OReino de Etruria (enfrancésRoyaume d'Étrurie; enitaliano:Regno di Etruria) foi un estado satélite deFrancia que existiu desde1801 a1807 baixo a imposición deNapoleón Bonaparte, e que comprendía gran parte da Toscana. Tomou o nome deEtruria, o antigo nome romano que designaba ao país dosetruscos.
O3 de agosto de1801 foi proclamado rei Lois I de Borbón-Parma (Lois I), sobriño da raíña de España María Luísa. Ailla de Elba transfírese a Francia, pero incorpórase ao reino de Etruria o antigoPrincipado de Piombino, que foi inmediatamente cambiado polo denominadoEstado dos Presidios.
Segundo Napoleón, Lois I "renuciara implicítamente" aoducado de Parma, que é anexionado a Francia converténdose nacapital do departamento do Taro.
Lois I morre o27 de maio de1803, sucedéndoo o seu fillo Carlos Lois, Lois II de Etruria, baixo a rexencia da súa nai María Luísa de Borbón (filla deCarlos IV de España). O goberno de María Luísa permite o asilo dalgúns inimigos de Napoleón, o que irrita a este, que suprime o reino poloTratado de Fontainebleau o10 de decembro de1807, no cal se declara abolida a monarquía.
O rei e a súa nai deberían recibir a cambio, segundo os termos dotratado de Fontainebleau (1807) asinado por Francia e España, o Norte dePortugal, recentemente conquistado, pero en1808, as desavinzas entre Napoléon e os Borbóns reinantes en España interrompe o proceso.
En1808 oparlamento francés incorpora o país aFrancia. Un gobernador xeral, Jacques François de Boussay, Barón de Menou (1750-1810) foi enviado ao país e logra o poder enmaio de1808 (até o3 de marzo de1809).
Créanse inmediatamente tres departamentos: departamento do Arno (gobernado por Bacault de Reully desde o 24 de maio de 1808), departamento do Mediterráneo (gobernado por Guillaume Antoine Benoît, en funcións, desde o 25 de febreiro de 1808) e o departamento de Ombrone (gobernado por Ange Gandolfo desde o 24 de maio de 1808).
Nominalmente o país volve a ser unestado soberano en1809, cando foi doado co título deGran Duquesa de Toscana á irmá de Napoleón, Elisa Baciocchi, o3 de marzo de1809, que conserva até o1 de febreiro de1814. Pero onovo Gran Ducado foi só nominal. A administración francesa mantense cos tres departamentos; o gobernador de Ombrone non foi cambiado; para Arno foi nomeado o 15 de marzo de 1809 Jean Antoine Joseph Fauchet (1761-1834) (que o 4 de xuño de 1810 foi nomeado barón de Fauchet); no do Mediterráneo o gobernador cambiouse en 1810, sendo nomeado Michel Augustin de Goyon. Os tres gobernadores estiveron á fronte dos seus gobernos atéfebreiro de 1814, cando o país foi evacuado polos franceses e ocupado polosnapolitanos.
Neste ano de 1814 oCongreso de Viena reconstitúe oGran Ducado de Toscana que é devolto a Fernando II de Habsburgo-Lorena, que recupera o trono o27 de abril de1814. Os Borbón-Parme son on resarcidos coducado de Lucca. Oducado de Parma, concedido aNapoleón II, cédese á emperatriz María Luísa de Austria á morte deste último, e o ducado de Lucca será entón anexionado polo Gran Ducado de Toscana.
Á dereita do cadro a futura raíña María Luísa ten ao futuro Lois II de Etruria no colo e o futuro Lois I de Etruria está de pé atrás dela.
Na fronte da moeda, efixies de Carlos Luís de Etruria e da súa nai a raíña rexente. Na lenda enlatín leseCarolus Ludovicus Dei gratia rex Etruriae et Maria Aloysia regina rectrix.