Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Richard Hamilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Hamilton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1922Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 2011Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Londres (Reino Unido)Editar o valor en Wikidata
EducaciónSlade School of Fine Art(pt)Traducir
Escola de Arte de Saint MartinEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoColaxeEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoSolingen(1950–2010)Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, fotógrafo, computer artist(en)Traducir, colaxista, debuxante, artistaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte popEditar o valor en Wikidata
MovementoArte pop earte contemporáneaEditar o valor en Wikidata
AlumnosE.R. Nele(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights SocietyEditar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xuño de 1997documenta x(en)Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
27 de xuño de 1968Documenta 4Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX964000Discogs: 587224Editar o valor en Wikidata

Richard Hamilton, nado enLondres o24 de febreiro de1922 e finado13 de setembro de2011,[1] foi unpintorbritánico, pioneiro daarte pop británica.[2] A súa exposición de 1955 Man, Machine and Motion (O home, a máquina e o movemento) (Galería Hatton,Newcastle upon Tyne) e a súa colaxe de 1956Just what is it that makes today's homes so different, so appealing? (Que é o que fai que as casas de hoxe sexan tan diferentes, tan atractivas?), forón producidas para a exposiciónThis Is Tomorrow doIndependent Group en Londres. Consideradas polos críticos e os historiadores para estar entre as primeiras obras daarte pop.[3] Unha gran retrospectiva do seu traballo poido verse no Tate Modern ata maio de 2014.[4]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Tras deixar o colexio sen conseguir ningún título, entrou a traballar nunha axencia publicitaria da cidade, mentres que acode a clases nocturnas noSaint Martin's School of Art e noWestminster Technical College. Con dezaseis anos entra naRoyal Academy of Art para estudar pintura, onde permanecería dous anos. Entre 1941 e 1946 traballou comodelineante técnico, levando a cabo a súa primeira exposición en solitario en 1950, presentando unha colección deaugafortes.

Nos anos cincuenta, a súa obra, influída porCézanne, ocubismo, ofuturismo e acronofotografía, preocúpase polo movemento ou a perspectiva.

1952 sería un ano clave na súa traxectoria artística. Ese ano empezou a impartir clases detipografía edeseño industrial na Escola Central de Arte e Deseño de Londres. Ao tempo fundou xunto aEduardo Paolozzi,Lawrence Alloway,Alison e Peter Smithson eNigel Henderson oIndependent Group noInstituto de Arte Contemporánea de Londres (ICA).

En 1956, organizouse unha exposición para a Whitechapel Art Gallery, baixo o títuloThis is Tomorrow (Isto é mañá). Hamilton organizou a contribución do Independent Group á mostra, na cal presentaría a súacolaxeJust What Is It That Makes Today's Homes So Different, So Appealing? (Pero que é o que fai aos fogares de hoxe en día tan diferentes, tan atractivos?), o cal converteríase no manifesto da arte pop británica, movemento no que interpretaría un papel esencial.

Nesta obra aparecen multitude de elementos dacultura de masas estadounidense: unha moza de revista (ver:pin-up girl ecover girl), un fisioculturista, un televisor, un logotipo deFord, unha portada dehistorieta, unha aspiradora, un cartel de cine, un retrato dun antepasado centenario e un enormeChupa Chups (chupetín ou caramelo con pau) sostido polo fisioculturista coma se fose unha raqueta de tenis, todo iso baixo o planeta Terra a modo de teito.

A súa obra nutrirase desde entón dos motivos e elementos da cultura popular e de masas.

Tamén foi o deseñador da cuberta doWhite Album (Álbum Branco) deThe Beatles, en 1968. Precisamente a pintura e os colaxes de Hamilton fixéronse famosos en practicamente en todo o mundo por ser un dos máis soados deseñadores gráficos das obras de The Beatles sendo nos '60 un dos máis coñecidos expoñentes do pop-art xunto ao estadounidenseAndy Warhol, con todo, tras ser un dos organizadores en 1967 dunha retrospectiva da obra deMarcel Duchamp naTate Gallery de Londres, o seu deseño para oWhite Album chamou a atención polo deseño, a "ilustración" que fixo da cuberta de talLP foi absolutamenteminimalista -literalmente tal álbum era "ilustrado" coa non-cor branca, era unálbum como o sinala a etimoloxía latina-, moi austera e moi seria, polo cal rompía cos típicos abigarrados e alegres deseños dopop-art sesentista, neste caso tomaba distancia de coetáneos comoPeter Blake.

En2007 a cidade deFrankfurt outorgoulle oPremio Max Beckmann. Ao ano seguinte foille concedido oPraemium Imperiale de Pintura.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Muere Richard Hamilton, padre del 'pop art'(encastelán)
  2. Frisach, Montse (19 de novembro de 2010).Presència, ed. "ArtMade in Britain" (núm. 2021). Barcelona: p. 62–64. GI-143-1965. 
  3. Livingstone, M., (1990),Pop Art: A Continuing History, New York: Harry N. Abrams, Inc.
  4. TATE (ed.)."Richard Hamilton"(eninglés). 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Richard Hamilton
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Richard_Hamilton&oldid=6719164»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp