Reginald Wayne "Reggie" Miller, nado o24 de agosto de1965 enRiverside (California), é un ex xogador profesionalamericano debaloncesto que pasou os 18 anos da súa carreira nosIndiana Pacers daNational Basketball Association (NBA). Miller era coñecido pola súa precisión no lanzamento de tres puntos, especialmente en situacións límite e en partidos contra osNew York Knicks, feito polo cal lle puxeron o alcume de "Knick Killer".[1][2] Cando se retirou, tiña o récord de maior número de triplas conseguidas. Foi elixido 5 veces comaAll-Star e gañou a medalla de ouro nosXogos Olímpicos de 1996 enAtlanta.
Miller é un dos cinco Pacers que teñen o seu número, o 31, retirado polo equipo; os outros catro sonRoger Brown,Mel Daniels,Bobby Leonard eGeorge McGinnis. Actualmente, traballa coma comentarista da NBA no canal americano TNT.
Miller foi seleccionado polosIndiana Pacers na 11ª posición doDraft da NBA de1987. Inicialmente, os seareiros de Indiana estaban decepcionados pola elección de Miller, en lugar deSteve Alford, nado enNew Castle, Indiana e xogador na Universidade de Indiana. Miller levou o dorsal 31 nos Pacers, e foi o suplente do escoltaJohn Long antes de ser titular. Miller gañouse unha respectable reputación ó axudar aos Pacers a clasificarse para os Playoffs habitualmente.
Tras o traspaso que deixou fóra dos Pacers aChuck Person durante a postempada de1992, Miller quedou coma a primeira opción de anotación para Indiana. O28 de novembro de 1992, anotou a mellor marca da súa carreira, 57 puntos, contra osCharlotte Hornets no Charlotte Coliseum, na vitoria do seu equipo por 134-122. Eses 57 puntos seguen sendo, a día de hoxe, o récord na historia dos Indiana Pacers.
Miller fíxose famoso durante as finais daConferencia Leste de1994 contra osNew York Knicks, debido a unha grande actuación no 5º partido o1 de xuño de 1994, no cal anotou 39 puntos, 25 deles no derradeiro cuarto, na vitoria dos Pacers por 93-86 noMadison Square Garden. A vitoria deulles aos Pacers o liderado das series por 3-2, pero perderon os dous seguintes partidos, e por tanto, a posibilidade de alcanzar as Finais da NBA.
O7 de maio de1995, Miller anotou oito puntos en 8.9 segundos no 1º partido das semifinais da Conferencia Leste contra os Knicks, liderando ós Pacers a unha gran vitoria por 107-105. Os Pacers derrotaron aos Knicks en sete partidos antes de perder contra osOrlando Magic nas finais da Conferencia en sete partidos, igual que o ano anterior. Preto do remate datempada 1996-97, Miller caeu ó chan e sufriu unha ferida nun ollo, a cal non lle permitiu xogar nos Playoffs ata o 5º partido da primeira rolda contra osAtlanta Hawks. Os Pacers perderon contra os Hawks e foron eliminados.[3]
Os Pacers fixeron a súa seguinte aparición nas finais da Conferencia Leste en1998. O25 de maio, os Pacers perdían 2-1 na serie contra osChicago Bulls e no 4º partido perdían 94-93 noMarket Square Arena enIndianapolis a falta de 2.9 segundos. Miller liberouse da marca deMichael Jordan, colleu o pase deDerrick McKey, deuse a volta e anotou a tripla gañadora a falta de 0.7 segundos do remate do partido. Os Pacers levaron aquela serie ata o decisivo 7º partido enChicago, onde os Pacers lideraban o marcador no último cuarto antes de virse abaixo nos derradeiros dous minutos. Os Bulls gañaron por 88-83 e remataron gañaron o sexto e último campionato da era Michael Jordan.
Natempada 1999-00, gañaron 4-2 aosPhiladelphia 76ers nas semifinais da Conferencia Leste, chegando ás finais de conferencia por quinta vez en sete anos. Esta vez conseguiron gañaron aos seus rivais, os Knicks, por 4-2, chegando ás Finais da NBA por primeira vez na súa historia, onde se enfrontaron aosLos Angeles Lakers, liderados porShaquille O'Neal eKobe Bryant. Os Pacers perderon a final por 4-2, e Miller acadou 24.3 por partido na serie.
Nos derradeiros anos da súa carreira, cedeulle o liderado do equipo ao seu compañeiroJermaine O'Neal. Miller era un importante líder no vestiario, e serviu de inspiración aos seus compañeiros, que querían gañar un campionato para Miller, quen deixou de ser o maior anotador do seu equipo. O respecto que lle tiña O'Neal a Miller fíxose evidente cando o4 de xaneiro de2005, tras anotar 55 puntos contra osMilwaukee Bucks, O'Neal aceptou sentar no banco a falta de 1:43 minutos de xogo, para non superar a marca de Miller de 57 puntos.[4]
O derradeiro partido de Miller foi o19 de maio de2005 noConseco Fieldhouse, na derrota dos Pacers contra osDetroit Pistons por 88-79 nas semifinais da Conferencia Leste, rematando as series cun 4-2. Miller liderou ao seu equipo con 27 puntos. A falta de 15.7 segundos, foi substituído, e o público deIndianapolis púxose en pé para ovacionalo. O adestrador dos Pistons (e antigo adestrador dos Pacers)Larry Brown pediu un tempo morto, durante o cal os xogadores dos Pistons únironse á ovación.
Durante os 18 anos en activo, Miller gañou 105 millóns dedólares e xogou 1.389 partidos cos Pacers. Fixo 2.560 triplas durante a súa carreira, récord na NBA daquela. Esta marca foi superada porRay Allen.[5]