Mapa que amosa a topografía subacuática do fondo oceánico.
Considérase comoleito oceánico ó manto de terra que se atopa no fondo dosocéanos. Tamén pode ser chamado relevo do mar, relevo submarino ou relevo oceánico.
A maioría dos océanos posúen unha estrutura común, creada por varios fenómenos físicos, maioritariamente do movemento dasplacas tectónicas esedimentos de varias fontes. A estrutura dos océanos, comezando a partir dos continentes, iníciase coaplataforma continental, onoiro continental, que é unha zona previa ó océano profundo, até chegar áchaira abisal. Existen diversos accidentes no fondo oceánico que proveñen na súa maioría de relevos residuais de orixe volcánica ou tectónica, como as illas volcánicas,atois,guyots e que foron erosionados na superficie e/ou afundidos pola subsidencia coa expansión das placas oceánicas.
Adorsal oceánica é unha franxa montañosa que atravesa todos os océanos entre os continentes, a cal xeralmente é acompañado dun val central, que vén constituír unha especie defosa tectónica que se vai separando a medida que pasa o tempo xeolóxico. Así, o fondo oceánico vaise ampliando ó longo das dorsais (pola diverxencia ou separación a ambos os dous lados desas dorsais) e ese movemento expansivo das placas oceánicas é contrarrestado nos bordos ó atoparse cunha placa continental que frea o seu avance, producíndose unhafosa oceánica ó longo da liña de converxencia. Así, asfosas oceánicas, veñen ser unha boa proba do desprazamento das placas: estas fosas sitúanse entre as placas oceánicas que se van afundindo e as placas continentais que se levantan formando cordilleiras, como sucede coa Cordilleira dos Andes en América do Sur. De feito, a longa cordilleira dos Andes veuse formando polo pulo da placa do océano Pacífico, polo que xunto a dita cordilleira, a pouca distancia da costa, preséntase unha profunda fosa, co que a diferenza de altitude entre o punto máis profundo da mesma e o cumio do Aconcagua vén ser de máis de 15 km.
As illas volcánicas son creadas pola actividade volcánica, entrando en erupción de xeito periódico, moitas veces preséntanse cando as placas tectónicas se moven sobre o punto eruptivo chamado punto quente formándose un rosario de illas nunha dirección determinada, sendo a máis recente a que se atopa sobre devanditopunto quente e as máis antigas as que se atopan máis afastadas. En áreas con actividade volcánica e as fosas oceánicas, existenfontes hidrotermais, as cales liberan unha gran cantidade de presión, auga quente e químicos á auga fría da zona abisal o cal xera a existencia dunha fauna abisal con propiedadesbioluminiscentes.
A auga do océano está dividida en diversas capas, cada unha posúe características particulares de salinidade, presión, temperatura e vida mariña, de acordo á súa profundidade son chamadaszona batial,peláxica eabisal.