Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Revolución de Veludo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2023.)
Revolución de Veludo
 Instancia de
 Nome orixinal
Sametová revoluce
Nežná revolúciaEditar o valor en Wikidata
 Composto por
Datas e cronoloxía
 Data
1989Editar o valor en Wikidata
 Data de comezo
17 de novembro de 1989Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
29 de decembro de 1989Editar o valor en Wikidata
Características
 Causado por
Número de implicados
Feridos500Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Wikidata C:Commons

Arevolución de veludo foi o movemento pacífico polo cal o partido comunista deChecoslovaquia perdeu o monopolio do poder e volveuse á democracia.[cando?]

Historia

[editar |editar a fonte]

Os ventos aperturistas e liberadores procedentes daUnión Soviética a través da denominadaPerestroika, levada a cabo porMikhail Gorbachev, a partir de1985, concretáronse no conxunto dos seus países satélites co inicio de paulatinas reformas políticas. No caso de Checoslovaquia hai que remontarse ao ano1977, data na que un grupo de intelectuais seguindo a liña do espírito daPrimavera de Praga, publicaban un manifesto denominado "Carta 77", onde expresaban a súa disidencia co réxime establecido.

En1989, o tempo de cambios en Europa, a xente de Checoslovaquia sabía sobre a caída do imperio Soviético e as caídas dos réximes en países próximos a través da radio (Radio Free Europe). O17 de novembro enPraga a policía atacou a miles de estudantes que protestaban contra o réxime comunista. Este suceso provocou o inicio das manifestacións. Creouse oForo Cívico dirixido polo dramaturgoVáclav Havel, e dentro do Partido Comunista Checoslovaco evidéncianse loitas de poder entre sectores inmobilistas comoGustav Husak e reformistas comoLasdislav Adamec. Como consecuencia créase un clima tenso.

Tras a folga xeral do27 de novembro de1989 e a falta de apoio do aliado soviético, oPartido Comunista Checoslovaco abandona o poder. O ata entón valedor da ortodoxia comunista, Gustav Husak, dimitía o10 de decembro como Presidente da República. Os acontecementos precipitáronse e antes de finalizar o ano1989 Vaclav Havel accedeu á xefatura do Estado eAlexander Dubcek á presidencia do Parlamento. Enxuño de1990 celebráronse eleccións democráticas das que sairían vencedores o Foro Cívico e o Foro Público Contra a Violencia, variante eslovaca do primeiro.

A evolución política e as escisións posteriores destes partidos íanse plasmar durante os anos1991 e1992, así como un poderoso movemento nacionalista secesionista que se traduciría na independencia entre aRepública Checa eEslovaquia no ano1993, Vaclav Havel converteríase no primeiro presidente da República Checa eVaclav Klaus no primeiro ministro, mentres que enEslovaquia seríaVladimir Meciar o novo xefe de Estado. En2004 ambos países ingresaron de forma conxunta naUnión Europea e a Alianza do Atlántico Norte (OTAN).

Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Revolución de VeludoModificar a ligazón no Wikidata
Acontecementos principais (1945–1978)Acontecementos principais (1979–1991)Participantes directosOutras figuras importantes

Cronoloxía:

sAnos 40:

Anos 50:

Anos 60:

1970s:

Líderes políticos:

Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Revolución_de_Veludo&oldid=7109250»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp