Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

República Checa

Coord.:50°N15°L / 50,15
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Checa.
Modelo:Xeografía políticaRepública Checa
Česko (cs)Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoKde domov můj? (1 de xaneiro de 1993)Editar o valor en Wikidata

Lema«Truth prevails(en)Traducir»Editar o valor en Wikidata
Epónimopobo checoEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 50°N15°L / 50,15
CapitalPragaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.909.500(2025)Editar o valor en Wikidata (138,33hab./km²)
Lingua oficiallingua checaEditar o valor en Wikidata
Relixiónsen valorEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie78.866 km²Editar o valor en Wikidata
Auga2 %Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Morava,Thaya(en)Traducir,Olza(en)Traducir,Río Oder,Rio Opava(pt)Traducir,Jizera(en)Traducir eRío MoldavaEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoSněžka (1.603 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Elba (115 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1993Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• Presidente da República ChecaEditar o valor en WikidataPetr Pavel(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of the Czech Republic(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro da República ChecaEditar o valor en WikidataPetr Fiala(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Chéquia(pt)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of the Czech Republic(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal250.681.000.000 $ (2019)Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita31.707 $ (2024)Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa checaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.czEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+420Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,150(en)Traducir,155(en)Traducir,158(en)Traducir e156Editar o valor en Wikidata
Código de paísCZEditar o valor en Wikidata
Código NUTSCZEditar o valor en Wikidata

Sitio webczechia.euEditar o valor en Wikidata
BNE: XX453741

ARepública Checa[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10] (encheco:Česká republika), tamén coñecida comoChequia[8][9][10] (encheco:Česko) é un país docentro de Europa, limitado ao norte porPolonia, ao leste porEslovaquia, ao sur porAustria e ao noroeste porAlemaña. Xunto conPolonia,Eslovaquia eHungría, integra oGrupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas deBohemia,Moravia eSilesia.Bohemia ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unhacunca regada polosríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava).Moravia, na parte oriental, está regada polorío Morava.Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.

O Estado Checo, ou as terras daCoroa de Bohemia, como era coñecido até1918, formouse no final doséculo IX. Despois daBatalla de Mohács en1526, o Reino de Bohemia foi integrado namonarquía dos Habsburgo xunto conAustria eHungría. A república independente deChecoslovaquia formouse en1918, tralo colapso doImperio Austrohúngaro ao remate daPrimeira guerra mundial. OPacto de Múnic (asinado polaAlemaña nazi,Francia,Reino Unido eItalia) estabeleceu unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña. En agradecemento pola liberación da maior parte da República poloExército Vermello, oPartido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de1946.

Dous anos despois, en1948, Checoslovaquia converteuse nunhaditadura por mor dungolpe de estado. En1968 a crecente insatisfacción culminou nunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos coñecidos como aPrimavera de Praga de1968 terminaron coa invasión por parte dos exércitos dos países doPacto de Varsovia (coa excepción deRomanía). As tropas permaneceron no país até aRevolución de Veludo de1989, cando caeu o réxime. O1 de xaneiro de1993 Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa eEslovaquia. O1 de maio de2004, Chequia ingresou naUnión Europea.

Hoxe a República Checa é unhademocraciaparlamentaria pluripartidista. O presidenteVáclav Klaus é o actualxefe de Estado, mentres quePetr Nečas é oPrimeiro Ministro eXefe de Goberno. OParlamento ten dúas cámaras: aCámara de Deputados e oSenado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seuProduto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recentecrise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antigaCOMECON en acadar o status depaís desenvolvido segundo oBanco Mundial. O seuIDH en2010 defíneo como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A actual República Checa chámase en checoČeská republika, denominación que deriva do nome da maior rexión do país,Čechy (Bohemia) ou do etnónimochecos, nome dunha dastriboseslavas que habitaron o actual territorio do país despois da época das migracións e que dominou a zona cara ao530. A orixe do nome da tribo é descoñecido. De acordo cunha lenda, o nome vén do líderPraotec Čech ("pai Checo").

Componse de tres territorios históricos:Bohemia (encheco:Čechy) ao oeste,Moravia (Morava) ao sueste e aSilesia Checa (Slezsko), a parte máis pequena daSilesia histórica, a maioría da cal se atopa hoxe dentro da modernaPolonia. Conxuntamente, estas tres partes poden ser describir como "terras checas", falándose nelas alingua checa. Cando a nación checa recuperou a súa independencia en1918, o novo estado deChecoslovaquia constituíuse para reflectir a unión dos territorios checos eeslovacos que se fusionaron despois daprimeira guerra mundial (ademais dunha pequena parte do oeste deUcraína).

Historia

[editar |editar a fonte]

Prehistoria

[editar |editar a fonte]

Os arqueólogos atoparon evidencias de asentamentos humanos prehistóricos na zona, os cales se remontan á era doNeolítico. Naépoca clásica, dende oséculo III a.C. migraciónsceltas establecéronse alí, como osBoii e máis tarde noséculo I astribos xermánicas dosmarcomanos e osquadi. Durante o período de migración dos pobos bárbaros, ao redor doséculo V, moitas tribos xermánicas trasladáronse cara ao oeste e cara ao sur deEuropa Central.

Ospobos eslavos das rexións doMar Negro e osCárpatos establecéronse na zona (nun movemento que foi estimulado pola arremetida dos pobos deSiberia eEuropa do Leste:hunos,ávaros,búlgaros emaxiares). Seguindo o ronsel dos alemáns, trasladáronse cara ao sur, enBohemia,Moravia e algúns lugares da actualAustria. Durante oséculo VII, o comerciantefrancoSamo, apoiou os eslavos na loita contra os gobernantes ávaros e converteuse no gobernante do primeiro estado eslavo coñecido en Europa Central. O principado de Moravia xurdiu noséculo VIII.

Bohemia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Reino de Bohemia.
Otakar II Přemysl.

Oestado de Bohemia ouČechy[11] xurdiu no final doséculo IX, cando foi unificado poladinastía dos Premislitas. Oreino foi unha importante potencia rexional durante aIdade Media e parte doSacro Imperio Romano durante toda a existencia da confederación.

En1212, oreiPřemysl Otakar I (1198-1230), que xa se facía chamar co título de "rei" dende1198, extraeu unhaBula de Ouro de Sicilia (un decreto formal) doEmperador que confirmaba o seu título real e o dos seus descendentes. Oséculo XIII foi tamén un período de inmigración xermánica en grande escala. En1235, o poderoso exércitomongol lanzouse á invasión de Europa e despois daBatalla de Legnica, os mongois levaron o seu ataque devastador caraMoravia.

Carlos IV, décimo primeiro rei de Bohemia, foi elixido o checo máis importante da historia.

O reiPřemysl Otakar II (12531278) recibiu oalcume de "Rei do Ouro e do Ferro" por mor do seu poder militar e riquezas. ConquistouAustria,Estiria eCarintia, expandindo así o territorio bohemio até omar Adriático. Con todo, atopou a morte na Batalla de Marchfeld en1278, nunha guerra fronte ao seu rival, o reiRodolfo I de Alemaña. O fillo de Ottokar, Venceslau II adquiriu a coroapolaca en1300 para si mesmo e a coroahúngara para o seu fillo. Porén, en1306, a dinastía premislida morreu e despois dunha serie de guerra, a casa de Luxemburgo gañou a coroa bohemia.

Oséculo XIV, especialmente durante o reinado deCarlos IV (1342 a1378), considérase a idade de ouro da historia checa. De particular importancia foi a fundación daUniversidade Carolina de Praga en1348. Apeste negra, que azoutou Europa dende1347 até1352, decimou o Reino de Bohemia en1380, matando preto do 10 % da poboación.

Noséculo XV, o reformista relixioso e socialJan Hus formou un movemento, o cal posteriormente recibiu o seu nome. A pesar de que Hus foi chamadoherexe e queimado enConstanza en1415, os seus seguidores separáronse daIgrexa católica e nasguerras husitas (1419-1434) derrotaron a cincocruzadas organizadas na súa contra poloSacro Emperador RomanoSexismundo.

Durante os seguintes dous séculos, o 90 % da poboación converteuse á corrente husitas doprotestantismo. Despois de1526 Bohemia foi caendo cada vez máis baixo o control dosHabsburgo, primeiro elixidos de xeito democrático para pasar ser despois gobernantes hereditarios. Adefenestración de Praga e a posterior rebelión contra os Habsburgo en1618 marcou o inicio daGuerra dos Trinta Anos, que se estendeu rapidamente en toda Europa Central. En1620, a rebelión foi esmagada en Bohemia naBatalla da Montaña Branca e os vínculos entre Bohemia e as terras dos Habsburgo en Austria fortalecéronse. A guerra tivo un efecto devastador na poboación local, á xente déuselle a opción de ou converterse ao catolicismo ou abandonar o país.

Frederico II foi derrotado na batalla de Kolín.

O seguinte período, de1620 ata o final doséculo XVIII, é a miúdo coñecido como a "Idade Escura". A poboación dasterras checas reduciuse nun terzo debido á guerra, ás enfermidades, á fame e á expulsión dos checos protestantes. Os Habsburgo prohibiron tódalas relixións distintas do catolicismo. Osturcos otománs e ostártaros invadiron Moravia en1663, tomando doce milescravos. Nos anos1679 e1680 as terras checas enfrontáronse cunha devastadora praga e cun alzamento daservidume.

Os reinados deMaría Tareixa de Austria (1740-1780) e o seu filloXosé II (1780-1790),emperador do Sacro Imperio e corexente dende1765, caracterizáronse polodespotismo ilustrado. En1742, a maior parte deSilesia, e a continuación a posesión da coroa de Bohemia, foron conquistadas polo reiFrederico II de Prusia naGuerra de Sucesión austríaca. Coa gran fame, que durou de1770 até1771, morreu ao redor dunha décima parte da poboación checa, ou uns 250.000 habitantes, o que levou á radicalización das campiñas, con campesiños liderando os levantamentos.

Despois da caída doSacro Imperio Romano Xermánico, Bohemia pasou a formar parte doImperio Austríaco e logo deAustria-Hungría. A servidume non foi abolida por completo até1848. Despois dasrevolucións de 1848, o emperadorFrancisco Xosé I de Austria instituíu unha monarquía absoluta nunha tentativa por equilibrar os intereses étnicos no imperio.

Checoslovaquia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Checoslovaquia.

Estímase que uns 150.000 soldados checos morreron durante aprimeira guerra mundial.[12] Máis de 100.000 voluntarios checos formaron as lexións checoslovacas enRusia, onde loitaron contra asPotencias Centrais e máis tarde contra as tropasbolxeviques. Trala caída doImperio Austrohúngaro tralaGran Guerra, a república independente deChecoslovaquia foi creada en1918. Este novo país incorporou as rexións deBohemia,Moravia,Silesia,Eslovaquia e aRutenia Subcarpática (coñecida na época como Rus subcarpática) con significantes minorías de falasalemás,húngaras,polacas erutenas.

Tomáš Garrigue Masaryk.

A pesar de que Checoslovaquia era un estado unitario, sempre outorgou amplos dereitos ás súas minorías, aínda que nunca lles cedeu ningún tipo autonomía política territorial. Non facelo tivo como resultado certo descontento e un algunha tentativa de certas minorías de romper o país.Adolf Hitler aproveitouse desta circunstancia e, co apoio do Partido Alemán dos Sudetes (SdP) deKonrad Henlein, obtivo practicamente a totalidade da zona xermanofalante deSudetenland a través dosAcordos de Múnic de1938.Polonia anexionouse a área ao redor deČeský Těšín. TaménHungría gañou partes de Eslovaquia e a Rutenia Subcarpática como resultado daPrimeira arbitraxe deViena ennovembro de1938.

Finalmente o que quedaba de Eslovaquia e da Rutenia Subcarpática adquiriu unha maior autonomía, e mesmo o estado cambiou o nome a "Checo-Eslovaquia" (aSegunda República). Despois da ameaza de anexión por parte daAlemaña nazi dunha parte de Eslovaquia, permitindo que o resto da rexión se dividise entre Hungría e Polonia, Eslovaquia optou por manter a súa integridade nacional e territorial separándose de "Checo-Eslovaquia" e aliándose, como esixencia alemá, coacoalición de Hitler.

O territorio checo restante foi ocupado por Alemaña,[13] que o transformou o chamado deProtectorado de Bohemia e Moravia. O protectorado foi proclamado parte doTerceiro Reich e oPresidente e oPrimeiro Ministro pasaron a ser subordinados doReichsprotektor ("protector imperial"). A Rutenia Subcarpática declarou a súa independencia como República Cárpato-Ucraína o15 de marzo de1939, sendo invadida por Hungría o mesmo día e anexionada formalmente ao día seguinte. Aproximadamente 345.000 cidadáns checoslovacos, incluíndo 277.000xudeus, foron asasinados ou executados, mentres que outros centos de miles foron enviados a prisións ecampos de concentracións ou utilizados como man de obra forzada. É probable que dúas terceiras partes da nación checa estivese destinada para o exterminio ou a súa eliminación. Existiu un campo de concentración nazi en Terezín, ao norte de Praga.

Cartel coas inscricións en checo riscadas en Sudetenland.

Houbo resistencia checa á ocupación nazi, tanto no ámbito local como no estranxeiro, sendo a acción máis notable o asasinato do líder naziReinhard Heydrich nun suburbio de Praga o27 de maio de1942. Tanto o goberno checoslovaco no exilio como o seu exército, que loitaba contra os alemáns, foron recoñecidos polasForzas Aliadas. As tropas checoslovacas loitaron noReino Unido,Norte de África,Oriente Medio e aUnión Soviética. A ocupación alemá terminou o9 de maio de1945 coa chegada dos exércitos soviéticos e americanos e aInsurrección de Praga. Estímase que 140.000soldados soviéticos morreron na loita pola liberación de Checoslovaquia.

Entre1945 e1946, case toda a minoría alemá en Checoslovaquia, ao redor de 2,7 millóns de persoas, foron expulsados cara aAlemaña eAustria. Durante este tempo, milleiros de alemáns foron retidos en cárceres e campos de detención, ou utilizados como man de obra forzada. Os únicos alemáns non expulsados foron os que participaran activamente na resistencia contra os nazis ou foron considerados de importancia económica (uns 250.000), aínda que moitos acabaron emigrando máis tarde. Tras un referendo organizado pola Unión Soviética en1946, a Rutenia Subcarpática pasou a formar definitivamente parte daRepública Socialista Soviética de Ucraína co nome de Oblast de Zakarpattia.

Checoslovaquia tratou de xogar con inquietude o papel de "ponte" entreOccidente eOriente. Con todo, oPartido Comunista aumentou rapidamente en popularidade, debido á desilusión xeral con Occidente polosAcordos de Múnic da preguerra, e unha actitude favorable á Unión Soviética, debido ao papel dos soviéticos na liberación de Checoslovaquia do réxime alemán. Nas eleccións de1946, os comunistas gañaron o 38 % dos votos e converteuse no partido máis representado dentro do Parlamento Checoslovaco. Formou un goberno de coalición con outros partidos daFronte Nacional, movéndose rapidamente para consolidar o seu poder. O paso decisivo produciuse enfebreiro de1948, durante unha serie de eventos chamados polos comunistas como "revolución" e polos anticomunistas "toma": as Milicias Populares aseguraron o control dos lugares clave en Praga e formouse un novo goberno de carácter comunista.

Monumento aos nenos de Lidice asasinados polos nazis.

Durante os seguintes 41 anos, Checoslovaquia foi unestado comunista dentro doBloque do Leste. Este período caracterizouse por varios acontecementos sociais. O goberno comunista nacionalizou completamente os medios de produción e estabeleceu unha economía planificada. Aeconomía medrou rapidamente durante as décadas de1950 e1960, mais sufriu unha desaceleración nos anos1970, aumentando de problemas durante a década de1980. O clima político fora moi represivo durante a década de 1950, incluíndo varias farsas xudiciais, pero fíxose máis aberta e tolerante durante a 1960, que culminou naPrimavera de Praga de1968 liderada porAlexander Dubček, a cal tentou crear un "socialismo con rostro humano" e talvez mesmo introducir o pluralismo político. Con todo a revolución rematou pola forza o21 de agosto de1968 trala invasión dos países doPacto de Varsovia (exceptoRomanía).

A invasión foi seguida por un duro programa de "normalización" entre os anos1960 e1970. Até1989, a clase política baseouse na censura da oposición, aínda que con máis "mel" que "látego" para lograr a pasividade da poboación. Os disidentes publicou aCarta 77 (encheco eeslovaco:Charta 77) en1977, a primeiro dunha onda de protestas rexistradas até1988. Entre1948 e1989 máis de 250.000 checos e eslovacos foron enviados á prisión por "actividades contra o Estado", e houbo máis de 400.000 emigrados.

Revolución de Veludo e independencia

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Revolución de Veludo e Disolución de Checoslovaquia.
A República Checa forma parte da UE dende 2004.

Ennovembro de1989, Checoslovaquia regresou a unha democracia liberal a través da pacíficaRevolución de Veludo. Nas eleccións de1992, os checos elixiron como Presidente aVáclav Havel, icona daRevolución de Veludo, que pretendía crear unha federación entre checos e eslovacos. O3 de xullo o parlamento federal non logrou elixilo como único candidato a presidente debido á falta de apoio dos deputados eslovacos. Pese ás negociacións as aspiracións nacionais eslovacas fortalecéronse e o17 de xullo o Parlamento eslovaco adoptou a súa Declaración de Independencia. Havel renunciou á presidencia o20 de xullo, e tres días máis tarde os políticos decidiron disolver pacificamente Checoslovaquia nunha reunión en Bratislava.

O25 de novembro o Parlamento adoptou a Lei Constitucional que marcaba a fin da existencia de Checoslovaquia. A disolución fíxose efectiva o1 de xaneiro de1993, dividíndose o país nasindependentes República Checa eEslovaquia. Ambos os países pasaron polas reformas económicas e privatizacións, coa intención de crear unha economía capitalista. Este proceso tivo grande éxito, en2006 a República Checa foi recoñecida poloBanco Mundial como un "país desenvolvido" e en2009, oÍndice de Desenvolvemento Humano clasificou a nación como de "moi alto desenvolvemento humano". Dende1991, a República Checa, orixinalmente como parte de Checoslovaquia e agora no seu propio dereito, foi membro doGrupo Visegrád e dende1995 daOCDE. A República Checa uniuse áOTAN o12 de marzo de1999 e áUnión Europea o1 de maio de2004. Ostentou a Presidencia da Unión Europea o primeiro semestre de2009.

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Sede do Goberno enMalá Strana.

A República Checa érepública parlamentariapluripartidista. Oxefe de Estado é o Presidente, que é elixido en sesión conxunta polas dúas cámaras cada cinco anos. Actualmente éVáclav Klaus. Non pode gobernar máis de dúaslexislaturas seguidas. OXefe do Goberno é oPrimeiro Ministro que sae da lista máis votada nas eleccións xerais ao Parlamento (ou dunha coalición de partidos, como o modelo galego). Esta votación realízase cada catro anos.

O Parlamento (encheco:Parlament České republiky) é bicameral, cunhaCámara de Deputados (Poslanecká sněmovna, 200 membros) e oSenado (Senát, 81 membros). Os deputados cumpren mandatos de catro anos. Os partidos deben acadar un mínimo do 5% dos votos para ter representación. No senado os mandatos son de seis anos e cada dous anos renóvanse 27 escanos.

OPresidente da República é seleccionado polo Parlamento para un mandato de cinco anos, con non máis de dous mandatos consecutivos. O presidente é o xefe do Estado con competencias específicas limitadas, sendo a máis importante declarar osproxectos de lei do Parlamento, designar os xuíces doTribunal Constitucional para a súa aprobación no Senado e disolver o Parlamento baixo certas circunstancias especiais e inusitadas. Tamén nomea o Primeiro Ministro, así como os demais membros do gabinete, baixo proposta do propio Primeiro Ministro.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]

Dende o ano2000 a República Checa está dividida en trece rexións (encheco:kraje, singularkraj) e a capitalPraga. Cada rexión ten a súa propia Asemblea Rexional (krajské zastupitelstvo) ehejtman (ou "presidente"). En Praga, as súas competencias son executadas polo Concello e o Alcalde.

Os antigos setenta e seis distritos, (okresy, singularokres)[14] entre eles tres "cidades estatutarias" (sen contar Praga, que tiña un status especial), perderon gran parte da súa importancia en1999 coa reforma administrativa; agora permanecen como divisións territoriais e como asentos dalgunhas ramas da administración estatal.

Mapa rexional.
Mapa dos distritos.
(Matr.)RexiónChecoCapitalPoboaciónÁrea (km²)
APragaHlavní město PrahaPraga1.251.072496
SBohemia CentralStředočeský krajPraga1.256.85011.014
CBohemia MeridionalJihočeský krajČeské Budějovice637.72310.056
PPlzeňPlzeňský krajPlzeň571.8317.561
KKarlovy VaryKarlovarský krajKarlovy Vary307.3803.314
UÚstí nad LabemÚstecký krajÚstí nad Labem835.8145.335
LLiberecLiberecký krajLiberec439.4583.163
HHradec KrálovéKrálovéhradecký krajHradec Králové554.3704.758
EPardubicePardubický krajPardubice516.7774.519
MOlomoucOlomoucký krajOlomouc641.5555.267
TMoravia-SilesiaMoravskoslezský krajOstrava1.244.8375.445
BMoravia MeridionalJihomoravský krajBrno1.152.8197.197
ZZlínZlínský krajZlín590.5273.964
JVysočinaKraj VysočinaJihlava514.8056.795


Rexións da República Checa
Rexións da República Checa

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Presa de Šance Dam na cordilleira dos Beskides moravo-silesios.

A República Checa atópase aproximadamente situada entre aslatitudes 48° e 51° N (norte), elonxitudes 12° e 19° E (leste); sen costa e estratexicamente situado sobre algunhas das rutas terrestres máis antigas e significativas deEuropa. Está formada polas rexións tradicionais deBohemia eMoravia, así como por unha pequena parte deSilesia. Ten unha superficie de 78.866 km², dúas veces e mediaGalicia.

A paisaxe da República Checa é moi variada.Bohemia, aooeste, é unhaconca drenada polosríos Elba eMoraba, cercada por de montes baixos, entre os cales se atopa o punto máis alto do país, omonte Sněžka con 1.601msnm. Fálase docuadrilátero de Bohemia en referencia a este altiplano rodeado demontañas: os montesSudetes, montes Metálicos (Erz Gebirge), os montes Xigantes (Risen Gebirge) e a selva de Bohemia, que formaban historicamente a fronteira natural dos chamadosPaíses Checos. Só a fronteira sueste do país carece de cadeas montañosas. O punto máis baixo é a saída dorío Elba do territorio checo.

Moravia, a parte oriental, é tamén montañosa; está formada por un asuco subalpino que se atopa entre osCárpatos occidentais ao leste e osouteiros de Moravia ao leste, que é o que a separa de Bohemia. A Porta Morava (encheco:Moravská brána) é un corredor militar tradicional entre a chairanorteeuropea e oDanubio porEuropa central. Trátase dun trazo xeomorfolóxico formado poladepresión entre as montañas dos Cárpatos no leste e os Sudetes no Oeste. Percórreo a drenaxe entre orío Oder e omar Báltico ao norte e orío Bečva da conca do Danubio.

Os principaisríos da República Checa son oElba e os seusafluentes oMoldava (Moldau) e oOhře; oMorava, cos seus numerosos afluentes, drenaMoravia. Estes cursos de auga da República Checa flúen a tres mares distintos: omar do Norte, omar Báltico e omar Negro. Ao Elba, e de aí ao mar do Norte, van o o Ohře, o Teplá e o Vltava. OOder pasa pola conca á que dá o seu nome e acaba no Báltico. A conca do Morava vai ao mar Negro, e o seu afluente máis destacado é oRegen ou Řezná.

Clima

[editar |editar a fonte]
Outeiros de Králický Sněžník.

A República Checa ten unclima continental tépedo, con veráns relativamente cálidos e invernos fríos, nubrados e con neve. Oclima continental é extremado enBohemia etépedo enMoravia. A maior parte da choiva cae durante o verán. A diferenza de temperatura entre o verán e o inverno é relativamente alta, debido á súa posición xeográfica sen saída ao mar. Dentro da República Checa, as temperaturas varían enormemente dependendo daaltitude.

En xeral, a altitudes máis elevadas, as temperaturas baixan e asprecipitacións increméntanse. A zona máis húmida na República Checa atópase ao redor deBílý Potok nas montañas Jizera e a rexión máis seca é odistrito de Louny ao noroeste dePraga. Outro factor importante é a distribución das montañas. No pico máis alto do país, o Sněžka, a temperatura media é de -0,4 °C, mentres nas chairas darexión de Moravia Meridional, a temperatura media chega até 10 °C. A capital do país,Praga, ten unha temperatura media semellante, aínda que iso está influído por factores urbanos.

O mes máis frío é normalmentexaneiro, seguido porfebreiro edecembro. Durante estes meses, hai normalmente neve nas montañas e ás veces nas principais cidades e na chaira. Durantemarzo,abril emaio, a temperatura increméntase rapidamente, especialmente durante abril, cando a temperatura e o tempo tende a variar amplamente ao longo do día. A primavera tamén se caracteriza por altos niveis de auga, debido ao desxeo da neve con inundacións ocasionais. O mes máis cálido do ano éxullo, seguido poragosto exuño. De media, as temperaturas no verán son ao redor de vinte graos máis altas que durante o inverno. O verán tamén se caracteriza por choiva e tormentas. Ooutono xeralmente comeza ensetembro, que é aínda relativamente cálido e seco. Nesta estación, as temperaturas usualmente caen por baixo dos 10 ou 15 °C e asárborescaducifolias comezan a perder as súas follas. A finais de novembro, as temperaturas usualmente están ao redor do punto de conxelación.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía da República Checa.
Škoda Auto é un dos maiores fabricantes de vehículos de Centro Europa. En 2010 venderon 762.500 coches en todo o mundo, un récord para a compañía.

A República Checa posúe unhaeconomía altamente desenvolvida,[15] cunharenda per cápita do 82% da media daUnión Europea. Sendo un dos máis próspero e estable estadoposcomunista, a República Checa experimentou un crecemento de máis do 6 % anual durante os últimos tres anos. Este crecemento está liderado polas exportacións á Unión Europea, especialmente aAlemaña, e o investimento estranxeiro; a demanda interna está revivindo.

A maior parte da economía privatizouse,[16] incluídos os bancos e astelecomunicacións. O actual goberno ten previsto continuar coa privatización, incluída aindustria daenerxía e oaeroporto de Praga. Acordouse recentemente a venda dun 7% das participacións na produción de enerxía, grupo ČEZ, coa venda da cervexería Budějovický Budvar (Budweiser) tamén discutida. Un estudo realizado en2009 en colaboración coa Asociación Económica Checa revelou que a maioría dos economistas checos están a favor de continuar a liberalización da meirande parte dos sectores económicos.

A República Checa é parte doEspazo Schengen é domercado único europeo.

O país forma parte dende o21 de decembro de2007 doEspazo Schengen despois de suprimir os controis fronteirizos e abrir completamente as súas fronteiras con tódolos seus veciños:Alemaña,Austria,Polonia eEslovaquia. A República Checa é tamén membro en membro daOrganización Mundial do Comercio.

O último goberno checo encabezado polossocialdemócratas expresou o seu desexo de adoptar oeuro en2010, máis o posterior goberno decentro dereita suspendeu o plan en2007. A data exacta non foi fixada, mais o Ministerio de Finanzas comunicou que a adopción da moeda única en2012 era unha data máis realista. Con todo, o plan máis recente para a adopción do euro omite dar ningunha data. Aínda que o país economicamente está mellor situado que outros membros da UE para adoptar o euro, o cambio non se espera antes de2013, debido á falta de vontade política na materia.

O1 de xaneiro de2009, o exprimeiro ministro checo,Mirek Topolánek, declarou que o1 de novembro de2009, o Goberno checo daría a coñecer unha data fixa para a adopción do euro, xa que o país "na actualidade cumpre tódolos criterios para a adopción do euro". Con todo, en declaracións posteriores fixeron discutible o prazo. Hai varios desafíos, con todo. A taxa da corrupción segue sendo unha das máis altos entre os países desenvolvidos daOCDE e os orzamentos públicos seguen estando en déficit a pesar do forte crecemento da economía nos últimos anos. NoPrograma internacional de avaliación do alumnado, coordinado polaOCDE, sitúa ao sistema educativo checo como o décimo quinto mellor do mundo.

Infraestruturas

[editar |editar a fonte]
Os trens de proximidade (CityElefant) operan preto das grandes cidades.

Oaeroporto internacional de Ruzyně é o principalaeroporto internacional do país. En 2009, manexou 11.643.366 pasaxeiros, o que o converte nun dos principais aeroportos de Europa Central. No total, República Checa ten 46 aeroportos con pistas pavimentadas, seis dos cales prestan servizos aéreos internacionais.

České dráhy (Ferrocarrís Checos) é o principal operador detren na República Checa con preto de 180 millóns de pasaxeiros transportados anualmente. A súa división de mercadorías, ČD Cargo, é o quinto maior operador de trens de mercadorías da Unión Europea. Con 9.505quilómetros de vías, a República Checa posúe unha das redes ferroviarias máis densas de Europa. A partir dese número, 2.926 quilómetros son de vía electrificada, 7.617 quilómetros son liñas de vía sinxela e 1.866 quilómetros son de vía dobre. A rede de estradas ten unha lonxitude total de 55.653 quilómetros.

En 2005, segundo a Instituto Checo de Estatística, o 65,4 % daelectricidade foi producida no vapor, encentrais de térmicas e deciclo combinado (principalmentecarbón), o 30% encentrais nucleares, e o 4,6 % defontes renovables, incluíndo aenerxía hidroeléctrica.Rusia, por medio de gasodutos a través deUcraína e, en menor medida,Noruega, a través deAlemaña, subministran ao país congas licuado e natural.

Hoxe estase a reducir a dependencia do altamente contaminantecarbón lignito como fonte de enerxía. Aenerxía nuclear, que proporciona actualmente o 30 % das necesidades de enerxía total, prevese que aumente participación até o 40 %. Ogas natural é adquirido da compañíaruso Gazprom, que aporta aproximadamente tres cuartas partes do consumo interno, e de diferentes empresasnorueguesas, que representan algo máis do cuarto restante. O gas ruso é importado a través de Ucraína (polo oleoduto de Druzhba, o máis longo do mundo) e o gas de Noruega transpórtase a través de Alemaña. O consumo de gas (aproximadamente 100TWh no período2003-2005) é case dúas veces maior que o consumo de electricidade. Moravia Meridional ten pequenos depósitos depetróleo egas.

Turismo

[editar |editar a fonte]
Praga é unha das cidades europeas máis visitadas polos turistas.

A economía checa obtén gran parte dos seus ingresos grazas turismo. En2001, o total de ingresos procedentes do turismo acadaron os 118.130 millóns decoroas checas (3.688 millóns deeuros), o que representa o 5,5 % doPNB e o 9,3 % dos ingresos de exportación en xeral. A industria emprega máis de 110.000 persoas, o que supón máis do 1% da poboación. En2008, con todo, houbo unha caída no número de turistas enPraga, posiblemente debido á fortaleza da coroa checa, que converteu o país en demasiado caro en comparación co nivel de servizos dispoñibles.

A reputación do país tamén sufriu por mor da información vertida en guías de viaxe e por algúns turistas, que falan de problemas como a sobrecarga de prezo por parte dostaxistas e a presenza de carteiristas. Dende2005, o alcalde de Praga, Pavel Bém, traballa para mellorar a reputación da cidade mediante a loita contra a pequena delincuencia. Quitando eses problemas, Praga é unha cidade segura. Ademais, a República Checa no seu conxunto ten un índice de criminalidade moi baixo.

Hai varios centros da actividade turística. A cidade histórica dePraga é a principal atracción turística, sendo ademais o punto habitual de entrada para os turistas que visitan outras partes do país. Moitas outras cidades atraen un número significativo de turistas, mais os balnearios, tales comoKarlovy Vary,Mariánské Lázně eFrantiškovy Lázně, son destinos moi populares. Outros sitios turísticos con grande afluencia de turistas son os numerosos castelos e palacios. Lonxe das cidades, lugares tales como Český ráj, a Selva de Bohemia e os montes de Krkonoše atraen visitantes que buscan actividades ao aire libre.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía da República Checa.
Poboación das terras checas[17]
AnoTotalTrocoAnoTotalTroco
18577.016.531193010.674.386+6,6 %
18697.617.230+8,6 %19508.896.133−16,7 %
18808.222.013+7,9 %19619.571.531+7,6 %
18908.665.421+5,4 %19709.807.697+2,5 %
19009.372.214+8,2 %198010.291.927+4,9 %
191010.078.637+7,5 %199110.302.215+0,1 %
192110.009.587−0,7 %200110.230.060−0,7 %

De acordo co censo do ano2001, a meirande parte dos habitantes da República Checa son deetnia checa (94,24 %), incluíndomoravos esilesianos. A minorías máis importantes son: oseslovacos (1,89 %);polacos (0,51 %);alemáns (0,38 %);ucraínos (0,22 %);vietnamitas (0,17 %);húngaros (0,14 %);rusos (0,12 %);xitanos (0,11 %);búlgaros (0,04 %); egregos (0,0 3%). De acordo con algunhas estimacións, hai na realidade polo menos 250.000xitanos no país.

Segundo o Ministerio do Interior checo había en outubro2009 436.116 estranxeiros residentes no país, sendo os grupos máis importantes os precedentes deUcraína (132.481),Eslovaquia (75.210),Vietnam (61.102),Rusia (29.976),Polonia (19.790),Alemaña (14.156),Moldova (10.315),Bulgaria (6.346),Mongolia (5.924),Estados Unidos (5.803),China (5.314),Reino Unido (4.461),Belarús (4.441),Serbia (4.098),Romanía (4.021),Kazakhstán (3.896),Austria (3.114),Italia (2.580), osPaíses Baixos (2.553),Francia (2.356),Croacia (2.351),Bosnia e Hercegovina (2.240),Armenia (2.021),Uzbekistán (1.969),Macedonia do Norte (1.787) e oXapón (1.581).

A poboaciónxudía deBohemia eMoravia, 118.000 segundo o censo de1930, foi practicamente aniquilada polosnazis durante oHolocausto. En2005 había aproximadamente uns 4.000 xudeus na República Checa. O exprimeiro ministro checo,Jan Fischer, é de orixe e fe e xudías.

Dende a disolución deChecoslovaquia os cidadáns da antiga república podían cruza-la fronteira en ámbolos dous sentidos. EnČeský Těšín, narexión de Moravia-Silesia, os polacos constitúen entre o 10 e o 45 % da poboación, sendo opolaco cooficial en varios concellos e aprendido en escolas públicas. Os alemáns constituían ata o fin dasegunda guerra mundial case a terceira parte da poboación, segundo ocenso de2001 só en trece concellos os alemáns superan o 10% da poboación.

A taxa de fecundidade é baixa, 1,5 fillos por muller. A inmigración provocou un aumento da poboación de case un 1% en2007. Preto de 77.000 novos estranxeiros establécense na República Checa cada ano. Os inmigrantes vietnamitas comezaron a establecerse na República Checa durante o período comunista, cando foron convidados en calidade de traballadores polo gobernochecoslovaco. Na actualidade, estímase que hai uns 70.000 vietnamitas na República Checa. En contraste cos ucraínos, vietnamitas chegaron á República Checa para vivir permanentemente. Noséculo XX,Chicago era a cidade coa terceira poboación máis grande checos despois dePraga eViena. Segundo o censo de 2006 dosEstados Unidos hai 1.637.218 de estadounidenses de ascendencia checa, xa sexa total ou parcial.


Prague
Prague
Praga
Brno
Brno
Brno
Ostrava
Ostrava
Ostrava
 CidadePoboaciónRexión     CidadePoboaciónRexión

1  Praga1.308.632Praga16  Opava60.440Moravia-Silesia
2  Brno405.312Moravia Meridional17  Frýdek-Místek59.443Moravia-Silesia
3  Ostrava311.077Moravia-Silesia18  Děčín54.260Ústí nad Labem
4  Plzeň171.111Plzeň19  Karlovy Vary54.221Karlovy Vary
5  Ústí nad Labem120.477Ústí nad Labem20  Jihlava51.222Vysočina
6  Liberec105.050Liberec21  Teplice51.208Ústí nad Labem
7  Olomouc102.979Olomouc22  Chomutov50.895Ústí nad Labem
8  České Budějovice100.065Bohemia Meridional23  Mladá Boleslav50.000Bohemia Central
9  Hradec Králové94.493Hradec Králové24  Přerov47.254Olomouc
10  Pardubice90.778Pardubice25  Prostějov46.200Olomouc
11  Havířov82.896Moravia-Silesia26  Jablonec nad Nisou45.328Liberec
12  Zlín79.714Zlín27  Třebíč38.756Vysočina
13  Kladno75.120Bohemia Central28  Česká Lípa38.104Liberec
14  Most67.518Ústí nad Labem29  Tábor35.810Bohemia Meridional
15  Karviná63.602Moravia-Silesia30  Znojmo35.725Moravia Meridional

Relixión

[editar |editar a fonte]

A República Checa ten unha das poboacións menos relixiosas da Terra. Historicamente, os checos caracterizáronse como "tolerantes e mesmo indiferentes ante a relixión". Segundo o censo de2001, o 59 % da poboación éagnóstica,atea ou non relixiosa, o 26,8 % écatólica e o 2,5 % éprotestante. De1991 a2001, o número de persoas que se identifican con ningunha relixión aumentou un 19,1 %, o que supón dous millóns de persoas, o que representa o aumento maior do grupo. A adhesión ao cristianismo diminuíu en máis dun millón de persoas.

Segundo unha enquisa do Eurobarómetro en2005,[18] o 19 % da cidadanía checa respondeu que "cre que hai un Deus" (a segunda máis baixa entre os países daUnión Europea, despois deEstonia cun 16 %), mentres que o 50 % respondeu que "cre que existe algún tipo de espírito ou forza vital". O 30 % declarou que "non cre que haxa ningún tipo de espírito, Deus ou forza vital".

Cultura

[editar |editar a fonte]

Lingua

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lingua checa.
Onda deStrč prst skrz krk.

A principal lingua falada do país é o checo (čeština), unha daslinguas eslavas do oeste deEuropa, xunto cocaxubio, oeslovaco, opolaco e osorbio. É falado por uns doce millóns de persoas en todo o mundo, das cales 9,5 millóns viven na República Checa. O checo utiliza oalfabeto latino con sinais diacríticas para a súa escrita. A fonoloxía do checo pode ser difícil para falantes doutras linguas. Por exemplo, algunhas palabras non parecen ter vogais:ztvrdl (endurecido),scvrkl (afondado),blb (bobo),vlk (lobo), esmrt (morte). Hai un exemplo popular disto na frase "strč prst skrz krk", que significa "insire o dedo pola gorxa".

