Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ril

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Ril (homónimos).

Ril
Riles humanos vistos desde atrás coa espiña eliminada
Riles de cordeiro
Latínren
Gray'spág.1215
ArteriaArteria renal
VeaVea renal
Nervio(s)Plexo renal
MeSHKidney
Dorlands/ElsevierKidney

Osriles son dous órganos con forma defeixón que filtran osangue do aparato circulatorio e permiten a excreción a través daurina de diversos residuos metabólicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclúe mecanismos de filtración, absorción e excreción.

Localización e características

[editar |editar a fonte]

Noser humano cada un ten, aproximadamente, o tamaño do seu puño pechado. Están localizados noretroperitoneo, xusto debaixo das costelas, á altura das primeiras vértebras lumbares.

Cada día os riles procesan uns 200litros desangue para producir, aproximadamente, 2 litros deurina, unha solución líquida composta deauga e diversas substancias en cantidade variábel que se eliminan do organismo, procedentes do metabolismo corporal. A urina baixa continuamente ávexiga urinaria a través duns condutos chamadosuréteres. A vexiga almacena a urina ata o intre de ouriñar.

Funcións do ril

[editar |editar a fonte]

Os residuos eliminados na urina proceden da actividade metabólica de todo o organismo. Se os riles non eliminaran estes residuos, acumularíanse no sangue e serían nocivos para o organismo. Ademais de eliminar os produtos de rexeitamento, as células renais producen substancias que controlan diversas funcións no organismo. Os riles producenrenina, que regula a tensión arterial mediante osistema renina-anxiotensina-aldosterona; produceneritropoetina que regula a síntese deglóbulos vermellos e actúa na formación davitamina D, esencial para a síntese detecido óseo.

Filtrado

[editar |editar a fonte]
Na nefrona (lado esquerdo da gráfica), pequenos vasos sanguíneos entrelázanse con tubos colectores de urina. Cada ril contén arredor de 1 millón de nefronas.
Riles de año

A filtración ocorre en pequenas unidades colocadas dentro dos riles chamadasnefronas. Cada ril ten arredor dun millón de nefronas. Na nefrona, un glomérulo -que é un pequeno vaso sanguíneo ou capilar- entrelázase cun pequeno tubo colector de urina chamado túbulo. Prodúcese un complicado intercambio de substancias químicas a medida que os rexeitos e a auga saen do sangue e entran no sistema urinario.

Ao principio, os túbulos reciben unha mestura de refugallos e substancias químicas que o corpo aínda pode usar. Os riles recuperan algunha das substancias químicas, tales como osodio, ofósforo e opotasio, e envíannas de regreso ao sangue, que as devolve ao corpo. Dese xeito, os riles regulan a concentración desas substancias no corpo. Fai falla un equilibrio correcto para manter a vida, mais as concentracións excesivas poden ser prexudiciais.

Ademais de retirar os refugallos, os riles liberan treshormonas importantes:

  1. eritropoetina, que estimula a produción de glóbulos vermellos polamedula ósea.
  2. renina, que regula a presión arterial.
  3. a forma activa davitamina D, que axuda a manter ocalcio para os ósos e para o equilibrio químico normal no corpo.

Doenzas que afectan os riles

[editar |editar a fonte]
Os desperdicios filtrados do sangue pasan á vexiga.
Os desperdicios filtrados do sangue pasan á vexiga.

Case todas as doenzas dos riles atacan as nefronas e fanlles perder a súa capacidade de filtración. A lesión ás nefronas pode ocorrer axiña, a miúdo como resultado de lesión ou intoxicación, mais case todas as doenzas dos riles destrúen as nefronas lenta e silenciosamente. Talvez pasen moitos anos ou aínda decenios antes de que se manifeste o dano.

As dúas causas de doenza dos riles máis comúns son a diabetes e a tensión arterial alta (hipertensión).

Lista de doenzas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
TA 2-4:
Músculo-esquelético
TA 5-11:
espláncnico/
vísceras
principalmente
Torácica
Tracto respiratorio superior (nariz,farinxe,larinxe· Tracto respiratorio inferior (traquea,bronquio,pulmón)
principalmente
Abdominopélvica
Aparato dixestivo+
glándulas anexas
Boca (glándula salivar,lingua· Tubo dixestivo superior (farinxe,esófago,estómago· Tubo dixestivo inferior (intestino delgado,apéndice,colon,recto,ano· Glándulas accesorias (fígado,vesícula biliar,páncreas)
Ril · Uréter · Vexiga · Uretra
TA 12-16
periférico (arteria,vea· Corazón
primario (medula ósea,timo· secundario (bazo,ganglio linfático)
N/S
Non-TA
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ril&oldid=6071034»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp