Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

República Socialista de Montenegro

Coord.:42°47′N19°28′L / 42.78,19.47
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Montenegro.
Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista de Montenegro
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°47′N19°28′L / 42.78,19.47
Estado históricoRepública Federal Socialista de IugoslaviaEditar o valor en Wikidata
CapitalPodgoricaEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.150.356Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua serbocroataEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1945Editar o valor en Wikidata
Disolución1992Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepublica MuntenegruEditar o valor en Wikidata

ARepública Socialista de Montenegro (enserbio cirílicoСоцијалистичка република Црна Гора, enserbio latinoSocijalistička republika Crna Gora) foi a denominación oficial deMontenegro entre1963 e1990 cando pertencía áRepública Federal Socialista de Iugoslavia (1946 e 1963).

En 1963 a Iugoslavia deTito convértese, debido a unha nova Constitución, na República Federal Socialista de Iugoslavia (RFSI), na que unha das súasunidades federais ou Repúblicas federadas, a máis pequena e menos poboada, foi a República Socialista de Montenegro, coa mesma extensión xeográfica que a que formaba na anteriorRepública Federal Popular de Iugoslavia (onde se denominabaRepública Popular de Macedonia).

Á parte da nova constiución, que daba maior autonomía ás repúblicas federadas (recoñecendo, entre outras cousas, a súa independencia, se a solicitaban), foi unha modificación da denominación da súa capital, que pasou a serTitogrado (Titograd) no canto dePodgorica.

Evolución da federación iugoslava

[editar |editar a fonte]

O7 de abril de1963Iugoslavia adoptou unha nova Constitución, que fortalece a descentralización do país mediante a formación daCámara das Nacionalidades, Asemblea Federal que representa ás seis repúblicas e ás dúas provincias autónomas. Catro cámaras especializadas (Organización política, Asuntos económicos, Seguridade social e saúde pública e Educación e asuntos culturais) fanse cargo dos asuntos de interior. Finalmente, excepto Tito, os líderes están suxeitos ao principio de rotación, que non poden exercer máis de dous mandatos consecutivos. A descentralización foi gradualmente debilitando a autoridade central.

Protestas e novas reformas

[editar |editar a fonte]

En1966, un conflito político estala no seo do partido comunista entre os partidarios dunha maior descentralización e a facción do vicepresidenteAleksandar Ranković, representante da ala comunista conservadora. Osliberais descentralizadores, conducidos porEdvard Kardelj,Vladimir Bakarićet ePetar Stambolić, obteñen finalmente o apoio de Tito, que aparta a Ranković das súas funcións.

En1968 en Iugoslavia prodúcense, especialmente enBelgrado, protestas de estudantes contra os efectos negativoss das reformas económicass. Tito parece aopiar aos estudantes nun discurso televisado, antes de sancionar aos contestatarios, que son excluídos do partido.

En1971 dirixentes daLiga dos comunistas de Croacia alíanse cos naconalistas para ñevar unha campaña de reivindicacións, coñecida como aPrimavera croata, para conseguir unha maior autonomía para Croacia. Despois de arrestar a gran número de activistas croatas, o goberno decide acceder a parte das súas demandas acentuando as reformas descentralizadoras.

En1974 unha nova emenda da Constitución dá a Tito o título de presidente vitalicio; a reforma constitucional prosegue a descentralización separando de Serbia as rexións autónomas deKosovo eVoivodina, que adquiren unha representación nacional e federal. O executivo oriéntase cara a un funcionamento colexiado.[1] As repúblicas obteñen especialmente o dereito de secesión (independencia). Tito, xa octoxenario, segue a ser, pola súa autoridade persoal, o garante da unidade política do país.

En1979 a economía iugoslava empeora significativamente: o país, que previamente experimentara unha taxa de crecemento anual do 6 %, tanto ou máis do queEspaña,Portugal eGrecia, veser afectado polas consecuencias da segunda crise do petróleo. A curva de crecemento cae e o peso da débeda externa chega a ser abafador. O nivel de vida deteriórase considerablemente.[2]

Ende xaneiro de1980 , Tito, de 87 anos e gravemente enfermo, é hospitalizado. Morre o4 de maio de1980 despois dunha longa agonía. Despois da súa morte, o posto de Xefe do Estado estabécese, de acordo coa Constiutución, de forma rotatoria, anualmente, entre os presidentes de cada república, que asumnen o cargo dePresidente da Presidencia da República.

Disolución de Iugoslavia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Guerras iugoslavas.

As tensións entre as diferentes nacionalidades crecen. En1981 graves disturbios estalan en Kosovo, onde osalbaneses reclaman para a súa provincia un estatuto de República,[3] o que significa o inicio dos conflitos que acaban na disolución do estado iugoslavo.

En1991, coa caída do comunismo, o termosocialista foi removido do nome do estado, que quedou comoRepública de Montenegro, acción que foi ratificada en eleccións en1992. Este nome é hoxe o oficial de Montenegtro.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Repartición da poboación por nacionalidades

[editar |editar a fonte]

Referendum de 1971

Repartición da poboación por nacionalidadesNúmero%
Montenegrinos355.63267,15
Musulmáns70.23613,26
Serbios39.5127,46
Albaneses35.6716,74
Iugoslavos10.9432,07
Croatas9.1921,74
Outras/Nacionalidade descoñecida00
Total529.60498,42

Referendum de 1981

Repartición da poboación por nacionalidadesNúmero%
Montenegrinos400.48865,54
Musulmáns78.08013,36
Albaneses37.7356,46
Iugoslavos31.2435,35
Serbios19.4073,32
Croatas6.9041,81
Romanís1.4710,25
Macedonios8750,15
Eslovenos5640,1
Húngaros2380,04
Alemáns1070,02
Rusos960,02
Italianos450,01
Outros/Nacionalidade descoñecida7.0571,21
Total584.31097,64

Referendum de 1991

Repartición da poboación por nacionalidadesNúmero%
Montenegrinos380.46761,86
Musulmáns89.61414,57
Serbios57.4539,34
Albaneses40.4156,57
Iugoslavos26.1594,25
Croatas6.2441,02
Romanís3.2820,53
Macedonios1.0720,17
Eslovenos3690,06
Húngaros2050,03
Alemáns1240,02
Rusos1180,02
Italianos580,01
Outros/Nacionalidade descoñecida9.4551,53
Total615.03599,98

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Michel Mourre (2004): artigo "Yougoslavie" enDictionnaire d'histoire universelle. Bordas.
  2. Paul Garde (2000):Vie e morte de la Yougoslavie. Fayard, páxs. 107-108.
  3. Cronoloxía de Iugoslavia(enfrancés) Consultada o 22/1/2012.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=República_Socialista_de_Montenegro&oldid=6586319»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp