Regnum Suevorum (la)![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Braga![]() | ||||
Escindido de | Imperio Romano de Occidente![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | latín vulgar![]() | ||||
Relixión | paganismo xermánico,arianismo ecatolicismo![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 409![]() | ||||
Disolución | 585(Gregoriano)![]() | ||||
Sucedido por | Galicia na monarquía visigoda eReino visigodo de Toledo![]() | ||||
OReino Suevo[1] (enlatín:Regnum Suevorum),reino dos suevos,Reino Suevo de Galiza[2] (enlatín:Gallaecia suevorum regnum) ouReino de Galiza[3][4] configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións deGaliza e o norte e centro dePortugal, despois da caída doImperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental[5]: nas Illas Británicas foi anterior enGales oReino de Dyfed, logo dafin do dominio romano en Britania.
Ossuevos eran unpobo xermánico que entraron no noroeste daPenínsula Ibérica en409 ou410 nunhavaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron. O reino,de facto, foi creado polos suevos contra o 409, ao conquistaren a zona occidental da península e, durante oséculo VI converteuse nun reino identificado formalmente coa antiga provincia romana daGallaecia. Mantivo a súa independencia ata o ano585, cando foi anexionado polosvisigodos e se converteu na sexta provincia doReino visigodo de Toledo.
O Cronicón deHidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.
Osistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse doImperio Romano de Occidente.
A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza enparroquias[6], erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos[7].
Non se conservan de documentos do reino propiamente ditos, diplomas, como na maior parte dos estados xermánicos desta época, pero hai varias fontes cronísticas coetáneas. A fundamental éO Cronicón de Hidacio onde os suevos ocupan un papel central e malia á visión moi negativa do autor informa de varias circunstancias históricas deles de primeira man.
NaHistoria deOrosio, tamén doséculo V, conta un pouco menos xa que pretende ser unhahistoria do mundo pero relata cousas da contorna galega do autor. Xa doséculo VI hai con varias obras de tipo cronístico (Xoán de Biclaro eIsidoro de Sevilla), literario (san Martiño,Gregorio de Tours, Venancio Fortunato) e mesmo as actas (ou semellante) dos tres concilios suevos. Son especialmente valiosas as actas doPrimeiro Concilio de Braga e doSegundo Concilio de Braga (ambos presididos por san Martiño).
Tamén é unha fonte excepcionalmente valiosa sobre a época oParrochiale suevum que é unha organización territorial do reino que deberá formar parte das actas dun suposto concilio enLugo.
Outras fontes valiosas son asnumismáticas.Requiario foi o primeiro rei bárbaro en cuñar moeda propia:IUSSU RECHIARI REGIS (Por orde de Requiario)[8]. E noutras a lendagallica mvnita sinala que o reino era do territorio de Gallaecia superando os estreitos marcos étnicos propios das primeiras monarquías xermánicas[9].
Tamén nos falan do reino os achadosarqueolóxicos. Apareceronnecrópoles e outros asentamentos que enlazan co baixo imperio romano e mostran a relevancia cultural e de poboación da época, tanto como a súa conexión ininterrompida coas fases inmediatamente posteriores e anteriores.
Os suevos, procedentes do interior deEuropa, concentráronse na súa chegada á Península Ibérica entre oDouro e oMiño, na zona de influencia deBraga. Os demais pobos invasores canda os suevos repartíronse o territorio: osvándalos silingos ocuparon a Bética, os suevos a zona occidental daGallaecia e osvándalos asdingos ocuparon a parte leste. Os suevos nomearon rei aHermerico (409-438) e estableceron o seu reino no citado territorio. É posible que Hermerico asinara unfoedus con Roma no 410 ou 411, mais a distribución dos pobos bárbaros verase alterada por mor da intervención dosvisigodos, entre os anos 418 e 421, que axudaron ó emperadorHonorio a botar fóra ós vándalos silingos e mailosalanos. No ano 420 os vándalos asdingos, conGunderico á cabeza, atacan ós suevos, o que provoca unha nova intervención romana en axuda ós suevos[10] nabatalla dos montes Nervasos. Os vándalos batéronse en retirada cara ao sur, deixando o sitio para os suevos, que tiveron, agora si, un reino que abranguía toda a antiga provincia romana daGallaecia.
Durante todo oséculo V, os enfrontamentos entre os suevos e a aristocracia galaico-romana foron habituais. Debido á súa enfermidade,Hermerico abdicou no ano 438 en favor do seu filloRequila (438-448), quen emprendeu unha política expansiva que fixo que os suevos se consolidasen no norte daLusitania. Oficializou a capital do reino enBraga, e espallou o reino cara ao sur, conquistandoMérida, a capital da Lusitania, no ano 439 e chegando a tomarSevilla no ano 441. A Requila sucedeunoRequiario (448-456), primeiro rei suevo nado en territorio galaico, que adoptou o catolicismo no449, o que produciu unha pronta fusión entre a poboación xermánica e a galaicorromana[11]. No ano 456 tivo lugar abatalla do río Órbigo, que enfrontou asuevos evisigodos, os cales loitaban contra o expansionismo suevo. Os visigodos derrotaron aos suevos, o que tivo como consecuencia o asasinato de Requiario e o saqueo de Braga polos visigodos.
Trala derrota fronte aos visigodos, o reino suevo dividiuse en poucos anos entre varios candidatos ao trono. A situación de suposta desaparición do reino, viuse favorecida en Roma pola influencia sueva de Recimiro en Maiorano. Dous novos reis gobernáron simultaneamenteFrantán eAguiúlfo. Ámbolos dous fixérono dende456 ata457, ano no queMaldras (457-459) reunificou o reino, para acabar sendo asasinado tras unha conspiración romano-visigoda que finalmente fracasou. A pesar de que a conspiración non conseguiu os seus auténticos propósitos, o reino suevo viuse novamente dividido entre dous reis,Frumario (459-463) eRemismundo (fillo deMaldras) (459-469) que reunificou novamente o reino do seu pai no 463 e gozou de boas relacións cosvisigodos: no ano 464 Remismundo acode xunto aTeodorico e recibe "armas, regalos e unha esposa" en palabras deIdacio. Tal é así que tras a chegada de Aiax, enviado desde aGalia vense obrigados a adoptar oarianismo no465 debido á influencia visigoda.
Trala morte deRemismundo entrouse nunha época escura, que durou ata550, ano no que desaparecen practicamente todos os textos escritos. O único que se sabe desta época é que moi probabelmenteTeodemundo gobernou Suevia.
A época escura rematou co reinado deCarriarico (550-559), que se converteu novamente ao catolicismo no 550. SucedeunoTeodomiro (559-570) (non se confunda conTeodomiro, duque (dux) doséculo VIII, gobernador de provincia visigoda deAurariola)[12] durante o reinado do cal tivo lugar oPrimeiro Concilio de Braga (561), no que se tratou a cuestión priscilianista e os problemas internos da Igrexa. Durante esta época, entre os nativosgalaicos e ossuevos desaparecerían as diferenzas, este feito tería por resultado que os autores coetáneos se refiran ao reino nese momento comoGalliciense Regnum[13], e aos reis indistintamente comoRegem Galliciae[14],Rege Suevorum ouGalleciae totius provinciae rex[15].
Mironis Galliciensis regis"Miro, rei de Galicia"[16]
Mirus rex Galliciensis legatos ad Guntchramnum regem dirixit."Miro rei de Galicia enviou delegados ao rei Guntchramn"[17]
Brillou nesta época o labor deMartiño de Dumio, recoñecido comaepiscopi Gallaecia[18], impulsor dos devanditos concilios, da ordenación do territorio (Parrochiale suevorum) e da difusión do cristianismo fronte as crenzaspagás de raíz prerromana (De correctione rusticorum). Desempeñou funcións de auténticochanceler do rei Teodomiro.
Miro (570-583) foi o seu sucesor. Durante o seu reinado celebrouse oSegundo Concilio de Braga (572), no que se chega a completar a creación dunha Igrexa "nacional" sueva dotándoa do seu propio deretio canónico que é recreado a partir dos principais concilios daIgrexa grega.[19]
Aproximadamente no577 iniciouse a guerra civil visigoda, na que interveuMiro en axuda deHermenexildo, o fillo rebelde do reiLeovixildo, e ademais pretendeu fortalecer relacións confrancos ebizantinos. Isto supuxo serias liortas cos visigodos. No 583 Miro organizou unha expedición fracasada de conquista aSevilla. Durante a volta desta expedición o rei atopou a morte. No reino suevo comezaron a producirse moitas liortas internas.Eborico (tamén chamadoEurico) (583-584) foi destronado porAndeca (584-585), que fallou no seu intento por evitar a invasión visigoda dirixida porLeovixildo, que se fará efectiva finalmente no 585. Aínda así xurdiu un pretendente suevo ó trono, descendente do rei Miro, chamadoMalarico. Este rematou derrotado no 586 por Leovixildo, rematando así toda resistencia sueva.
Os invasores suevos suplantan as estruturas de poder romanas, e cabe deducir que non farían modificacións importantes, aproveitándose delas. A principal característica da organización sueva é a súa formación como reino, en cuxo fronte está un rei que se sucede de xeito hereditario, contrariamente á tradición xermánica.
As relacións entre o poder suevo e a poboación galaicorromana varía segundo a época e segundo o lugar.Hidacio di que a invasión xermánica foi respondida fortemente, tanto nas cidades como nos aínda habitados castros. Pese ó que nos di Hidacio semella que a reacción maioritaria foi a de aceptación dos invasores. Pode que a aristocracia tivera unha primeira reacción de rexeitamento, aínda que coa caída doImperio romano, ou mesmo antes, manteñen colaboración (agás casos illados, despois da morte deRequiario, como o asasinato doreitor de Lugo no460). É noséculo VI cando esta colaboración é evidente, coa participación de aristócratas en campañas militares suevas.
A relación coa plebe suponse que foi máis irta que coa aristocracia, á que máis que nada lle interesaba manter a súa posición. Pola súa banda a Igrexa mantivo unha posición receptora, ocupándose máis dos seus asuntos internos, como a enorme influencia dopriscilianismo en terras galaicas. Os suevos, pola súa parte, non interviron nos asuntos relixiosos. Cabe destacar que os bispos recibirán poder civil, preservando así a influencia do mundo romano ante a presenza sueva. Moita importancia ten a redacción doParrochiale suevorum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134parroquias agrupadas en trecedioceses (ademais menciónase a dioceseBritoniarum,Diocese de Britonia, que tamén aparece mencionada canda ó seu bispoMaeloc noSegundo Concilio de Braga[20]). O manuscrito indica ademais a existencia depagus (distritos) especificamente suevos.
Os concilios nacionais suevos tiveron unha importancia capital no labor lexislativo e administrativo, ao organizar os bispados galaicos antigos, crear outros novos e determinar as parroquias de cada un destes bispados. Así, a estrutura parroquial de Galiza provén da organización que lle deron, por orde dos reisTeodomiro (aconsellado porsan Martiño) eMiro, estes concilios. Polo tanto, dividiuse o reino suevo en dúas áreas metropolitanas: unha, a antiga, a de Braga; e outra, a moderna, en Lugo.[21]
Após estas reformas había trece bispados no reino suevo:Astorga,Braga,Britonia,Coímbra,Dumio,Idanha,Iria Flavia,Lamego,Lugo,Porto,Ourense,Tui eViseu.[11]
A sed metropolitana radicaba na cidade deBracara Augusta, tendo como sufragáneos trece bispados:
A mediados doséculo XVI, popularízase na Península Ibérica o que se coñece como "estatutos de limpeza de sangue", probas e demostracións xenealóxicas que toda aquela persoa que aspirase a un recoñecemento social debía pasar. Nelas, aqueles demandantes de título nobiliario ou que desexasen ingresar en institucións prestixiosas, debían proporcionar unhaxenealoxía, a miúdo inventada ou manipulada, que probase estaren exentos de antepasadosxudeus, mouriscos ou de desertores da fe cristiá. Tamén as familias fidalgas recorreron á xenealoxía para presentarse na corte como vellas liñaxes de honorable pasado. Todo isto levará a un aumento dos estudos xenealóxicos e vexiolóxicos noAntigo Réxime, formándose estes como unha disciplina necesaria que permitía o ascenso social a moitos burgueses e fidalgos. No caso das liñaxes galegas, —consideradas tradicionalmente como "limpos", como "cristiáns vellos"— estas pretenderon principalmente entroncar a súa orixe con supostos grandes fundadoresgregos,romanos,suevos ouvisigodos. Así acasa de Saavedra reclamaba como fundador ao emperador romanoCalígula, osSarmiento reclamaban a súa orixe nun suposto príncipe suevo chamado "Sardamiro", osDeza dicían descender dun nobre visigodo chamado "Severiano", osSoneira duncabaleiro romano chamado Marco Marlines Capitolio e osCaamaño afirmaban descender dos propios troianos, entre outros.
