Reuters é unhaaxencia de noticias con sede noReino Unido, coñecida por subministrar información amedios de comunicación e mercados financeiros. Está presente en máis de 201 cidades[1][2] de 94 países e achega información en máis de vinte linguas. Reuters é unha das maiores axencias de noticias do mundo.[3]
Aínda que é coñecida polo seu labor como axencia de noticias, isto só supón o 10 % dos ingresos totais do grupo. A principal actividade de Reuters consiste en proporcionar información aos mercados financeiros, como os valores dos tipos de interese e prezos de accións, ademais de ofrecer investigacións, análise e produtos de mercadeo que permiten aos axentes a compravenda dedivisas e accións por computador. Entre os seus competidores estánBloomberg L.P. eDow Jones Newswires. Desde 2008, fai parte deThomson Reuters.[4]
Paul Julius Reuter traballaba nunha editorial deBerlín e viuse involucrado na distribución de panfeltos radicais dasrevolucións de 1848. Estas publicacións chamaron moito a atención e en 1850 desenvolveu o prototipo dun servizo de novas enAquisgrán empregandopombas mensaxeiras e unha liña detelégrafo,[5] cando se deu de conta de que con esta tecnoloxía a difusión de novas era cada vez máis rápida. Nun principio a liña conectaba conBerlín, mais ao pouco tempo Reuter decatouse de que a difusión aBruxelas, un dos centros financeiros europeos no século XIX, lle proporcionaría máis beneficios.
Un ano despois, Reuter marchou aLondres onde tratou de desenvolver uncable telegráfico submarino que atravesase ocanal da Mancha e conectaseDover conCalais. Tras varios intentos fracasados, o "telégrafo submarino" comezou a funcionar a finais de 1851, e o empresario negociou coaBolsa de Londres o intercambio de información financeira do resto de Europa, algo que tamén fixo naBolsa de París. En 1865, o seu negocio pasou a ser oficialmente unhasociedade limitada so o nome de Reuter's Telegram Company.[6]
Ao longo dos anos, a compañía gañou reputación, sendo a primeira en Europa que informou doasasinato deAbraham Lincoln,[5][7] e estableceu unha rede completa de correspondentes por todo o mundo, así como un negocio de compra e venda de información. Reuters mantivo a súa condición de corporación ata 1984,[8] cando pasou a ser unhasociedade anónima que comezou a cotizar na Bolsa de Londres[7] e no índiceNasdaq dos Estados Unidos.[5] Os seus estatutos prohibían que unha persoa puidese posuír máis do 15 % das accións, para evitar que a axencia puidese sucumbir aos intereses dun único propietario.
A partir da década de 1980, a axencia medrou con moita rapidez grazas á elaboración e subministración de información empresarial e financeira, e procurou ampliar o seu campo de información a outros medios como aradio, atelevisión eInternet. En 2007,The Thomson Corporation alcanzou un acordo de unión con Reuters para formarThomson Reuters. Thomson fíxose co 53 % do capital da nova compañía, polo que a restrición do 15 % foi suprimida.[9]
Historicamente, o cuartel xeral de Reuters sitúase enLondres. Aínda que desde 1939 ata comezos do século XXI a axencia se localizaba nun edificio deseñado porSir Edwin Lutyens en Fleet Street, trasladouse en 2005 a unha instalación máis grande situada enCanary Wharf, ao leste da capital.
Schwarzlose, Richard (1 de xaneiro de 1989).Nation's Newsbrokers Volume 1: The Formative Years: From Pretelegraph to 1865. Northwestern University Press. p. 370.ISBN0-8101-0818-6.