Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ricky Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicky Martin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)Enrique José Martín MoralesEditar o valor en Wikidata
24 de decembro de 1971Editar o valor en Wikidata (53 anos)
San Xoán (Estados Unidos de América)Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs ÁnxelesEditar o valor en Wikidata
LateralidademanichoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, modelo, actor de televisión, compositor, actor de teatro, escritorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1984Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Menudo(1984–1989)Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop,pop rock,pop latino,R&B contemporáneo,pop dance,reggae,Reggaeton emúsica de América LatinaEditar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRicky MartinEditar o valor en Wikidata
InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Music
Columbia Records
Sony Music EntertainmentEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJwan Yosef(2017–2023),divorcioEditar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webrickymartinmusic.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005193Allocine: 35376Rottentomatoes: celebrity/ricky_martin_2Allmovie: p284838IBDB: 79484
Facebook: RickyMartinOfficialPageTwitter: ricky_martinInstagram: ricky_martinMySpace: rickymartinYoutube: UCGkkG-VYVXenlhVIqjH-9oAPinterest: rickymartinoffiTikTok: ricky__martinBNE: XX1287676Spotify: 7slfeZO9LsJbWgpkIoXBUJApple Music: 217142Last fm: Ricky+MartinMusicbrainz: 70ea63ea-70dc-4b63-951a-2c249d2b3b0aSongkick: 84326Discogs: 56978Allmusic: mn0000359026WikiTree: Morales-251Deezer: 2789Genius: Ricky-martinEditar o valor en Wikidata
Ricky Martin en 2013

Enrique Martín Morales, máis coñecido polo seu nome artísticoRicky Martin, nado enSan Juan o24 de decembro de1971, é un cantante,compositor,actor eescritorportorriqueño. Iniciou a súa carreira musical a mediados dadécada de 1980, como vocalista dun grupo xuvenil chamado Menudo.

A partir de 1991 estableceuse como solista. Lanzou nove álbums de estudio, tres recompilacións e máis de cincuenta sinxelos encastelán einglés. Vendeu 60 millóns de álbums como solista. O seu álbum máis vendido é o que lanzou en1999, tituladoRicky Martin.

Entre as súas cancións máis recoñecidas atópanse «Adeus», «Come with Me», «Disparo al corazón», «Fuego contra fuego», «Fuego de noche, nieve de día», «Jaleo», «La copa de la vida» (canción oficial doMundial de Fútbol de 1998), «La Mordidita», «Livin' la vida loca», «María», «Más», «Nada es imposible», «Por arriba, por abajo», «She Bangs», «Tal vez», «Volverás» e «Vuelve!».

Ao longo da súa carreira recibiu premios como dous Grammy, cinco LatinGrammys, tres Billboard, oitoBillboard Latin Music Awards, oitoMTVs, oito World Music Awards e dousAmerican Music Awards.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

O 29 de marzo de2010 Martin fixo pública a súahomosexualidade a través deTwitter, ao manter unha relación amorosa co chileno Cristóbal Olivos, enlazando a unha misiva reproducida na súa páxina web oficial.[1] Ademais, Ricky Martin ten dous fillos xemelgos, Valentino e Matteo, os cales foron concibidos mediantexestación subrogada.[2] Desde que fixo pública a súa homosexualidade, Martin recibiu críticas por parte da igrexa; o cardeal portorriqueño Luís Aponte Martínez pediu ao cantante que promova os "valores tradicionais e non só o sexo".[3]

O 4 de novembro de2011, ogoberno de España, presidido porJosé Luis Rodríguez Zapatero, concédelle a nacionalidade española, con base a que ten familiares españois e un domicilio en Madrid. Segundo recoñeceu o cantante, coa cidadanía pretendía casar en España para recoñecer o traballo do goberno deZapatero en defensa dos dereitos dos homosexuais.[4][5]

No Nadal de2013 rematou a relación co seu mozo Carlos González Abella, segundo confirmou a representante do artista Helga García ao xornal de Porto Rico El Nuevo Día.[6] A súa relación con González Abella foi determinante para que Martin saíse do armario en2010, segundo declaracións do propio artista.[7] A nova da ruptura tivo eco inmediato na prensa internacional.

Dende2016, mantén unha relación con Jwan Yosef, un artista de orixe siria. Os rumores sobre o romance xestáronse a principio de ano cando foron captados polos paparazzis camiñando xuntos por Nova York e máis tarde, no mes de abril, foron vistos de vacacións no Xapón. Finalmente, Martin oficializou publicamente a súa relación con Yosef o 16 de abril de 2016 ao colgar na rede social Instagram unha postal de ambos os dous collidos da man nun evento benéfico noBrasil, foto que acompañou cunha breve pero expresiva mensaxe: "Yup." ("Si" en inglés).

Martin desde o ano2013 évexetariano declarando «Levo sete semanas cunha alimentación completamentevexetariana, e síntome incríbel. Sen peixe, sen carne vermella e sen polo», e practicaioga para manter unha vida saudábel. Martin ézurdo.[8][9]

Lenda urbana

[editar |editar a fonte]

En febreiro de1999 difundiuse un engano sobre Ricky Martin e o programaSorpresa, sorpresa presentado porConcha Velázquez. A lenda urbana, extraordinariamente propagada, afirmaba que Martin participara nunha "sorpresa" emitida en directo en que unha fan adolescente do cantante fora pilladain fraganti mentres un can lambía as súas partes untadas cunha crema doce. O suposto feito foi denunciado por Prodeni, unha asociación de dereitos da infancia, que tivera un rol como acusación particular nocaso Arny.[10] En2023,Mamen Mendizábal fixo un programa emitido enLaSexta sobre estalenda urbana, chamada de "loucura colectiva" e "histeria colectiva".[11] Comprobouse que historias similares foron propagados noutras partes do mundo, como oXapón e osEstados Unidos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Carta de Ricky Martin (inglés y español) sobre su homosexualidad que no hay nada de malo en ello". Arquivado dendeo orixinal o 08 de xullo de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  2. Ricky Martin pai de xemelgos
  3. [1]
  4. O goberno concede a Ricky Martin a nacionalidade española para poder casar
  5. "BOE.es - Documento BOE-A-2011-18433". 
  6. «Ricky Martin terminó su relación con Carlos González»,El Nuevo Día, 1 de xaneiro de 2014
  7. Mábel Galaz, «Ricky Martin rompe con su novio»,El País, 2 de xaneiro de 2014
  8. Ricky Martin: Día del zurdoArquivado 16 de agosto de 2016 enWayback Machine. Consultado o 14 de xullo de 2016
  9. Zurdos famosos: Ricky Martin Consultado o 14 de xullo de 2016
  10. Benito, Marian (2023-02-12)."Ricky Martin, la niña, el perro y la mermelada: la gestación del mayor bulo de la televisión antes de internet".Uppers(encastelán). Consultado o2023-06-18. 
  11. "Mamen Mendizábal 'mata' la leyenda de Ricky Martin y la mermelada: "Si esto pasa hoy hubiera sido brutal"".ELMUNDO(encastelán). 2023-05-07. Consultado o2023-06-18. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ricky_Martin&oldid=6755157»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp