Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Retinoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compostos retinoides de 1ª, 2ª e 3ª xeración.

Osretinoides son unha clase de compostos químicostetraterpénicos que sonvitámeros davitamina A ou están quimicamente relacionados con ela. Os retinoides úsanse en medicina como reguladores do crecemento decélulas epiteliais.

Os retinoides teñen importantes funcións en todo o corpo, incluíndo papeis na visión,[1] regulación da proliferación celular ediferenciación, crecemento do tecido óseo, función inmune e activación dexenes supresores de tumores.

Tamén se están facendo investigacións sobre a súa capacidade de tratar ocancro de pel. Actualmente, aalitretinoína (ácido 9-cis-retinoico) pode utilizarse topicamente para axudar a tratar as lesións de pel dosarcoma de Kaposi e atretinoína (ácido todo-trans- retinoico) utilízase para tratar aleucemia promielocítica aguda.

Tipos

[editar |editar a fonte]

Hai catro xeracións de retinoides:

Estrutura

[editar |editar a fonte]

A estrutura básica da molécula retinoidehidrófoba consta dun grupo terminal cíclico, unhacadea lateralpolieno e un grupo polar terminal. Osistema conxugado formado pordobres enlaces C=C alternados na cadea lateral polieno é responsable da cor dos retinoides (xeralmente amarela, laranxa ou vermella). Por tanto, moitos retinoides soncromóforos. As alternancias das cadeas laterais e grupos terminais xeran varias clases de retinoides.

Os retinoides de primeira e segunda xeración poden unirse a variosreceptores retinoides debido á flexibilidade que lle dá a alternancia de enlaces simples e dobres.

Os retinoides de terceira xeración son menos flexibles que os de primeira e segunda e, por tanto, interaccionan con poucos receptores retinoides.

O retinoide de cuarta xeración Trifarotene, únese selectivamente ao receptor de RAR-y. Foi aprobado o seu uso en EUA en 2019.[2]

Absorción

[editar |editar a fonte]

A fonte principal de retinoides na dieta sonpigmentos vexetais comocarotenos e retinil ésteres derivados de fontes animais. Os retinil ésteres sonhidrolizados nolume intestinal para renderretinol libre e o correspondenteácido graxo (é dicir,palmitato ouestearato). Despois da hidrólise, o retinol é captado polosenterocitos. A hidrólise de retinil ésteres require a presenza desales biliares que serven para solubilizar os retinil ésteres enmicelas mesturadas e para activar osencimas hidrolizantes[3]

Varios encimas que están presentes no lume intestinal poden estar implicados na hidrólise dos retinil ésteres dietarios. Acolesterol esterase secrétase no lume intestinal desde opáncreas e demostrouse in vitro que presenta actividade de retinil éster hidrolase. Ademais, unha retinil éster hidrolase que é intrínseca á membrana do bordo en cepillo dointestino delgado foi caracterizada na rata e nos humanos. Os diferentes encimas hidrolizantes son activados por diferentes tipos de sales biliares e teñen distintas especificidades de substrato. Por exemplo, mentres que aesterase pancreática é selectiva para os retinil ésteres de cadea curta, os encimas da membrana do bordo en cepillo hidrolizan preferencialmente retinil ésteres que conteñenácidos graxos de cadea longa como o palmitato ou o estearato. O retinol entra nas células absorbedoras do intestino delgado, preferentemente en forma de todo-trans-retinol.

Usos

[editar |editar a fonte]

Condicións cutáneas comúns tratadas con retinoides son oacne e apsoríase.[4] Os retinoides utilízanse no tratamento de moitas doenzas e son efectivas no tratamento de varias condicións dermatolóxicas como trastornos inflamatorios dapel,[5][6]cancro de pel, como o bexaroteno para as micoses fungoides,[7] trastornos polo incremento do reemprazo celular (por exemplo na apsoríase),[8]fotoenvellecemento,[9][10] e enrugas da pel.[11]

Aisotretinoína foi orixinalmente un tratamento dequimioterapia para certos cancros, como aleucemia.[12]

Toxicidade

[editar |editar a fonte]

Os efectos tóxicos ocorren cunha inxesta alta prolongada. A toxicidade específica está relacionada co tempo de exposición e a concentración da exposición. Un signo médico de envelenamento crónico é a presenza de inchamentos brandos dolorosos nosósos longos. Poden darseanorexia, lesións da pel,perda de cabelo,hepatoesplenomegalia,papiloedema,hemorraxia, malestar xeral,pseudotumor cerebral e morte.[13]

A sobredose crónica tamén causa un incremento da labilidade de membranas biolóxicas e despréndese a capa eterna da pel.[14]