Pero tamén cronistas, historiadores e vexioloxistas comezarán neste tempo a ser demandados para redactaren documentos históricos e xenealóxios —ás veces reais, e as máis das veces fantásticos— polas administracións dos diferentes reinos para probar a súa antigüidade e prestixio, e aínda tamén pola mesmísima corte, co fin de redactar historias que ensalzaran a súa ascendencia e o seu suposto glorioso e cristián pasado. Un destes destacados xenealoxistas foiRodrigo Mendes Silva, controvertido cronista da corte madrileña e redactor de entre outras obras daCatálogo real genealógico de España: ascendencias y descendencias de nuestros Catolicos Principes y Monarcas Supremos, na cal este autor, chegaba a afirmar que o primeiro rei de España fora Túbal, un dos fillos do bíblico Noé, o cal en palabras deste cronista tería reinado durante 155 anos, miles de anos antes de Cristo. Mendes Silva foi ademais o primeiro que puxo en circulación a fábula que atribuía aos reis suevos un estandarte formado por undragón verde en campo de oro (ano1645)[24]. Desde entón, serán varias e dispares as formas e armas que os diferentes xenealoxistas lles adxudicarán aos reis suevos; así, naHistoria de Don Servando, déixase claro que as armas dos reis suevos forantreis jaqueraidas douro et rouxo no Campo de prata; e no meo outra faxinha Douro, mentres que para aXunta Xeral do Reino de Galicia (1669) o estandarte dos reis suevos fora unDragón verde y León rojo.
Malia a intención dos autores de establecer unhas vellas armas para Galicia, baseadas na monarquía sueva, tales armas heráldicas non aparecen en ningún dos documentos que se coñecen do período suevo nin tampouco en ningunha das centenares de moedas suevas conservadas ata o de agora, lugar —o adverso das moedas— que pola circulación representaba o primeiro e máis importante lugar onde a realeza plasmaba os seus símbolos. No lugar destas representacións descritas mil cen anos despois da fin da monarquía sueva, as moedas suevas amosan unhacuñaxe diferente (similar ao resto de moedas europeas do seu tempo); unha cruz —latina ou grega— central, arrodeada dunha coroa deloureiro. Na actualidade, historiadores e vexioloxistas adicados á ciencia heráldica parecen estar de acordo en que as armas do reino de Galicia non naceron antes do século XIII, ao tempo que o resto da grande heráldica europea, na baixaIdade Media, sendo fidedigna testemuña o coñecidoarmorial "Segar´s Roll", o primeiro documento que amosa as armas de Galiza que aínda persisten ata a actualidade, cunha historia de máis de setecentos anos.
regnum suevorum
Gallaecia Suevorum regnum
(..) et Bracarensibus synodis inGalliciae regnis apostolicae sedis decreto habitis" "(..)ad alia concilia inGalliciae regno
Galliciensim regnum
in tota Galliciae regione (Braga, Lugo, Dumio, Britonia (Mondoñedo), Iria (Compostela), Coimbra, Lamego, Ourense, Porto, Astorga, Tui, Idaña, Viseu)
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino Suevo![]() |
![]() | |
![]() |