Avidreira da Reforma nunha igrexaluterana deCarolina do Sur mostra escenas claves da Reforma protestante.
AReforma protestante, ou simplemente aReforma, foi un movemento de reformacristiá noSacro Imperio Romano Xermánico que xeralmente se considera que comeza a partir da publicación das95 Teses deMartiño Lutero, en 1517, aínda que existen unha serie de precursores comoJan Hus anteriores a este evento. Como período histórico, a Reforma considérase que termina coaPaz de Westfalia en1648 dando fin ásguerras de relixión en Europa[1]; con todo, moitas das denominacións que se produciron durante este período seguen existindo e oprotestantismo constitúe unha das ramas máis importantes docristianismo hoxe en día. Aínda que o movemento comezou como unha tentativa de reformar aIgrexa católica, os movementos acabaron coa escisión dos grupos reformistas e co establecemento de novas institucións, principalmente, oluteranismo, ocalvinismo e oanabaptismo.
Moitoscatólicos de Occidente estaban descontentos coas falsas doutrinas e malas prácticas dentro da Igrexa, as cales consideraban impropias, especialmente no caso da venda deindulxencias. Outra controversia importante foi a práctica de compra e venda de posicións de prestixio no seo da Igrexa (simonía), considerada naquel tempo como unha auténtica corrupción na xerarquía eclesiástica. Esta corrupción considerábase sistémica, chegando mesmo á posición doPapa.
A Reforma en xeral considérase que comeza o31 de outubro de1517, na actual rexión alemá deSaxonia, candoMartiño Lutero cravou unha copia das súasnoventa e cinco teses na porta da igrexa do castelo deWittenberg[2], que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas críticas á igrexa e ao Papa. Os puntos máis controvertidos centrábanse nas prácticas de venda de indulxencias e na doutrina da igrexa referente aopurgatorio. Os predecesores espirituais de Lutero foron homes comoJohn Wycliffe eJan Hus. Outros pastores e teólogos de ideas radicais, comoHuldrych Zwingli eJean Calvin, seguiron o camiño iniciado por Lutero. As crenzas e prácticas da igrexa atacadas polos reformistas incluían opurgatorio, o xuízo particular ás almas, a devoción polaVirxe María, a intercesión dossantos, a meirande parte dossacramentos, ocelibato que debían gardar ossacerdotes e osmonxes, e maila autoridade doPapa.
O movemento de reforma axiña se dividiu en diferentes liñasdoutrinais. Os desacordos entre Lutero e Zwingli, e máis tarde entre Lutero e Jean Calvin, conduciron á aparición das igrexas protestantes rivais. Asdenominacións cristiás máis importantes que xurdiron directamente da Reforma foron osluteranos, osreformados/calvinistas/presbiterianos e osanabaptistas. A Reforma protestante tamén é coñecida como a Reforma xermánica, a Revolución protestante, a Revolta protestante e, enAlemaña, a Reforma luterana. O proceso de reforma diferenciouse de forma notábel dos acontecementos deInglaterra, que levarían á formación daIgrexa anglicana. Alí, o período de reforma coñécese como aReforma inglesa. Asemade, os reformistas tamén aceleraron o proceso deContrarreforma naIgrexa católica. A Reforma implicou aspectos culturais, económicos políticos e relixiosos
BulaExurge Domine,Contra Errores Martine Lutheri et sequatium: Bula contra os erros deMartiño Lutero e os seus seguidores (15 de xuño de1520), pola que o papaLeón X o ameaza coa excomuñón se non se retracta de 41 puntos incluídos nas súas famosas 95 teses sobre as indulxencias do31 de outubro de1517, nas que Lutero, indignado, atacaba a idea de que a compra das bulas podía ser causa de perdón de penas espirituais; feito habitual na época e onde a causa ocasional foi que o papa León X arrendaba as bulas de indulxencias á bancaFugger para obter diñeiro para a construción dabasílica de San Pedro do Vaticano. Lutero queimou publicamente a bula (10 de decembro de1520) e a excomuñón fíxose efectiva (3 de xaneiro de1521). Estas datas son fitos da Idade Moderna, pero non pasarían de ser unha disputa teolóxica se non atopasen o formidable eco que a difusión daimprenta lle permitiu, e se non fosen acollidos por unha sociedade madura para recibilos e uns axentes políticos dispostos e capaces de aproveitar o seu potencial.
Todas as correntes protestantes maioritarias sitúan a súa separación da Igrexa católica noséculo XVI. A orixe do protestantismo denomínaseReforma maxisterial porque o movemento foi apoiado polosmaxistrados, a autoridade lexislativa (a diferenza daReforma radical, que non tivo apoio da administración). As organizacións protestantes antigas, como a Unitas Fratrum que despois daría lugar á Igrexa de Moravia, sitúan a súa orixe no tempo deJan Hus, en principios doséculo XV, cando se produciu unha gran crise naIgrexa católica en Europa Occidental debido aos numerosos problemas de corrupción eclesiástica e falta de piedade relixiosa. Foi a venda de indulxencias para financiar a construción dabasílica de San Pedro en Roma o que provocou finalmente que a cristiandade occidental se dividise en dúas, unha liderada polaIgrexa católica, que tras oConcilio de Trento se reivindicou a si mesma como a única herdeira válida da cristiandade occidental expulsando calquera disidencia e suxeitándose á autoridade do Papa, e outra metade que fundou varias comunidades eclesiásticas propias, xeralmente de carácter nacional para -na súa maioría- rexeitar a herdanza cristiá medieval e buscar a restauración dun cristianismo primitivo idealizado. Isto deu lugar a queEuropa quedase dividida entre unha serie de países que recoñecían aoPapa como supremo e único xefe da Igrexa católica, e os países que rexeitaban a autoridade de Roma e que recibiron o nome deprotestantes. Deseguido, os protestantes apareceron en moitos lugares deAlemaña, nun tempo no cal oImperio Otomán ameazaba territorios xermanos. Este feito apartaba a atención dos príncipes xermanos das emerxentes revoltas internas. Dita división provocou unha serie de guerras relixiosas en Europa. Como estaba dirixida por unha maioría de nobres deBohemia, esta foi a primeira Reforma maxisterial en Europa. En parte, a protesta pode explicarse polos acontecementos dos séculos anteriores en Europa e particularmente en Bohemia.
As tensións debidas aoGran Cisma de Occidente (1378–1416) provocaron guerras entre príncipes, levantamentos campesiños e unha crecente preocupación pola corrupción xeral na Igrexa, feitos que foron algúns dos precursores do proceso. O mundo internacionalista daIdade Media tamén foi desafiado por un emerxentenacionalismo.
John Wycliffe (c.1320-1384), daUniversidade de Oxford, eJan Hus, da Universidade dePraga, foron os primeiros en propoñer unha nova perspectiva eclesiástica. A Igrexa católica concluíu oficialmente o debate coConcilio de Constanza (1414–1417). O conclave condenou aJan Hus, que foi queimado na fogueira o6 de xullo de1415, malia o seu compromiso de boa conduta. Wycliffe tamén foi queimado por herexe despois de morto (1428).
O Concilio de Constanza confirmou e reforzou a concepción medieval da Igrexa e o Imperio. Non se trataron nel as tensións nacionais, nin as tensións teolóxicas que axitaban Europa no século anterior. Porén o concilio non puido previr o cisma e as guerras husitas enBohemia.
A axitación social provocou reflexións sobre a organización da sociedade, e neste ambiente xurdiu a Reforma protestante. Coa crise das institucións monásticas e aescolástica, acentuada polacatividade babilónica do papado deAviñón, oGran Cisma e o fracaso do conciliarismo, noséculo XVI comezou o gran debate cultural sobre reformas e, en xeral, sobre os valores relixiosos.
Os historiadores asumen que o fracaso da Reforma suporía unha maior axitación ou quizais unha revolución, debido a que o sistema debía axustarse ou desintegrarse, e o fracaso do movemento conciliar favoreceu a Reforma enEuropa. A represión dos movementos de reforma, xunto coa situación política, económica e demográfica, contribuíu ao descontento da sociedade co poder e a riqueza do alto clero, e sensibilizou o pobo fronte á corrupción da Igrexa noRenacemento.
O resultado daPeste Negra alentou a levar a cabo unha reorganización radical da economía e, finalmente, da sociedade europea. Nos centros urbanos emerxentes, as calamidades doséculo XIV e principios doXV e a conseguinte escaseza de man de obra proporcionaron un forte impulso para a diversificación económica e as innovacións tecnolóxicas.
Despois da Peste, a perda inicial de vidas por causa da fame, das pragas e da pestilencia, contribuíu a unha intensificación da acumulación de capital nas zonas urbanas e, xa que logo, un estímulo para o comercio, para a industria e o crecemento urbano en ámbitos tan diversos como a banca, os téxtiles, o armamento, especialmente estimulado polaGuerra dos Cen Anos, e a minería de mineral de ferro, debido, en gran parte, ao sector do armamento. A acumulación de excedentes, o exceso de competencia e maior competitividade para aumentar ao máximo o beneficio económico, contribuíron a guerras civís, ao militarismo agresivo e á centralización. Como resultado directo da transición para a centralización, líderes comoLois XI de Francia (1461-1483), trataron de eliminar todas as garantías constitucionais sobre o exercicio da súa autoridade. En Inglaterra, Francia, España, o movemento para a centralización iniciado noséculo XIII consumouse.
A invención datipografía levaría os protestantes a unha nova tradución celosa daBiblia e facela accesible aoslaicos. Isto fomentaría a cultura da alfabetización bíblica.
Ohumanismo da época doRenacemento estimulou a efervescencia académica dunha forma sen precedentes, e levou a unha preocupación pola liberdade académica. Comezáronse a levar a cabo debates teóricos de alto nivel nas universidades sobre a natureza da igrexa, e da fonte e o alcance da autoridade do papado, dos concilios e dos príncipes.
As protestas contraRoma, comezaron en serio cando Martiño Lutero, que era monxeagostiño e profesor da universidade de Wittenberg, apelou en 1517 pola reapertura do debate sobre a venda de indulxencias. As desconformidades de Lutero marcaron un repentino gromo cunha nova e irresistible forza dun descontento que fora apartado pero non resolto. A rápida propagación do descontento produciuse en gran medida debido áimprenta e á rápida circulación das ideas e documentos incluídos nas 95 Teses. A información tamén se difundiu amplamente en forma manuscrita, así como en gravados e xilografías baratas, entre os sectores máis pobres da sociedade.
Paralelamente aos acontecementos enAlemaña, un movemento similar empezou enSuíza baixo a dirección deUlrich Zwingli. Estes dous movementos puxéronse de acordo axiña sobre a maioría das cuestións, a medida que o recente uso da imprenta permitía unha rápida propagación de ideas dun lugar a outro, pero algunhas diferenzas non resolvidas mantivéronos separados. Algúns seguidores de Zwingli crían que a reforma era demasiado conservadora e independentemente trasladáronse cara a posicións máis radicais, que teñen continuidade nos nosos días entre osanabaptistas. Outros movementos protestantes creceron ao socairo das liñas domisticismo e dohumanismo, ás veces rompendo conRoma, ou dosprotestantes, ou formándose fóra das igrexas.
Logo desta primeira etapa da Reforma, a consecuencia da excomuñón de Lutero e da condena da Reforma poloPapaLeón X, a tarefa e os escritos deJean Calvin influíron no establecemento dun consenso entre os diferentes grupos enSuíza,Escocia,Hungría,Alemaña e outros lugares.
As fundacións reformistas comungaban coagostiñismo. Tanto Lutero como Calvin identificábanse coas liñas principais do ensinoteolóxico deAgostiño de Hipona. No agostiñismo, os reformadores loitaban contra opelaxianismo, que vían como unha herexía na Igrexa católica dos seus tempos. No curso desta axitación relixiosa, aGuerra dos campesiños alemáns1524-1525 déixase sentir a través deBaviera,Turinxia eSuabia, deixando decenas de católicos asasinados por bandas de protestantes, que incluían a Compañía Negra deFlorian Geier, un cabaleiro deGiebelstadt que se uniu aos campesiños na indignación xeral contra a xerarquía católica.
Aínda que Lutero e Calvin tiñan ensinos teolóxicos moi similares, a relación entre os seus seguidores dexenerou rapidamente nun conflito. O francésMichel de Montaigne contou a historia dun pastor luterano que unha vez afirmou que prefería celebrar unha misa romana antes de participar nun servizo calvinista.[3][4]
A política de separación daIgrexa de Inglaterra deRoma baixo o reinado deHenrique VIII, comezou en1529 e acabou en1536, levando deste xeitoInglaterra a cabo o seu propio movemento reformista. Con todo, os cambios relixiosos na igrexa nacional inglesa realizáronse de forma máis conservadora que no resto de Europa. Os reformistas na Igrexa de Inglaterra alternaron, durante séculos, entre a simpatía polas tradicións católicas e o protestantismo, creando progresivamente un compromiso estable entre a adhesión á tradición antiga e o protestantismo, a miúdo chamado Vía Media.
Martiño Lutero,Jean Calvin, eUlrich Zwingli poden considerarse reformistas maxisteriais debido ao feito de que os seus movementos de reforma se fixeron co apoio das autoridades gobernantes ou "maxistrados".Frederico o Sabio non só apoia a Lutero, que era profesor na universidade que el fundou, senón que tamén o protexeu ocultándoo nocastelo de Wartburg enEisenach. Zwingli e Calvino foron apoiados polos concellos deZürich eXenebra. Como o termomagister tamén significa "mestre", a Reforma maxisterial tamén se caracteriza por unha énfase na autoridade dun profesor. Isto é evidente na importancia de Lutero, Calvino e Zwingli como dirixentes dos movementos de reforma nas súas respectivas áreas maxistrais. Debido á súa autoridade, a miúdo foron criticados por reformadores radicais, que os consideraban demasiado similares aos Papas romanos. Por exemplo, o reformador radicalAndreas Karlstadt referiuse aos teólogos de Wittenberg como os "novos papistas".
O reformismo frustrado doshumanistas, introducido noRenacemento, contribuíu a unha crecente impaciencia entre os reformadores.Erasmo de Rotterdam, e máis tarde figuras comoMartiño Lutero eZwingli, emerxeron deste debate e, finalmente, contribuíron a outrogran cisma nacristiandade. A crise dateoloxía a partir deGuillerme de Occam noséculo XIV estábase producindo en conxunción co descontento da novaburguesía. Desde a ruptura dos fundamentos filosóficos daescolástica, o novo nominalismo non foi un bo augurio para unha igrexa institucional lexitimada como intermediaria entre o home eDeus. As novas correntes de pensamento favorecían a idea de que ningunha doutrina relixiosa podía ser apoiada por argumentos filosóficos, erosionando a antiga alianza entre arazón e afe daépoca medieval establecida porTomé de Aquino.
Os principais movementos da reforma individualista que se rebelaron contra aescolástica medieval das institucións baséanse no humanismo, entre outras tradicións. EnAlemaña, "a vía moderna" ou devocionalismo naceu nas universidades, o que requiriu unha redefinición deDeus, que xa non era racional, senón un primeiro reitor arbitrario, de vontade incognoscible que non pode ser limitado. Deus é agora unha regra, e a relixión sería máis fervente e emocional. Polo tanto levouse a cabo a conseguinte reactivación dateoloxíaagostiña, afirmando que o home non pode ser salvado polos seus propios esforzos, senón só pola graza de Deus, erosionando a lexitimidade da rixidez das institucións da igrexa para proporcionar unha canle para o home de facer boas obras e entrar noceo. O humanismo, con todo, foi algo máis que un movemento de reforma educativa con orixes noRenacemento que recuperou os ensinos clásicos de aprendizaxe e pensamento; converteuse nunha revolta contra a lóxicaaristotélica, fíxose grande énfase na reforma dos individuos a través da elocuencia en contraste coa razón. O Renacemento estableceu as bases para os humanistas do norte no seu reforzo da utilización dolatín como unha lingua unificadora da cultura.
A separación da Igrexa de Inglaterra (ouIgrexa anglicana) deRoma comeza en1529, baixo o reinado deHenrique VIII, e remata en1536. Este feito levouInglaterra a liderar o seu propio movemento reformista, aínda que os cambios relixiosos na igrexa nacional inglesa desenvolvéronse de forma máis conservadora que no resto deEuropa. Os reformistas daIgrexa de Inglaterra alternaron, durante séculos, entre a simpatía pola tradicióncatólica e os principios reformistas, tecendo pouco a pouco o desenvolvemento dunha tradición que se considera un termo medio (vía media) entre os católicos romanos e as tradicións protestantes.
A Restauración Inglesa seguiu un curso diferente da Reforma na Europa continental. Houbera neste país durante moito tempo unha tensión forte debida aoanticlericalismo e Inglaterra xa dera orixe ao movemento dosLolardos, liderado porJohn Wycliffe, que inspirou de forma moi significativa oshusitas enBohemia.
Henrique VIII fora un católico convencido e escribira mesmo un libro con fortes críticas aLutero, pero máis tarde encontrou conveniente e rendible romper co Papado. A súa esposaCatarina de Aragón, tan só lle dera unha filla,María, e dado que Inglaterra atravesara recentemente un longo conflito dinástico, aguerra das Rosas, Henrique temeu que a falta dun herdeiro varón puidese poñer en perigo a reclamación dos seus descendentes ao trono, polo que solicitou a anulación do seu matrimonio para poder casar conAna Bolena. Non obstante, oPapa de Roma,Clemente VII, favorable ao emperadorCarlos V, sobriño de Catarina, negou a súa solicitude de anulación. Deste xeito Henrique apoiouse na afirmaciónluterana de que os Papas substituían a vontade de Deus polo seu propio xuízo e decidiu separar a Igrexa de Inglaterra da autoridade de Roma. Así, no ano 1534, mediante aActa de Supremacía converteuse Henrique no Xefe Supremo da Igrexa de Inglaterra pero non se realizou ningunha modificación doutrinal ou litúrxica substantiva baixo o seu goberno, só se prohibiu a bispos e sacerdotes ingleses ter relación coaCuria Romana e expropiáronse os bens excedentes da Igrexa católica en beneficio da Coroa Real.
Entre 1535 e 1540, baixoThomas Cromwell, levouse a cabo a política coñecida como a disolución dos mosteiros. A veneración dalgúns santos, algunhas peregrinacións e algúns santuarios de peregrinación tamén foron atacados. A propiedade de enormes cantidades de terra da igrexa pasou ás mans da Coroa e en derradeira instancia á nobreza e a aristocracia. O interese por estas transaccións provocou un grande apoio á disolución da Igrexa de Inglaterra coa de Roma. Tamén houbo algúns opositores notables á Reforma comoThomas More e o bispoJohn Fisher, que foron executados pola súa oposición. Tamén houbo un sector cada vez maior dos reformadores que foron imbuídos nas doutrinas reformistas máis correntes do continente.
Tras a morte de Henrique sucedeuno o seu fillo Eduardo co nome deEduardo VI, con apenas 9 anos de idade, durante este reinado producíronse os primeiros avances efectivos da reforma da Igrexa de Inglaterra, pois foi redactado o primeiroLibro de Oración Común[5] (1549), que introduciu, grazas ao traballo doArcebispo de CanterburyThomas Cranmer, certos cambios menores na doutrina e sobre todo na forma de celebrar amisa. Este libro foi a primeira expresión concreta da reforma da Igrexa de Inglaterra.
En1553, Eduardo VI morre á idade de 15 anos, deixando como sucesora aXoana Grey (coroada o 10 de xullo de 1553), quen gobernou só nove días. Produciuse unha breve guerra de sucesión ata que se impuxo como raíña (co apoio da maioría)María Tudor, quen axiña abrogou as reformas relixiosas introducidas durante o reinado de Eduardo VI e someteu novamente, en novembro de 1554, a Igrexa de Inglaterra á obediencia papal.
Restablecido o catolicismo, a Acta de Supremacía e o Libro de Oración Común foron suprimidos e nomeáronse novos bispos, perseguiuse os partidarios da independencia da Igrexa de Inglaterra (xa coñecidos como anglicanos) e algúns deles acabaron na fogueira (non todos eran favorables á reforma relixiosa).
María morreu en1558 aos 42 anos de idade e sen fillos, polo que a súa media irmá,Isabel Tudor foi proclamada raíña. Isabel asumiu o trono de Inglaterra tratando de manter a unidade nacional sobre as diferenzas relixiosas, polo que non mostrou inicial apoio a ningún dos bandos en disputa (protestantes e católicos); con todo, a política internacional e especialmente as conspiracións e rebelións, deron cada vez máis apoio ao bando protestante.
Isabel restaurou a Acta de Supremacía, polo que os bispos partidarios da supremacía católica foron depostos e substituídos, proclamou logo aActa de Uniformidade, que obrigaba a todas as parroquias da Igrexa de Inglaterra a utilizar o Libro de Oración Común (con aqueles pequenos cambios introducidos por Cranmer) co seu texto en inglés e non en latín. Con todo, foi esta "solución relixiosa isabelina" a que en gran medida transformou o anglicanismo nunha tradición distintiva da igrexa. O compromiso era incómodo e era capaz de virar entre o calvinismo extremo por unha banda e o catolicismo romano pola outra, pero en comparación co estado sanguento e caótico da situación na Francia contemporánea, a situación tivo relativamente éxito ata aGuerra Civil Inglesa do século XVII.
EnSuíza tamén se van separar algúns territorios da Igrexa católica; as ideas de Lutero logo chegaron a Suíza, e apareceron unha serie depredicadores, que criticaban a corrupción da Igrexa católica e defendían a creación dunha "Igrexa" distinta. Un dos primeiros foiUlrico Zuinglio. Aínda que compartía moitas das ideas de Lutero, Zwinglio quería dar unha maior liberdade á súa nova "Igrexa" cristiá e rexeitaba o sometemento dos cristiáns á nobreza como defendía Lutero. Ao final o mesmo Lutero criticou a Zwinglio e alegrouse publicamente da súa morte cando Zwinglio morre nun combate contra os suízos católicos.
Pero o principal foco da Reforma Protestante en Suíza vai ser a cidade deXenebra, grazas á actuación deXoán Calvino, que con Lutero é a maior figura da Reforma Protestante.
En Xenebra unha serie de reformadores asaltaran as igrexas e conventos expulsando os sacerdotes católicos, pero estes reformadores non sabían como organizar a nova "Igrexa" que pretendían crear nin tampouco tiñan claro que nova doutrina querían establecer, polo que chamaron unha figura de prestixio dentro do campo protestante, que soubese como organizar a nova Igrexa e dese un contido relixioso claro, e chamaron á cidade a Xoán Calvino.
Este era un francés que estudarateoloxía en varias universidades, entre elas a deParís; aínda que ao principio acepta algunhas das ideas luteranas, moi pronto pensa que Lutero conservou demasiadas cousas da Igrexa católica que debían ser suprimidas. Calvino tamén opina que o home debe acceder á fe por medio da lectura da Biblia, pero considera que se debían de eliminar todos os sacramentos da Igrexa católica, incluíndo os tres que conservara Lutero. Para el todas as imaxes debían ser eliminadas dos templos relixiosos.
Calvino tamén pensaba que non debían existir nin sacerdotes nin bispos e que os xefes relixiosos debían serpastores elixidos polacongregación; pero a teoría relixiosa máis importante que Calvino predicou como produto da súa libre interpretación da Biblia é aPredestinación: segundo esta teoría o home por el mesmo non pode facer nada para alcanzar a salvación, nin pola fe nin polas obras, senón que antes de nacer Deus xa elixiu a un home para a condenación ou a salvación e o home non pode facer nada para cambiar o designio divino. Na sociedade humana pódese distinguir os homes elixidos para a súa salvación entre os que levan unha vida virtuosa e sen pecado e os que teñen riquezas e éxito material na vida, pois iso é sinal da protección de Deus.
Calvino empezou a expoñer as súas ideas en París, pero como Francia era católica tivo que fuxir do Reino e refuxiarse no estranxeiro. Xa empezaba a ser coñecido entre os protestantes europeos como un home firme e enérxico, un gran teólogo e un bo organizador que sabía dirixir os homes, e por esta razón foi chamado polos protestantes de Xenebra.
Cando Calvino chega a Xenebra, toma a decisión de que se quere impoñer unha nova "igrexa" que adopte os seus puntos de vista relixiosos ten que controlar o goberno da cidade; e intenta dar ordes ao consello municipal, que termina por expulsalo de Xenebra.
Con todo, a situación en Xenebra continuaba sen aclararse, as autoridades da cidade eran incapaces de organizar unha "Igrexa" nova e Calvino seguía tendo partidarios na cidade que convencen ás autoridades de Xenebra para que permitan o regreso de Calvino coa promesa de que non se entremeterá no goberno político da cidade. E as autoridades autorizan o regreso de Calvino a Xenebra en1541.
Miguel Servet.
Calvino aprendeu a lección e comprendeu que non pode manifestar abertamente o seu desexo de controlar politicamente a cidade; con todo, non renuncia a tomar o poder de Xenebra, que para el era indispensable para fundar a súa nova Igrexa. Durante doce anos Calvino vai levar a cabo un paciente labor para gañar partidarios no goberno da cidade, aumentar a súa influencia en Xenebra ata que chegase o día en que o goberno e todas as súas institucións estivesen baixo o seu control. Cando xa Calvino está a piques de controlar o goberno prodúcese a execución na fogueira do españolMiguel Servet.
Miguel Servet era un humanista español típico da época doRenacemento, tiña curiosidade por todas as materias, desde aciencia ámedicina pasando polafilosofía e arelixión. Como moitos homes do seu tempo estaba descontento coa Igrexa católica e rexeitaba a doutrina católica milenaria. Servet desenvolveu as súas propias ideas relixiosas e chegou a crer que Xesucristo non fora fillo de Deus, que só tiña natureza humana e non divina; isto era adoptar unha corrente dos primeiros séculos do cristianismo, que a Igrexa católica condenara por herética no século IV e que todos os protestantes rexeitaban con escándalo. Servet foi estudar ás universidades francesas e tamén na de París, onde coñeceu a Calvino. Alí Calvino comezou a ter un profundo odio por aquel español ao que consideraba un perigoso herexe.
Por mor das súas opinións, Servet tivo que escapar de París, cambiou de nome e instalouse como médico enVienne de Isère, localidade preto da fronteira con Suíza; tivo éxito como médico e chegou a adquirir unha respectable situación económica e foi neses anos cando descubriu acirculación dosangue.
Pero Servet seguía coas súas inquietudes relixiosas e escribiu un libro sobre as súas doutrinas a respecto de Xesucristo, que fixo imprimir clandestinamente nunha imprenta secreta.
Pero Servet cometeu o erro de escribir a Calvino en Xenebra enviándolle exemplares do seu libro, e Calvino nunha carta denúnciao áInquisición francesa católica. Con todo, Servet tiña amigos que o protexeron e axudaron a ocultar a súa imprenta, e a Inquisición católica renunciou a investigar. Pero Calvino enviou as cartas que o propio Servet escribira e que eran unha proba irrefutable de que aquel médico era o español Miguel Servet.
A Inquisición católica condena a Servet áfogueira pero a noite antes da execución os seus amigos axúdano a escapar. Servet non sabe a influencia política que Calvino ten en Xenebra e comete o enorme erro de intentar refuxiarse nesa cidade, crendo que alí estaría seguro. En Xenebra, Calvino recoñéceo e consegue que as autoridades da cidade o deteñan como herexe. Calvino quere que se xulgue a Servet e queimalo na fogueira, pero aínda non controla de todo o goberno da cidade e o xuízo de Servet vaise converter nun pulso entre Calvino e os gobernantes da cidade que se opoñen a el, pero finalmente Calvino imponse e Servet é condenado á morte na fogueira, un exemplo claro da "inquisición protestante", que perseguía e executaba aos que consideraba "herexes".
A morte de Servet afastou de Calvino a unha serie de protestantes europeos que se refuxiaron en Xenebra. Estes protestantes tamén tiñan as súas propias ideas relixiosas, sentiron as súas vidas ameazadas e escaparon da cidade; o máis famoso destes refuxiados foiSebastián Castellion que desde o estranxeiro denunciou a Calvino pola morte de Servet defendendo a tolerancia relixiosa e o dereito do home a ter as súas propias opinións; Castellion é considerado o pai daliberdade de pensamento en Europa.
Pero a morte e o xuízo de Servet servíronlle a Calvino para facerse definitivamente co goberno da cidade, os seus adversarios foron expulsados do goberno municipal e algúns deles executados. Agora toda Xenebra obedecía as ordes de Calvino.
Calvino quixo facer de Xenebra a capital relixiosa dun novo cristianismo e quixo obrigar os seus habitantes á forza a levar unha vida virtuosa e cristiá: suprimíronse todos os bailes, prohibíronse todas as cancións, prohibíronse todos os espectáculos e representacións teatrais, pecháronse as tabernas e prohibíronse as bebidas e as borracheiras; todos debían ser bos cristiáns á forza.
Toda Xenebra se converteu nunha cidade calvinista dedicada só ao traballo e á oración. Pero Calvino quería estender a súa comunidade cristiá por toda Europa e en Xenebra fundáronse escolas calvinistas para todos os protestantes estranxeiros que visitaban a cidade; estes estranxeiros debían regresar aos seus países de orixe e ensinar alí a doutrina calvinista. O máis importante destes estranxeiros foi o escocésJohn Knox, que conseguiu que toda Escocia se convertese ao calvinismo; en Escocia os calvinistas recibiron o nome depresbiterianos.Escocia foi o único país onde o calvinismo se converteu en relixión oficial, pero tamén chegou a ser maioritario enHolanda e houbo importantes minorías calvinistas en Alemaña, Inglaterra e en Francia; en Inglaterra os calvinistas recibiron o nome depuritanos e en Francia déuselles o nome dehugonotes.
Oprotestantismo tamén se difundiu desde Alemaña a Francia, onde os protestantes foron chamados "hugonotes ", o que desatou décadas de guerra en Francia.
Aínda que non tivo un interese persoal na reforma relixiosa,Francisco I (que reinou desde1515 a1547) mantivo inicialmente unha actitude detolerancia, derivada do seu interese polo movementohumanista. Isto cambiou o1534 coasunto dos pasquíns (affaire des placards). Neste acto, os protestantes colgaron de forma masiva rótulos denunciando amisa católica, que apareceron en toda Francia, ata chegaron aos apousentos reais. A cuestión da fe relixiosa estaba pois sobre a mesa,Francisco I foi instado a recoñecer o movemento como unha ameaza contra a estabilidade doreino. Isto conduciu á etapa principal da loita e á persecución dos protestantes en Francia, na que se estableceu un tribunal extraordinario que pronunciaba sentenzas moi severas, xeralmente a morte na fogueira, chamada acámara ardente (en francés "chambre ardente") no Parlamento de París para facer fronte ao aumento dos xuízos por herexía. Varios miles de protestantes franceses fuxiron do país durante este tempo, en particularXoán Calvino, que emigrou nun principo paraBasilea en 1535 para instalarse definitivamente enXenebra en 1536.
Calvino seguiu tendo interese polos asuntos relixiosos da súa terra natal e desde a súa residencia enXenebra, máis aló do alcance do rei francés, adestraba regularmente pastores para dirixiren as congregacións reformistas en Francia. Malia a forte persecución porHenrique II, a Igrexa Reformista de Francia, influída en gran medida polo calvinismo, creceu de forma constante a través de grandes sectores da nación, naburguesía urbana e en partes daaristocracia, apelando á xente a alienarse pola obstinación e a compracencia do establecemento católico.
O protestantismo francés viu como a súa influencia se reforzaba a miúdo pola clandestinidade e chegou a adquirir un carácter netamente político, moi evidente polas conversións de nobres durante a década de1550. Isto tivo o efecto de crear as condicións previas para unha serie de conflitos destrutivos e intermitentes, coñecidos como asguerras de relixión. As guerras civís son alentadas aínda máis pola repentina morte deHenrique II en1559, dando lugar ao comezo dun prolongado período de debilidade da coroa francesa. A atrocidade e a indignación convertéronse na característica definitoria da época, ilustrada de forma intensa namatanza do día de San Bartolomeu durante a noite do 23 o 24 de agosto de1572, cando a Igrexa católica masacrou miles de hugonotes en toda Francia[6] (o filósofoPierre de la Ramée foi morto nesta persecución violenta contra os protestantes así como os nobres Armand de Clermont de Pilas ou Saint-Jean-d'Angély...). Os enfrontamentos non terminaron ata que Henrique IV, un antigohugonote, publicou oEdicto de Nantes (1598), prometendo tolerancia oficial á minoría protestante, pero baixo condicións moi restrinxidas. Ocatolicismo segue sendo a relixión oficial do estado, e as fortunas dos protestantes franceses diminuíron gradualmente durante o seguinte século, que culminou noEdicto de Fontainebleau (1685), deLois XIV, que revoga o Edicto de Nantes e declara o catolicismo como única relixión xurídica de Francia. En resposta ao Edicto de Fontainebleau,Frederico Guillerme I de Prusia, declarou oEdicto de Potsdam (outubro de 1685), que permitía o paso aos seus dominios dos refuxiados hugonotes franceses e os eximía do pago de impostos durante 10 anos.
No final do século XVII moitos hugonotes fuxiron para Inglaterra, os Países Baixos, Prusia, Suíza e ás colonias inglesas e holandesas. Unha comunidade significativa mantívose en Francia na rexión deCévennes. Unha comunidade protestante independente, de feluterana, existía na recentemente conquistada (1648) rexión deAlsacia, unha rexión non afectada polo Edicto de Fontainebleau.