As linguas checa eeslovaca son mutuamente intelixíbeis e próximas na escrita, mais difiren fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio daradio e datelevisión nacionais até a disolución deChecoslovaquia no1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión.

Literatura

[editar |editar a fonte]
Franz Kafka.

Antes do checo, na República Checa tamén se escribía enantigo eslavo eclesiástico,latín ealemán. Moitos autores modernos checos escriben noutros idiomas, por exemplo en alemán, polo que hai unha importante literatura checa que non está escrita na lingua propia do país. Así por exemplo,Franz Kafka, aínda que viviu toda a súa vida enBohemia, escribiu en alemán. A literatura en lingua checa está dividida en diversos períodos temporais: aIdade Media; oPeríodo husita; os anos da recatolización e oBarroco; aIlustración e oespertar checo doséculo XIX; asvangardas de entreguerras; os anos doComunismo e daPrimavera de Praga; e finalmente o período poscomunista da República Checa.

Os primeiros escritos datan doséculo X, xeralmente en forma de palabras soltas e insercións en textoslatinos, tal como moitas outras linguas europeas tamén fixeron as súas primeiras aparicións. O texto literario en checo máis antigo é un himno de catro estrofas incluído nun códice latino da segunda metade doséculo XIII que di así:

(Z)louo do zveta ztworene / v bozstui zhowano / iez pro Euino zresšinie / na zuet pozlano
Antes da creación do mundo, o verbo / estaba oculto na Divindade / (e) a causa do pecado de Eva / enviouse ao mundo

A literatura e cultura checa tivo un papel principal nas dúas últimas ocasións nas que a sociedade checa viviu baixo a opresión e as actividades políticas non eran posibles. En ambas as ocasións, a principios do século XIX e de novo na década de 1960, os checos empregaron os seus esforzos literarios e culturais para crear unha liberdade política e establecer unha nación segura e politicamente consciente. Algúns escritores checos destacados poderían serFranz Kafka,Jan Hus,Jaroslav Hašek,Milan Kundera,Marie Majerová,Božena Němcová,Milan Ohnisko,Karel Sabina,Jiří Wolker ou oPremio Nobel de Literatura de1984Jaroslav Seifert.

Praza da Cidade Vella,Praga.

Arquitectura

[editar |editar a fonte]

Xa noséculo XPraga era un importante centro comercial. Nesa época xa existía un bispado, dous conventos de gran tamaño e unha comunidade xudía que habitaba en casas de pedra. Noséculo XIII comeza a utilizarse a pedra para as grandes construcións nos. XIV, grazas á influencia do reiCarlos IV, desenvolverse un estudado deseño de Praga, utilizando principalmente o estilogótico, que a converteu nunha cidade fermosa e en centro político-cultural deEuropa. Desta época son o edificio do Arcebispado e aCatedral de San Vito. CosHabsburgo chega oRenacemento con construcións tan orixinais como o Palacete da Estrela e tan fermosos como o Palacio da Familia Schwarzenberg ou a Casa do Minuto.

TralaGuerra dos Trinta Anos chegou un período de decadencia, para renacer baixo os influxos dobarroco, con mostras tan interesantes como a Residencia de Verán da Familia Sternberken Troja ou o Palacio Clam-Gallas. Noséculo XVIII imponse o clasicismo francés e na segunda metade doséculo XIX pásase a un estilo persoal checo, promovido polos compoñentes da coñecida como Xeración do Teatro Nacional, como se pode observar na Casa dos Artistas e no Teatro Nacional. Este estilo propio desenvólvese intensamente coa Feira conmemorativa do país en1891, que dá como froitos o Pavillón en ferro fundido, que mandou construír o Príncipe Hanavsky, o Palacio Industrial de Holesovice e o Miradoiro do Outeiro Petrín. Xa noséculo XX pásase aomodernismo, cuxas principais mostras son a Casa Municipal, o Hotel Europa e o Palacio de Exposicións.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracheco.
  2. Diccionario enciclopédico galego universal.
  3. Diciopedia do século 21.
  4. Enciclopedia Galega Universal.
  5. Atlas de Galicia e de España. Anaya.
  6. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio.
  7. "Checa, República (checo, checa)" enFaginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos".Libro de estilo de La Voz de Galicia (1ª ed.). pp. 174–186.ISBN 84-9757-065-0. 
  8. 8,08,1"Chequia | República Checa" enSanmartín, G. (coord.)et al. (2012)Criterios para o uso da lingua p. 117.UDC.ISBN 978-84-9749-504-2.
  9. 9,09,1"Chequia (República Checa)", "Chequia" e "Chequia (República Checa)"Anaír Rodríguez, Montserrat Davila Ventura.Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística. pp. 110, 116, 124.ISBN 84-8158-266-2. 
  10. 10,010,1"Chequia (Tamén República Checa)"Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304.ISBN 9788482887524. 
  11. "The Přemyslid Dynasty – Czech republic". Arquivado dendeo orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 09 de xuño de 2011. 
  12. "Radio Praha - zprávy". Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2011. 
  13. Conscience and power: an examination of dirty hands and political leadership. Stephen A. Garrett
  14. The death of the districts, Radio Prague
  15. Czech Republic - Economic development. Encyclopedia of the Nations
  16. "Enquisa a economistas checos sobre política económica". Arquivado dendeo orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  17. "Czech Statistic Office". Arquivado dendeo orixinal o 12 de xullo de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2011. 
  18. Eurobarometer on Social Values, Science and Technology 2005 – páxina 11

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  República ChecaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  1. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Eslavos do oeste
Eslavos do sur
Eslavos do leste
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=República_Checa&oldid=7131444»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp