticas, e foron considerados como unha extensión de Cercozoa. O nome Rhizaria para o grupo ampliado foi establecido porCavalier-Smith en 2002,[4] o cal tamén incluíu oscentrohélidos eApusozoa.

Relacións evolutivas

[editar |editar a fonte]

Rhizaria forma parte docladoBikonta de eucariotas, que tamén comprende osArchaeplastida, osChromalveolata, osExcavata, e algúns grupos menores difíciles de situar comoApusozoa e osCentrohelida. Como membros de Bikonta, todos descenden dun eucariotaheterótrofo conflaxelos.

Historicamente, moitos rhizaria foron considerados animais, debido á súa mobilidade e metabolismo heterótrofo. Porén, cando se implantou o sistema de 5reinos e substituíu o de dous (animal, vexetal), os organismos hoxe incluídos en Rhizaria foron situados no reinoProtista (Rhizaria substitúe a parte do grupo dosrizópodos das antigas clasificacións). Máis tarde, a atención dos taxonomistas centrouse na clasificación do dominio eucariota e no carácterparafilético do reino Protista. Despois de moito debate, que aínda continúa, os Rhizaria emerxeron como un grupomonofilético.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Christopher Taylor (2004)."Rhizaria". Arquivado dendeo orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2012. 
  2. Nikolaev SI, Berney C, Fahrni JF; et al. (2004)."The twilight of Heliozoa and rise of Rhizaria, an emerging supergroup of amoeboid eukaryotes".Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A.101 (21): 8066–71.PMC 419558.PMID 15148395.doi:10.1073/pnas.0308602101. 
  3. Moreira D, von der Heyden S, Bass D, López-García P, Chao E, Cavalier-Smith T (2007)."Global eukaryote phylogeny: Combined small- and large-subunit ribosomal DNA trees support monophyly of Rhizaria, Retaria and Excavata".Mol. Phylogenet. Evol.44 (1): 255–66.PMID 17174576.doi:10.1016/j.ympev.2006.11.001. 
  4. Cavalier-Smith, Thomas (2002)."The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa".International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology52 (2): 297–354.ISSN 1466-5026.PMID 11931142. Arquivado dendeo orixinal o 24 de decembro de 2010. Consultado o2007-06-08. 
  5. Burki, F; Shalchian-Tabrizi, K; Minge, M; Skjaeveland, A; Nikolaev, SI; Jakobsen, KS; Pawlowski, J (2007). Butler, Geraldine, ed."Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups".PLoS ONE2 (8): e790–.PMC 1949142.PMID 17726520.doi:10.1371/journal.pone.0000790. Consultado o2008-01-24. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rizarios&oldid=6614485»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp