| Nome orixinal | Ricardo Courtier Burguero |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 10 de marzo de 1865 A Coruña, España |
| Morte | 10 de decembro de 1922 Ourense, España |
| Causa da morte | bronquite |
| Actividade | |
| Ocupación | músico, compositor |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Ricardo Courtier Burguero, nado naCoruña o10 de marzo de1865 e finado enOurense o10 de decembro de1922, foi unmúsico ecompositorgalego. Nado nunha familia de músicos, é considerado o membro máis salientable da terceira xeración de músicos da saga Courtier.[1]
Logo de finalizar a súa formación instalouse naPobra de Trives, onde foi director dabanda de música. Foi precisamente nesta vilaourensá onde desenvolveu unha intensa labor fundando diversas agrupacións e compoñendo obras que serían interpretadas por estas. Posteriormente trasladouse coa súa familia á cidade de Ourense, onde residiu ata o seu falecemento, e onde foi director da Banda de Música Municipal.
A súa obra salienta pola influencia damúsica tradicional galega, con harmonías sinxelas e formas típicas damúsica popular. Ademais do seu labor como compositor, Ricardo Courtier realizou arranxos para as distintas agrupacións que liderou.
Foi fillo deJosé Courtier, afamado violinista concertino daCatedral de Santiago de Compostela e profesor na Escola de Música da capital galega. Tivo por discípulo aPablo Sarasate, cuxo pai era director da "Banda do Rexemento Aragón" de gornición en Galicia.[2][3][4] Foi continuador dunha longa saga familiar de músicos asentados en Galicia dende 1818, cando o seu bisavó, Juan Courtier, violinista do 5º rexemento de artillaría e mestre de capela das catedrais de Segovia e Sevilla, trasladouse aSantiago de Compostela para prestar servizo na catedral.[5] O seu avó, chamado igualmente Juan Courtier, músico da catedral de Santiago, creara a escola de música daReal Sociedade de Amigos do País en 1877.[1]
Inicialmente, a formación musical de Ricardo correu a cargo do seu pai.[6] A familia Courtier-Burguero trasladouse aBarcelona en 1879.[6] Nesta cidade, Ricardo Courtier entra en contacto con músicos comoIsaac Albéniz,Enrique Granados ouFelip Pedrell. Destaca a súa relación coaRenaixença e o movemento coral catalán impulsado porJosep Anselm Clavé, no que entra en contacto como pianista.[7] Os seus coros son a base dunha considerable parte do seu repertorio en músicas identitarias catalás, populares e folclóricas, que culminará en 1891 coa creación doOrfeó Catalá. Na Cidade Condal tamén entrou en contacto coas novas músicas e modas que chegaban dendeEuropa e, en especial, dendeAmérica.[8] Dende a cidade condal marcharía despois aCádiz, onde complementou a súa formación musical.[9]
Finalmente trasládase aMadrid, onde completou a súa formación musical estudandopiano, harmonía e composición naEscola Nacional de Música e Declamación.[a] Paralelamente participou en xiras comodirector de compañías dezarzuela coas que percorre boa parte deEspaña.[1][6]
En1888, Ricardo Courtier regresou a Galicia. Instalouse naPobra de Trives, onde se converteu no músico oficial da vila, e exerceu como organista de igrexa e pianista no casino.[11][6] Ao pouco de chegar á capital daTerra de Trives, en xuño de 1889, Courtier tivo unha filla extra-matrimonial, Ángeles Marina, con Filomena Santamaría Domínguez, viúva. Acabaron casando en 1889 e tiveron catro fillas máis: Rosario (1890), Matilde (1892), María de los Ángeles (1894) e Milagros (1896).[9]

Na época, Trives era punto de reunión da nobreza galega e un dos concellos máis importantes daprovincia de Ourense.[12] Segundo os irmáns Beatriz e Alberto Cancela Montes, existe referencia expresa da creación da Banda de Música de Trives desde 1889, ano no que Ricardo Courtier lle solicita por carta ao empresario coruñés Canuto Berea un catálogo para a renovación de instrumentos. Esta información contradí o sinalado porEnrique Alvarellos na súa obraBandas de música de Galicia (1986), quen afirma que a banda trivesa estaba en activo entre1890 e1898, con 16 músicos e cos instrumentos da desaparecidaBanda de Música de Manzaneda. Os irmáns Cancela Montes sosteñen que en 1890 a agrupación contaba xa con 26 músicos.
