Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Resident Evil 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Resident Evil 4
 Instancia de
Obras e produtos
 Edicións
 Sistema operativo
 Franquía de medios
 Modo de xogo
 Ambientado en
 Universo ficticio
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Tradutor/a
Organizacións
 Editorial
Datas
 Data de publicación
11 de xaneiro de 2005(GameCube)(América do Norte)
25 de outubro de 2005(PlayStation 2)
28 de febreiro de 2014Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
Identificadores
Freebase/m/04rvm4Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt0397042Youtube: UCM8TAMpe51T6d9tcJNJjJGgEditar o valor en Wikidata
Wikidata

Resident Evil 4 é un videoxogo pertencente á serieResident Evil, que foi lanzado paraPlayStation 2,NintendoGame Cube,NintendoWii e PC. Trátase dun "survival horror", semellante aos xogos precedentes desta serie. Non obstante, producíronse cambios severos respecto a entregas anteriores, tanto a nivel técnico, de ambientación, de xogabilidade e argumento. Presenta menos lazos coas historias anteriores e opta por un cambio na mecánica de xogo. Suprímense os anteriores zombis infectados polo virus T e xorde unha nova ameaza, as denominadas "Pragas". As "Pragas" son unha serie de parasitos que infectan ao individuo estendéndose a través do Sistema Nervioso e tomando control do organismo. Existen diversos tipos de parasitos cuxos efectos varían dependendo do suxeito e cepa da "Praga".

Argumento

[editar |editar a fonte]

Anos despois do incidente que asolou Raccoon City (Resident Evil 2 e3), Leon S Kennedy comeza a traballar de escolta do presidente dosEstados Unidos. A filla do presidente é secuestrada e Leon é enviado a unha localidadeespañola a investigar e rescatar á moza, chamada Ashley. Leon atópaa nesa localidade e rescátaa das mans dunhaseita que pretendía chantaxear ao presidente e espallar un parasito por todo o mundo.

Diferenzas coas entregas anteriores

[editar |editar a fonte]

En primeiro lugar, existen diferenzas notables a nivel técnico, cun motor gráfico máis avanzado. A cámara cambia de posición e deixa de ser fixa. Agora colócase no ombreiro do protagonista permitindo apuntar de xeito máis preciso. O eixo argumental anterior é parcialmente abandonado, deixando de lado á corporación Umbrella e incorporando novos inimigos e novas ameazas.

Diferenzas entre versións

[editar |editar a fonte]

A versión orixinal do xogo foi lanzada en Europa en marzo do ano 2005 paraGame Cube en dous discos. A finais do 2005 púxose á venda unha versión paraPlayStation 2, cun apartado técnico de menor calidade e novos extras (novas misións etc). En marzo do 2007, Ubisoft lanzou unha versión para PC, que a xuízo da prensa especializada era inferior ás versións de videoconsolas. O mesmo ano 2007, Capcom produciu unha versión paraWii, denominada Resident Evil 4: Wii Edition, cun mellor apartado técnico cas outras versións e todos os extras, ademais da posibilidade de xogar co control propio de Wii. No ano 2009 unha versión foi lanzada para o Iphone e Ipod, adaptado ás menores capacidades técnicas destes dous aparellos.

En 2011,Capcom relanzou Resident Evil 4, en formato de alta definición e incluíndo trofeos e logros nas plataformas dixitaisPlaystation Network eXbox Live.

Crítica

[editar |editar a fonte]

En xeral, foi moi boa, acadando enMetacritic un 96 na versión de Game Cube[1], un 96 tamén, na versión de PlayStation 2[2], un 76 na versión de PC[3] e un 91 na versión de Wii[4]

Vendas

[editar |editar a fonte]

As vendas foron as seguintes segundo VGChartz:

  • Game Cube: 1,69 millóns[5]
  • PlayStation 2: 2,99 millóns[6]
  • Wii: 1,61 millóns[7]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 19 de marzo de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=1884&region=All
  6. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4162&region=All
  7. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6163&region=All
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Resident_Evil_4&oldid=7041152»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp