República de Cracovia, tamén coñecida comoCidade Libre de Cracovia,[1] foi un Estado creado noCongreso de Viena, garantido polos tres países veciños,Rusia,Prusia eAustria, que existiu entre1815 e1846.
Foi un remanente doGran Ducado de Varsovia, que foirepartido entre os tres Estados anteriormente citados en1815. E tamén foi un centro de axitación a favor dunhaPolonia independente. En1846, a raíz da fracasada sublevación contra os austríacos, foi anexionada poloImperio austríaco.[2]
Finalmente, Toruń quedou en mans dePrusia, mentres queCracovia e os seus arredores instauráronse nun país "libre, independente e estritamente neutral" baixo a protección doImperio ruso, oReino de Prusia e oImperio austríaco, dotado dunha certa autonomía de acordo cunhaconstitución, que foi redactada polo duqueAdam Jerzy Czartoryski e garantida polos Estados asinantes do acordo, e que foi reformada en1818.[3]
O novo Estado non tiña, porén, autoridade para ditar a súa propia política internacional, de modo que os seus intereses quedaron representados polos tres poderes garantes.
Deste xeito, ditos Estados aseguraban a situación perdurábel da Cidade Libre e a ausencia de tropas no seu territorio.
En contrapartida,Cracovia acubillaría a espías e desertores que fuxiran ao seu territorio.
A constitución outorgada en1815 poloCongreso de Viena foi reformada en1818. Unha "Comisión de Organización", formada por senadores da Cidade Libre, ocupouse de redactar a novaconstitución e organizar a administración daCidade-Estado. En particular, nomeouse unha "Comisión Campesiña" con vistas a regular o status legal destes.
Esta constitución amosaba unha certa orixinalidade, dentro das normas doAntigo Réxime dos seus Estados veciños, como a abolición daservidume, a liberdade de palabra e de reunión, a prohibición por parte das autoridades de confiscar bens e a prohibición dos arrestos arbitrarios. Garantía a igualdade de todos ante a lei e a inviolabilidade da propiedade privada, e o predominio da lingua polaca. A relixión do Estado era o catolicismo, pero os demais cristiáns tiñan tamén asegurados todos os dereitos civís, e os crentes doutras relixións, a tolerancia e a protección da lei.
O poder lexislativo exercíase por unha Asemblea de representantes da cidade, das vilas, da Universidade, da Igrexa católica e da Xustiza. O poder executivo radicaba nun Senado de trece membros: o presidente e oito senadores escollidos pola Asemblea de representantes, dous senadores nomeados pola Igrexa e outros dous senadores designados pola Universidade.
As leis inspirábanse noCódigo napoleónico, que estaba en vigor no Gran Ducado de Varsovia desde1808. A lingua oficial era opolaco. A Cidade Libre podía comerciar sen taxasaduaneiras con Rusia, Prusia e Austria. A Universidade Iguelónica de Cracovia podía admitir estudantes dos territorios polacos baixo do dominio das tres potencias veciñas.
A Asemblea tiña competencias lexislativas e de control. Reuníase unha vez ao ano para aprobar os orzamentos, controlar o traballo dos funcionarios estatais e para elixir senadores e outros cargos. Porén, a constitución subordinaba a súa iniciativa á aprobación do Senado, que tiña o dereito, durante o ano seguinte, de suspender a realización das decisións da Asemblea no caso de que esta non obtivese a aprobación de, polo menos, 7/8 dos votos.
O sufraxio activo na República estaba nas mans de profesores da universidade, mestres, artistas, clero secular, directores de fábricas e talleres, comerciantes máis importantes, propietarios de pousadas e de casas que pagasen polo menos 50 zlotys de impostos de propiedade.
Aos candidatos á Asemblea de representantes e ao Senado se lles exixía ter completado estudos nunha universidade polaca. Estaban exentos desta regra os antigos funcionarios do Gran Ducado de Varsovia e os membros nomeados polos países garantes.
Durante ainsurrección de 1830-1831 contra os rusos,[4] Cracovia serve como base aos patriotas do reino de Polonia, que así poden recibir armas. Tras o fracaso desta insurrección, a Cidade Libre perde rapidamente a súa autonomía, cada vez con máis restricións á súa constitución. Desde1836 a1841, Cracovia foi ocupada polo exército austríaco.
En1846 a Cidade sublévase contra os ocupantes austríacos,[5][6] pero a insurrección foi rapidamente reprimida e Austria anexionou o territorio de Cracovia o6 de novembro de1846.[7]
No seu territorio encontrábanse, ademais deCracovia, 224 vilas, das cales en torno ao 60 % estaban en mans privadas, e tres cidades privadas,Chrzanów,Trzebinia eNowa Góra.
En1815 contaba con 95.000 habitantes, e en torno a1843, 146.000, dos cales máis ou menos o 85 % erancatólicos e o resto, na súa maioría,xudeus (14 %).
A familia máis poderosa da República de Cracovia eran osPotocki de Krzeszowice, propietarios de 11 vilas. Porén, a maioría dos membros desta poderosa familia vivían en Cracovia para levar aos nenos á escola e participar activamente na vida política daCidade-estado.
↑O seu nome oficial era Cidade libre, independente e estritamente neutral de Cracovia e o seu territorio (en polaco:Wolne, Niepodległe i Ściśle Neutralne Miasto Kraków z Okręgiem).
↑Prince, Nancy (2011). Universitat de València, ed.Vida y viajes de la señora Nancy Prince. Trducido del original por Sergio Saiz Marín con la contribución de Carme Manuel Cuenca. p. 105.ISBN8437084695.
Degan, Vladimir Đuro (1997):Developments in International Law Series. Volume 27. Martinus Nijhoff Publishers.ISBN 978-90-411-0421-2.378
Feuchtwanger, E. J. (1970):Prussia: Myth and Reality. Chicago: Henry Regnery CompanyISBN 0-85496-108-9.
Hertslet, Edward (1875):The map of Europe by treaty; showing the various political and territorial changes which have taken place since the general peace of 1814. Londres: Butterworths.127