Situada no norte deItalia, con capital enMilán, comprendía un territorio duns 40.000 km² atravesados polorío Po. Dispoñía dunexército integrado portropas francesas e autóctonas.
O seu estado antecesor, oDucado de Milán (o Milanesado, na bibliografía española), historicamente reclamado porFrancia, despois da morte deCarlos II pasou aFilipe de Anjou, ao que se opuxo o ArquiduqueCarlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.
Esta república, coa capital enMilán, seguía o modelo francés dunDirectorio de cinco membros asistido dun Gran Consello. De feito, era unha emulación pura e simple da organización republicana deNapoleón Bonaparte. Un tratado asinado o21 de febreiro de1798 impuxo á república o mantemento dun exército francés de 25.000 homes, dun exército nacional de 22.000 homes e o pagamento de 18 millóns.[Cómpre referencia]
As relacións coaConfederación dos XIII cantóns suízos foron difíciles debido ás pretensións hexemónicas da República Cisalpina, que pretendía reunir nun só Estado as persoas que tiñan a mesma cultura e a mesma lingua. O obxectivo era, pois, anexionar os territorios suízos do sur dosAlpes. Iso conduciu á ocupación deCampione d'Italia e á anexión daValtelina. Un golpe de man para intentar anexionarLugano intentouse en1797, pero coa creación daRepública Helvética as pretensións reducíronse a algunhas tentativas de ocupación do distrito deMendrisio.
O verdadeiro obxectivo de Melzi era liberarse da presenza napoleónica, obter a plena independencia e unir aPenínsula Itálica nun Estado único. O goberno de Melzi propoñíase crear unha administración moderna e un exército nacional; para iso introduciu o servizo militar obrigatorio, medida que foi moi mal recibida pola poboación.
Melzi d'Eril estaba rodeado de homes capaces e leais, como Ferdinando Marescalchi, Giuseppe Prina e Alessandro Trivulzi, pero tivo que enfrontarse aos ataques deJoachim Murat, que comandaba o exército francés en Italia e que fixo todo o posíbel para desacreditalo ante o seu cuñadoNapoleón.
Porén, o primeiro cónsul francés decide o contrario e decreta a anexión aFrancia do Piemonte (11 de setembro de1802) e de Parma (9 de outubro) e, despois, tamén doLacio, aUmbría e a costa doTirreno.[2]
O reino subsiste até a revolta da fin de abril de1814, e o vicerrei Eugène de Beauharnais renuncia entón a suceder a unha coroa da que Napoleón abdica algunhas semanas máis tarde.[3]
En abril de1815, o rei deNápoles,Joachim Murat, á cabeza dun exército para tratar de liberar Italia, reocupar as partes meridionais e centrais do antigo reino de Italia e restablecer as antigas administracións departamentais. Pero ao mes seguinte, despois da derrota dos seus exércitos nabatalla de Tolentino (2 e3 de maio de 1815), Murat vese obrigado a abandonar o seu reino, o25 de maio, para volver a Francia.[4]
O territorio foi dividido en departamentos, nos que eran elixidos os xuíces de paz e os maxistrados. Os electores, un habitante por cada 200, elixían dous consellos: o dos Anciáns ou Séniores (Seniori) e o dos Xuniores (Giuniori).
O primeiro estaba composto por de 40 a 60 membros e tiña por función a aprobación das leis e de promover as eventuais variacións da carta constitucional; o segundo estaba formado por de 50 a 120 membros e a súa funcción era a de propoñer as leis. Os actos comúns que realizaban ambos os consellos eran a aprobación dos tratados, a elección do Directorio e o establecemento dos impostos.
O Directorio estaba formado por cinco ministros e representaba opoder executivo. A autoridade suprema residía, porén, no comandante das tropas francesas naLombardía.
A República Cisalpina estivo durante moitos anos baixo o dominio daCasa de Austria
A República Francesa sucédena por dereito de conquista. Agora renuncia a este dereito, e a República Cisalpina é libre e independente. Recoñecida por Francia e polo seu emperador, será pronto igualmente recoñecida polo resto de Europa. O Directorio executivo da República francesa, non contento con que se empregue a súa influencia, e as vitorias dos exércitos republicanos, para garantir a existencia política da República Cisalpina, estende a súa atención aínda máis; e convencida de que, se a liberdade é a primeira das bendicións, a revolución que se espera é o maior dos males, que deu á xente da Cisalpina a súa Constitución peculiar, resultante da sabedoría da nación máis iluminada. Dun réxime militar, as persoas da Cisalpina pasan a un constitucional. Para que esta transición non experimente ningún perigo, nin estea exposta á anarquía, o Directorio executivo aínda que adecuado para designar, polo momento, aos membros do goberno e do corpo lexislativo, a xente debe, despois dun lapso dun ano, poder elixir os postos vacantes, de conformidade coa Constitution. Durante un gran número de anos non existía ningunha república en Italia. Foi extinguido o lume sagrado da liberdade, e a mellor parte de Europa estaba baixo o xugo de estranxeiros. Corresponde á República Cisalpina mostrar ao mundo pola súa sabedoría, a súa enerxía e a boa organización dos seus exércitos, que a Italia moderna non dexenerou e é aínda digna da liberdade. Asinado: Buonaparte.
— Proclamación do xeneral Buonaparte (que máis tarde se converteu no preámbulo da Constitución da República Cisalpina), Montebello, 11Mesidor, ano V (29 de xuño de 1797).[5]
A primeira Constitución da república non tivo unha longa vida. O 14 deFrutidor do ano VI (31 de agosto de 1798), o embaixador francés Claude Joseph Trouvé (que só tiña trinta anos) destituíu o Directorio e ao día seguinte promulgou unha nova Constitución cunpoder executivo máis forte. Os departamentos numeráronse outra vez (agora eran 11), cubrindo grandes zonas xeográficas: Olona (Milán), Alto Po (Cremona), Serio (Bérgamo), Adda e Oglio (Morbegno), Mella (Brescia), Mincio (Mantua), Panaro (Módena), Crostolo (Reggio), Reno (Boloña), Basso Po (Ferrara) e Rubicone (Forlì).
Os membros dos directorios locais foron reducidos a tres, e os concellos dos municipios de entre 3.000 e 10.000 habitantes foron disolvidos. Trouvé designou o novo Directorio, que tiña máis poderes, e un novo Parlamento composto por dous consellos:Anziani ("anciáns" ouSeniires) e Giuniori ("mozos" ouXuniores). O primeiro estaba composto por 40 membros elixidos xunto coa directiva anterior. O segundo tiña 80 membros.
Un novo golpe de estado, intentado polo xeneral francésGuillaume Marie-Anne Brune en outono, foi rexeitado polo Directorio francés o 17 deFrimario (7 de decembro).
Formalmente a República Cisalpina era un Estado independente aliado deFrancia, pero o tratado de alianza entre ambos os estados sancionaba de feito a dependencia da nova república da francesa.
Os termos do tratado son favorábeis para Francia, que mantiña o control da policía e dispoñía dunha gornición militar de 25.000 homes cuxa carga financeira era asumida pola República Cisalpina, a cal debería ademais formar, equipar e manter a súa propia forza armada de 33.000 homes que participaba nas campañas napoleónicas.
O4 de marzo de1798, o Directorio cisalpino presentou o tratado ante o Consello dosXuniors para a súa ratificación. O Consello, que estaba claramente en contra do tratado, pospón a votación durante varios días pero, debido ás ameazas do xeneralLouis-Alexandre Berthier, aproba o tratado. A reacción do Consello de Anciáns é moi diferente que, expresando a súa profunda gratitude a Francia, rexeitou o tratado, considerando que o novo estado non era capaz de asumir os onerosos gastos impostos. Esta posición desencadea a ira do exército francés doDirectorio parisiense: osSeniores son acusados de ter discursos sediciosos e o xeneral Berthier ameaza con impoñer un goberno militar. O xeneral Berthier foi substituído porGuillaume Marie-Anne Brune que, apenas chegou, destituíu variosXuniores eSeniores e así obtén a aprobación do Tratado. O8 de xuño de1798, o tratado foi ratificado.
O Estado dividíase en 20 departamentos, estendíase en1797 por unha superficie de 42.500 km² e contaba cunha poboación de 3.240.000 habitantes. A capital eraMilán, que era o centro máis importante e o máis poboado (ao redor de 124.000 habitantes en1765). O país era economicamente próspero a pesar dos espolios dos ocupantes durante os séculos anteriores; a súaeconomía baseábase nunhaagriculturacerealista, cunha forte presenza desericicultura e dezootecnia. A actividade artesanal tradicional era sólida e o desenvolvemeto da industria daseda, florecente.
A República Cisalpina herdou as cores das Repúblicas Cispadana e Transpadana, que son as mesmas que as da bandeira da actualRepública Italiana, nacida na onda das ideasxacobinas enapoleónicas que viñan deFrancia.
A bandeira da República Cisalpina foi modificada durante a República Italiana de1802-1805, porque recordabademasiado a bandeira francesa e parecíademasiado revolucionaria.
As bandeiras de todos estes estados consérvanse no Museo del Tricolore[6] deReggio Emilia.
Louis Bergeon, François Furet e Reinhart Koselleck (1976):Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España.ISBN 978-84-323-0219-0
T .C. W. Blanning (1996):The French Revolutionary Wars, 1787-1801. Hodder Education Publishers;ISBN 0-340-64533-4.