Investigacións recentes suxeriron un papel para os retinoides en efectos cutáneos adversos dunha variedade de fármacos, como ofármaco antimaláricoproguanil. Propúxose que os fármacos como o proguanil actúan distorsionando ahomeostase retinoide.[15]

Os sistemas retinoides (isotretinoína, etretinato) están contraindicados durante oembarazo, xa que poden causar defectos nosistema nervioso central, cranio-faciais e cardiovasculares entre outros.[16]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Kiser, Philip D.; Golczak, Marcin; Palczewski, Krzysztof (11 de xullo de 2013)."Chemistry of the Retinoid (Visual) Cycle".Chemical Reviews114 (1): 194–232.PMC 3858459.PMID 23905688.doi:10.1021/cr400107q. open access
  2. "Drug Approval Package: Aklief".US Food and Drug Administration. October 21, 2019. Arquivado dendeo orixinal o 19 de novembro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  3. Noy, N. (2006) "Vitamin A", "Biochemical, Physiological, & Molecular Aspects of Human Nutrition", M. H. Stipanuk 2ª Ed.
  4. "National Psoriasis Foundation".psoriasis.org. Arquivado dendeo orixinal o 13 de xuño de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  5. Callender VD, Baldwin H, Cook-Bolden FE, Alexis AF, Stein Gold L, Guenin E. Effects of Topical Retinoids on Acne and Post-inflammatory Hyperpigmentation in Patients with Skin of Color: A Clinical Review and Implications for Practice. Am J Clin Dermatol. 2022 Jan;23(1):69-81. doi: 10.1007/s40257-021-00643-2. Epub 2021 Nov 9. PMID: 34751927 ; PMCID: PMC8776661.
  6. Orfanos, C. E., Zouboulis, C. C., Almond-Roesler, B., & Geilen, C. C. (1997). Current use and future potential role of retinoids in dermatology. Drugs, 53(3), 358–388.https://doi.org/10.2165/00003495-199753030-00003
  7. Sokołowska-Wojdyło M, Lugowska-Umer H, Maciejewska-Radomska A. Oral retinoids and rexinoids in cutaneous T-cell lymphomas. Postepy Dermatol Alergol. 2013 febreiro;30(1):19-29. doi: 10.5114/pdia.2013.33375. Epub 20 febreiro 2013. PMID: 24278042 ; PMCID: PMC3834697.
  8. "Psoriasis - Diagnosis and treatment - Mayo Clinic".www.mayoclinic.org. Arquivado dendeo orixinal o 7 de maio de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  9. Stefanaki C, Stratigos A, Katsambas A (June 2005). "Topical retinoids in the treatment of photoaging".J Cosmet Dermatol4 (2): 130–4.PMID 17166212.doi:10.1111/j.1473-2165.2005.40215.x. 
  10. Mukherjee S, Date A, Patravale V, Korting HC, Roeder A, Weindl G (2006)."Retinoids in the treatment of skin aging: an overview of clinical efficacy and safety.".Clinical Interventions in Aging1 (4): 327–48.PMC 2699641.PMID 18046911.doi:10.2147/ciia.2006.1.4.327. 
  11. Kafi R, Kwak HS, Schumacher WE, Cho S, Hanft VN, Hamilton TA, et al. (maio de 2007). "Improvement of naturally aged skin with vitamin A (retinol)".Arch Dermatol143 (5): 606–12.PMID 17515510.doi:10.1001/archderm.143.5.606. 
  12. Alkhaldy HY, Assiri AM, Fatima S, Owaidah T. Isotretinoin is active in the initial management of acute pro-myelocytic leukemia. Leuk Res Rep. 2020 Aug 7;14:100220. doi: 10.1016/j.lrr.2020.100220. PMID: 32817817 ; PMCID: PMC7426566.
  13. Standard of CareRetinoids
  14. "Topical retinoids - DermNet New Zealand".dermnetnz.org. Arquivado dendeo orixinal o 29 de xullo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  15. Helsby, N. A., Ward, S. A., Parslew, R. A., Friedmann, P. S., & Rhodes, L. E. (1998). Hepatic cytochrome P450 CYP2C activity in psoriasis: studies using proguanil as a probe compound. Acta dermato-venereologica, 78(2), 81–83.https://doi.org/10.1080/000155598433359
  16. Choi JS, Koren G, Nulman I. Pregnancy and isotretinoin therapy. CMAJ. 19 de marzo de 2013;185(5):411-3. doi: 10.1503/cmaj.120729. Epub 7 de xaneiro de 2013. PMID: 23296582; PMCID: PMC3602257.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Retinoide&oldid=6449173»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp