Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Reino de Macedonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Macedonia.
Modelo:Xeografía políticaReino de Macedonia

Símbolo oficialSol de VerxinaEditar o valor en Wikidata
Epónimoantigos macedoniosEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalAigai(en)Traducir
Pela(pt)Traducir
Aigai(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua macedonia antiga
lingua grega antigaEditar o valor en Wikidata
Relixiónrelixión da Grecia AntigaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación808 a. C.Editar o valor en Wikidata
Disolución167 a. C.Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernooligarquía
monarquíaEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSynedrion(en)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
MoedaTetradracmaEditar o valor en Wikidata

Mapa daMacedonia histórica.

Macedonia (engrego:ΜακεδονίαMakedonía) é unha rexión xeográfica e histórica do sueste deEuropa napenínsula Balcánica, cunha área de aproximadamente 67.000 km² e unha poboación de preto de 4,65 millóns de habitantes.

A historia de Macedonia está moi vinculada áGrecia clásica.Alexandre o Grande naceu e foirei desta rexión.[1]

Situación xeográfica

[editar |editar a fonte]

No norte deGrecia atópase a rexión deTesalia. Ao norte desta rexión esténdense dúas chairas rodeadas de montañas abruptas. Esta rexión formaba na Antigüidade o reino de Macedonia. Entre as dúas chairas atópase a penínsulaCalcídica que avanza nomar Exeo formando tres puntas. Actualmente, a maior parte do seu territorio atópase no territorio deMacedonia enGrecia e nalgunhas partes deBulgaria eMacedonia do Norte.

Era un país de trigo e pastos, de aldeáns e xinetes (como Tesalia) cunha costa marítima moi reducida. Os historiadores cren que os seus habitantes eran gregos dedialecto dórico do mesmo xeito que os da rexión deEpiro,Rodas ouPeloponeso, e que falaban un dialecto grego moi próximo ao destas rexións.

Costumes

[editar |editar a fonte]
Os mozos macedonios tiñan que matar un xabaril para ser considerados adultos

Os mozos tiñan unha obrigación iniciática que era a de matar unxabaril. Aquel que non o fixese non merecía sentar cos demais nos banquetes.

Cando, polas circunstancias que fosen, un home non matara aínda un inimigo, tiña a obrigación de levar unha corda anoada ao corpo.

Era costume e de bo ver o embriagarse nos festíns e, despois, armar pelexas.

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixes

[editar |editar a fonte]

Segundo os investigadores e historiadores é moi complexo chegar a saber con toda exactitude a orixe destes pobos asentados nesta zona xeográfica. Os antigos chamábanllesbárbaros, usando como en tantas ocasións un criterio cultural. A súa procedencia é incerta e de gran complexidade. Sábese que se agrupaban en tribos e cada unha tiña o seu propio rei. Eran xentes sinxelas e ignorantes que apenas fundaran cidades nin tiñan a tradición de constituír Asemblea do pobo. O groso da poboación eran pastores que coidaban o gando dos nobres. Estes últimos eran ademais grandes cazadores e bos guerreiros.

O historiador gregoTucídides (c. -460 - c. -400 ), describe estes poboadores como xente que constituía un conxunto de pobos dispersos en cada un dos cales implantouse unha monarquía e que desenvolvían un intenso movemento de masas. Loitaban e competían entre si, de maneira que o informe da súa consolidación está cheo de alianzas e conflitos entre os diversos grupos e reis aspirantes á hexemonía.

Nalgún momento da Historia elabórase unha lenda, segundo a cal os macedonios proceden dun fillo do deusEolo chamadoMacedón. Deste xeito, o grandeAlexandre sería descendente dos Eácidas e deHeracles, orixes plenamente helénicos.

Aarqueoloxía tamén ten a súa palabra sobre estepobo macedonio. saíron á luz tumbas reais que datan de finais doséculo -VI, cheas de ricas alfaias e valiosas obras de arte de tradición grega.

O Imperio

[editar |editar a fonte]

Durante moitos anos Macedonia foi unha zona inestable, cuxos reis se asasinaron uns a outros para conseguiren o poder sobre todas as tribos. Ata que chegou un novo rei, un mozo de vinte e dous anos chamadoFilipo II, e con el o comezo dunha gran Historia e dun grande Imperio. Filipo II impuxo o poder sobre os demais e conseguiu que o seu pobo sacase partido da súa vantaxosa posición xeográfica. As fazañas de Filipo son grandiosas pero en realidade non son senón a apertura dun camiño de gloria que percorrería o seu fillo Alexandre o Grande.

Por outra banda, o mundo Helénico atopábase en constantes rifas e guerras entre as cidades-estado, situación que favoreceu en gran xeito a Filipo para levar a cabo o seu plan de expansión e conquista. Hai que ter en conta que Grecia non existía como a unidade política que agora coñecemos; non existía a idea de nación, por iso non é de estrañar que pelexasen entre si as grandes cidades deAtenas,Esparta,Tebas e demais. Case todas elas tiñan un inimigo común: ospersas. Este foi o punto de arranque de Filipo para realizar a súa expansión coa axuda e cooperación dos gregos. As conquistas deste rei foron importantes e conseguiu a hexemonía macedonia sobre os gregos. Continúase agrandando o imperio pero a morte sorprendeuno pronto en forma de asasinato.

O seu filloAlexandre o Grande continuou o labor en maior medida facendo xa verdadeiramente de Macedonia un extenso Imperio que chegou a abarcar desde oDanubio aoIndo, desde omar de Aral aodeserto do Sáhara. Comprendía:

A gran campaña contra os persas, antigos rivais, culminou coabatalla de Isos en que foi derrotadoDarío III rei dePersia. Este triunfo abriulle ademais a fácil conquista de Exipto.

A capital deste imperio,Pella, converteuse nunha cidade próspera onde se daban cita os máis famosos científicos, filósofos e artistas do mundo coñecido.

Dez anos duraron as campañas de Alexandre. Dispúñase a invadir aPenínsula Arábiga cando lle chegou a morte (en-323). Cando Alexandre morreu, Macedonia quedou sen sucesor e comezaron as loitas internas que liquidaron o vasto imperio.

Os xenerais do exército macedonio os chamadosdiádocos (διαδοχος) ousucesores ouherdeiros, eran trinta e catro en total; cinco deles repartíronse os territorios conquistados por Alexandre, que se foron convertendo en pequenos reinos e non deixaron nunca de loitar entre eles. Sábese que Alexandre dixera nunha ocasión:Os meus xenerais faranme funerais sanguentos.

Logo destes antigos xenerais gobernaron os chamadosepígonos (επιγονος), os nacidos despois ou sucesores. A loita entre eles para obter o poder e a hexemonía durou case cincuenta anos, ata o-281 en que morreu o último dos diádocos, Seleuco.

Os protagonistas dos primeiros tempos foron os comandantesPérdicas eMeleagro, coas súas intrigas e manobras. Tamén o gran xeneralAntígono Monóftalmos,Antípatro (ou Antípater) o último xeral que quedaba da época de Filipo II, e máis tarde os fillos de ambos os Demetrio e Casandro.

Decadencia

[editar |editar a fonte]

Durante os seguintes vinte anos non houbo máis que pelexas entre eles. Nun principio contentáronse con chamarse gobernadores, isto foi en espera da maioría de idade do fillo de Alexandre, pero xa no306 a.C. tomaron o título de rei. Repartíronse o imperio do seguinte xeito:

Antígono pretendeu desde un principio ser o único e soñou coa grande unidade do imperio de Alexandre. Pero os xenerais Tolomeo, Lisímaco e Seleuco non llo consentiron e declaráronlle a guerra. Antígono foi vencido e morto naBatalla de Ipso, (enFrixia, centro de Asia Menor) no301 a.C..

Osepígonos (ounacidos despois, ousucesores dos xenerais) continuaron coas loitas internas e externas por conseguir o poder.

No ano281 a.C. o grande imperio estaba dividido en tres grandes estados:

  • Macedonia (dinastía Antigónida).
  • Asia (dinastía Seleúcida).
  • Exipto (dinastía Tolemaica).

Os romanos

[editar |editar a fonte]

Pero no ano-215 ata o-168, outro pobo poderoso guerreou contra os macedonios. Eran osromanos, que venceron e converteron Macedonia en provincia romana. A partir deste momento a Historia de Macedonia estará ligada á Historia de Roma. Por iso mesmo pasa tamén pola etapa histórica doImperio Bizantino e no ano395 forma parte da metade oriental doImperio Romano.

Un personaxe importante nestas terras durante os primeiros anos docristianismo foi o apóstoloPaulo de Tarso que predicou a nova relixión principalmente nas cidades deFilipos eTesalonia.

Os eslavos

[editar |editar a fonte]

Chegando aos séculosVI eVII acoden a Macedonia un número bastante crecido deeslavos de distintos puntos daEuropa oriental. Aséntanse nestas terras. Durante algúns anos doséculo XIV moitas zonas da rexión foron gobernadas porserbios. Con todo durante os mil anos de imperio grego (bizantino) a rexión permaneceu case durante todo este período sen ser ocupada, salvo por algúns anos porbúlgaros,serbios ecruzados.

Noséculo XIV, Macedonia e o resto do reino de Grecia volveuse súbdito doImperio Otomán e como tal, foi protagonista de refregas entre serbios, búlgaros e gregos.

Século XX

[editar |editar a fonte]

Finalmente, logo das guerras dos Balcáns (anos1912 e1913), a rexión histórica de Macedonia desligouse do dominio otomán e foi dividida entre Grecia (onde está a maior parte da terra deste antigo pobo histórico),Bulgaria eSerbia.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Alexandre Magno".Diciopedia do século 211.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 93. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Grecia antiga


Control de autoridades
Imperios Antigos
Imperios Medievais
Imperios Modernos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Reino_de_Macedonia&oldid=7223256»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp