En1707 deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir oParlamento de Escocia e oParlamento de Inglaterra, substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, naCámara dos Comúns e naCámara dos Lores. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. AActa de Unión de1800 uniu o reino de Gran Bretaña coreino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre1169 e1691, para formar oReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosaRebelión dos Irlandeses Unidos de1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasiónnapoleónica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.
A miúdo o Reino de Gran Bretaña[1][2] recibe o nome alternativo do Reino Unido de Gran Bretaña, que adoita reducirse aReino Unido. Hai un debate sobre se o segundo nome é aceptable. Na sinatura daLei de Unión de 1707 faise referencia aUnited Kingdom of Great Britain (engalego: "Reino Unido de Gran Bretaña"), o que pode supor que a palabraUnited (en galego: "Unido") teña un carácter sinxelamente descritivo e non forme parte do título oficial, significando así que Inglaterra e Escocia uníronse nun reino de nome Gran Bretaña" (United into One Kingdom by the Name of Great Britain).
O nome "Reino Unido" ás veces prefírese para efectos da continuidade, especialmente no ámbito militar e colonial. No momento daLei de Unión de 1800, que cunha premeditada ambigüidade denominaronUnited Kingdom ("Reino Unido"), os británicos estaban involucrados na Gran Guerra francesa e oImperio Británico posuía moitas colonias aAmérica,India eAustralia. Con todo o nome de "Reino Unido" entrou en uso popular, de forma que no momento da firma da acta da Unión con Irlanda o nome foi adoptado oficialmente.
O Reino da Gran Bretaña foi gobernado por un únicomonarca,[2] igual que ailla de Gran Bretaña desde1603 despois da Unión das Coroas, coa excepción do interregno inglés e durante o goberno conxunto deGuillerme III eMaría II. A partir de1707, mediante a sinatura daLei de Unión, o monarca do Reino da Gran Bretaña tiña por poder dunha soa coroa unificada, que até o momento a pesar de compartir o mesmo rei mantíñanse como dúas entidades completamente separadas e co seu propioparlamento. A sucesión ao trono foi determinada polaActa de Establecemento inglesa de1701, en substitución da Acta de Seguridade escocesa de1704. A adopción da Acta de Establecemento significou que o herdeiro ao trono británico tiña que ser unprotestante descendente deSofía do Palatinado, iniciadora da futura Casa de Hannóver reinante no trono inglés.
O poder lexislativo estivo en mans do Parlamento da Gran Bretaña,[3] que substituíu o Parlamento de Inglaterra e oParlamento de Escocia. Do mesmo xeito que no modernoParlamento do Reino Unido, o Parlamento da Gran Bretaña incluía tres elementos: aCámara dos Comúns, aCámara dos Lores e aCoroa no Parlamento (a presenza do monarca no Parlamento). Os territorios deInglaterra eEscocia tiveron representantes en ambas as cámaras do novo parlamento. Aínda que a representación de Escocia en ambas as cámaras foi máis pequena que a súa poboación real, a representación no parlamento foi naqueles momentos baseada na fiscalidade e non na poboación, un feito que provocou que Escocia tivese uns maior números de escanos dos que realmente lle tocarían. En virtude dos termos da unión política Escocia tiña 16 escanos á Cámara dos Lords e 45 membros á dos Comúns, sendo o resto polos representantes de Inglaterra eGales.
Xurxo II iniciou unha nova guerra contra o Reino de España, o Sitio de Cartaxena de Indias, que finalizou coa derrota británica, e que pasou a formar parte daGuerra de Sucesión Austríaca, pola cal Xurxo II axudou aMaría Tareixa de Austria a conseguir o trono romanoxermánico por medo a un aumento do poder francés enEuropa.