| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (pt)Rita Lee Jones 31 de decembro de 1947 São Paulo, Brasil |
| Morte | 8 de maio de 2023 São Paulo, Brasil |
| Causa da morte | cancro de pulmón |
| Educación | Universidade de São Paulo Liceu Pasteur(pt) |
| Lateralidade | destro |
| Cor do pelo | Rubio |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, escritora de literatura infantil, escritora, pianista, compositora, guitarrista, actriz |
| Período de actividade | 1966 |
| Membro de | Os Mutantes(1968–1972) |
| Xénero artístico | Música pop,música rock,música popular brasileira eBossa nova |
| Influencias | |
| Pseudónimo literario | Rita Lee |
| Tesitura | Mezzosoprano |
| Instrumento | Voz,guitarra eKora |
| Selo discográfico | Som Livre Mercury Records EMI Philips Polydor Universal Music Group |
| Familia | |
| Cónxuxe | Roberto de Carvalho(1996–) Arnaldo Baptista(1968–1972) |
| Fillos | Beto Lee ( |
| Premios | |
| Sitio web | ritalee.com.br |
Rita Lee Jones de CarvalhoOMC, nada enSão Paulo no31 de decembro de1947[1] e finadaibídem o8 de maio de2023, foi unhacantante,compositora, multi-instrumentista,actriz,escritora eactivistabrasileira, coñecida como a "raíña do rock brasileiro".[2][3] Rita vendeu máis de 55 millóns dediscos, sendo a cuarta artista máis exitosa neste sentido no Brasil, só por detrás deTonico & Tinoco,Roberto Carlos eNelson Gonçalves.[4]
Construíu unha carreira que comezou corock pero que co paso dos anos coqueteou con diferentes xéneros, como apsicodelia durante a época do tropicalismo, opop rock, amúsica disco, aNew Wave, o MPB, abossa nova e amúsica electrónica, creando un hibridismo pioneiro entre xéneros nacionais e internacionais.[5]
Rita foi considerada unha das mulleres máis influentes doBrasil, sendo unha referencia para aquelas que chegaron a utilizar aguitarra a partir de mediados dosanos 70.[6] Antigo membro do grupoOs Mutantes (1966–1972) eTutti Frutti (1973–1978), participou en importantes revolucións no mundo da música e da sociedade. As súas cancións, xeralmente regadas con ironía ácida ou reivindicación da independencia feminina,[7] fixéronse omnipresentes nas listas, sendo as máis populares "Ovelha Negra", "Mania de Você", "Lança Perfume", "Agora Só Falta Você", "Baila Comigo", "Banho de Espuma", "Desculpe o Auê", "Erva Venenosa", "Amor e Sexo", "Reza", "Menino Bonito", "Flagra" e "Doce Vampiro", de entre outras. O álbumFruto Proibido (1975), editado coa banda Tutti Frutti, é considerado habitualmente como un fito fundamental na historia dorock brasileiro, considerado por algúns como a súa obra mestra.[8]
En1976 comezou unha relación sentimental co guitarrista Roberto de Carvalho, que desde entón é o seu compañeiro na maioría das súas cancións. Tiveron tres fillos, entre eles Beto Lee, tamén guitarrista, que acompañaba aos seus pais nos programas. Rita eravegana e defensora dos dereitos dos animais.[9] Cunha carreira de 60 anos, a artista pasou da innovación musical dadécada de 1960 e1970 ás baladas románticas moi exitosas dadécada de 1980 e unha revolución musical,[10] despois de ter actuado con innumerables artistas que van desdeElis Regina eJoãoGilberto á banda Titãs. En outubro de2008, a revistaRolling Stone promoveu a lista dos cen máis grandes artistas da música brasileira, onde Rita ocupa o posto 15.[11]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rita Lee |