Unrefuxiado é unha persoa que se atopa fóra do seu país por ter sufrido ou estar ameazado depersecución por mor da súaetnia,relixión,nacionalidade ou opinión política. Tamén se consideran refuxiados aquelas persoas que abandonan os seus lugares de residencia para fuxir daguerra. Tamén son chamados "demandantes de asilo" ata que son recoñecidos polo estado ó que solicitan axuda.[1]
No 2013,Afganistán era a maior fonte de refuxiados do mundo, unha posición que mantivo durante 32 anos, sendo un de cada catro refuxiados do mundo de orixe afgá. O 95% dos refuxiados afgáns viven enPaquistán eIrán. O país de asilo con máis refuxiados no 2014 eraSiria, con 2,47 millóns de persoas. Paquistán era o segundo, con 1,6 millóns.[2]