A agrupación continuou a súa actividade como mínimo ata 1905, ano no que Ricardo Courtier volveu escribir ao empresario coruñés para un novo pedido de instrumentos.[13] Ao tempo que se ocupaba da banda de música, creou oOrfeón Courtier en1893, tamén en Trives. Estaba formado por 40 voces da localidade, algunhas delas de escolares,[9] e cos apoios do marqués Nicanor Alvarado Casanova e da marquesa Jacinta Alvarado Barroeta-Almadar.
O25 de maio de1904 estreouse noTeatro Eslava deMadrid a súazarzuelaFlor de cardo, conlibreto de Antonio Suárez de Puga.[11] A zarzuela editouse naimprenta S. Velasco de Madrid ese mesmo ano.[14]
En Trives foi compositor e membro fundador do grupoOs Trintas de Trives, unha agrupación integrada porgaita,requinto,caixa ebombo. Amais de chegaren a percorrer boa parte do estado, actuaron na coroación do reiAfonso XIII en1902. Porén, Courtier non actuaba en directo e dedicábase máis ben a harmonizar os sons da agrupación, á composición e aos arranxos.[15][16][17]
En 1907 trasladouse coa familia a Ourense, xa que obtivo por oposición a dirección da banda de música da cidade.[6] Polas noites, amais, tocaba o piano en diferentes locais, como oClub Ourensán, oCafé Moderno e oCafé A Unión. Foi nomeado xefe musical doAteneo da cidade, no que asesoraba ao Orfeón Unión Ourensana,[6] que desenvolveu un intenso labor na cidade. Tamén participa como xurado en certames musicais.
En setembro de 1910, Courtier presentouse ao posto de director daBanda Municipal de Ourense. Concursaban polo posto dez mestres consolidados, entre eles, Ramón Gutiérrez Parada (ex director do Orfeón Unión Ourensá), ou Joaquín Rubianes Otero (director da Banda de Vilagarcía). Courtier gañou o posto e debutou á fronte da banda ourensá, integrada daquela por 45 músicos, o 11 de novembro de1910.[18]
Ricardo Courtier faleceu na Rúa Moratín de Ourense o 10 de decembro de 1922, aos 59 anos, debido a unha bronquite crónica. Xa viúvo, estaba ao cargo de catro das súas fillas: Matilde, Rosario, Marina e Milagros. Catro anos despois do seu pasamento recibiu unha homenaxe o día da conmemoración do seu aniversario. Nela reuníronse as tres bandas de música que daquela existían na cidade das Burgas, xunto co Orfeón Unión Orensana, para honrar o labor que realizara na cidade.[9]
| |||||
| Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa apáxina de axuda. | |||||
Ricardo Courtier é especialmente recoñecido na cidade deOurense, onde pasou os últimos anos da súa vida. Unha rúa da cidade leva o seu nome, no barrio da Cruz Alta.[19] Ademais, a asociación cultural que leva o seu nome xestionou aBanda de Música de Ourense dende principios doséculo XX ata2015.[20]
O 23 de maio de2013, a editorial ourensáOuvirmos publicou na súa colección "A Tiracolo" un disco con gravacións da Banda Batallón Mérida de Ourense. Realizadas en1929, foron as primeiras gravacións dunha banda de música en Galicia.[21] Estas gravacións incluían catro composicións de Ricardo Courtier: asmuiñeirasAngelines,Ay Rosiña…! eFlor de Cardo e opasodobre de concertoOs Noitébregos.[22]
Tamén en 2013 a editorialAlvarellos publicou o libro dos irmáns Beatriz e Alberto Cancela MontesLa saga Courtier en Galicia, que repasa a historia da familia Courtier.[23]
A obra de Courtier amosa gran versatilidade, xa que creou composicións orixinais sobre o sustento da música popular. A harmonía da súa música é, en xeral, sinxela, moi próxima á música popular. Porén, en obras comoFlor de cardo,Morriña e especialmenteHechizo amosa a súa creatividade e destreza. A súa obra manifesta os seus amplos coñecementos da música académica. Con todo, estes coexisten con elementos como as longas pedais, floreos, repeticións en eco ou melodías que tentan imitar instrumentos como agaita ou otamboril, máis característicos da música popular. Estes trazos confírenlle á súa música unha sonoridade propia característica.[7]
Escribiu obras de salón, música para piano, agrupacións reducidas e banda, mais taménvalses,pasodobres,muiñeiras ou pasarrúas. Tamén realizou arranxos de obras doutros compositores, transcricións de música popular e adaptacións de obras propias, especialmente no seu traballo coa agrupación Os Trintas de Trives.[7]

| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Courtier |