Enbioloxía,reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuídos os seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.
FoiAristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan naNatureza. En base ás diferenzas entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinosanimal,vexetal emineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou ataxonomía dosentes naturais, senón que propiciou para osvirus unha especie de non clasificación, xa que non se consideranseres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos».[1] Así pois, a primeira subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entreseres vivos,virus eminerais. Enbioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.
A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:
Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominadostaxóns. O nivel deReino era ata hai pouco o nivel superior daclasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é oDominio. Cada un dos Dominios subdivídense enReinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse enSubreinos etc. Os niveis superiores daclasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):
As diferenzas básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura doslípidos,proteínas exenoma) e permiten distinguir os dominiosArchaea,Bacteria eEukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semellantes entre si ca unha archaea e unha bacteria). Os dominiosArchaea eBacteria inclúen só organismos unicelularesprocariotas (organismos con células sen núcleo). O dominioEukarya inclúe tódalaseucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan osprotozoos (clasificados en varios reinos),plantas,fungos eanimais.
A continuación amósase a clasificación en reinos dosseres vivos segundo os últimos datos moleculares. Osvirus clasifícanse á parte.
- ↑James Trefil,1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia
|
|---|
| Conceptos base | |
|---|
| Taxons | |
|---|
| Conceptos asociados | |
|---|
| Normas | |
|---|