A reforma estendeuse rapidamente por toda Europa, e en particular no reino de Hungría, onde adquiriu connotacións políticas moi serias. Os húngaros enfrontáronse cos turcos otománs durante varios séculos, ata que finalmente naBatalla de Mohács en1526, os musulmáns derrotaron os húngaros e morreu o reiLois II de Hungría (xa na época do rei Lois II o poder real se enfrontara cos protestantes húngaros, que pretendían contrapoñerse ao catolicismo).
OReino de Hungría tras a derrota dividiuse en tres partes: unha ao oeste controlada polos xermánicos, ondeFernando I de Habsburgo, irmán do emperador doSacro Imperio Romano Xermánico, foi coroado como rei húngaro; unha rexión central controlada polos otománs, e unha rexión oriental independente na forma doPrincipado de Transilvania, onde o conde húngaroXoán Sexismundo Szapolyai fora aclamado príncipe. Aínda que Szapolyai e toda Transilvania eran independentes, o Estado era vasalo doImperio Otomán e o sultán decidía que nobre húngaro ocuparía o trono do principado e cales serían os seus movementos políticos principais.[7]
Desta forma o novo mapa húngaro tomou forma, e Transilvania e os seus príncipes convertéronse en figuras representantes de Hungría, contrapoñéndose á dinastía dos Habsburgo, que portaba a coroa do reino.Xoán Sexismundo de Zápolya converteuse ao protestantismo e comezou a albergar a todos os filósofos e relixiosos checos e xermánicos que fuxían do Imperio Xermánico e dos Habsburgo. A estratexia de Zápolya e dos posterioresPríncipes de Transilvania foi utilizar o protestantismo como instrumento contra os Habsburgo fielmente católicos, dos cales querían desfacerse para así poder reunificar o reino húngaro dividido baixo a figura húngara de maior relevancia, o líder transilvano.
No ano de1541 publicouse a primeira tradución ao húngaro doNovo Testamento, obra do monxeXoán Sylvester e logo en1590 o pastor protestanteGáspár Károli publicou a primeiraBiblia completa en húngaro, coñecida como aBiblia de Károli. Os príncipes transilvanos promoveron as escolas protestantes, as cales eran cada vez máis populares en cidades comoBratislava,Sopron, Szárlőrinc,Sárvár, da mesma maneira que nos asentamentossaxóns do Principado húngaro independente. Ao mesmo tempo, o novo movemento relixioso protestante deJean Calvin, coñecido comoCalvinismo continuou coa misión do luteranismo e axiña a rexión Nor-Leste do Reino húngaro se mergullou a tal punto na nova confesión relixiosa, que a cidade deDebrecen era denominada naquela época "A Roma Calvinista".
Un dos pensadores protestantes máis significativos foi o pastor húngaroFerenc Dávid (1510-1579), quen primeiro profesou o luteranismo e logo o calvinismo, posteriormente volveuse un gran defensor do anti-trinitarismo, é dicir, non aceptaba a existencia daSanta Trindade, e deste xeito, pronto se converteu no fundador dounitarismo en Transilvania, agregando aínda unha confesión relixiosa máis ao gran mosaico existente naquel tempo. A diversidade relixiosa no principado alcanzou tales niveis que o PríncipeXoán Sexismundo Szapolyai, de confesión protestante, aconsellado polos seus relixiosos, convocou a Grande Asemblea transilvana na cal se sancionou oEdicto de Turda en1568. Este documento rezaba que todas as confesións relixiosas cristiás eran aceptadas por igual no Principado húngaro. Así, este sería o primeiro estado no mundo en recoñecer a diversidade de culto cristián:catolicismo,luteranismo,calvinismo eunitarismo.[8]
Posteriores príncipes como o barón húngaroEsteban Bocskai (1605-1606) e o conde húngaroGabriel Bethlen (1613-1629) foron fortes defensores do protestantismo en Transilvania e Hungría, catapultando os húngaros a un nivel cultural, socio-político e económico de desenvolvemento á vez con Francia, o Imperio Xermánico e Inglaterra. Eles conduciron guerras de independencia contra os Habsburgo, e mesmo Gabriel Bethlen participou naGuerra dos Trinta Anos (1618-1648) apoiando a confederación protestante.[9]
A situación relixiosa na rexión central do reino húngaro inclinábase igualmente cara ao protestantismo, pois aí eran raramente vistos os sacerdotes católicos. Os predicadores protestantes contaban coa protección dos otománs, quen na realidade non se entremetían nos conflitos relixiosos dos cristiáns, senón que o único que lles importaba era que estes pagasen os impostos aos turcos. Como era de supoñer, na rexión do reino húngaro baixo control xermánico, o catolicismo mantívose con gran fortaleza, e aínda que os predicadores protestantes eran comúns, a influencia do rei Habsburgo non permitía a súa predominancia.
Posteriormente os Habsburgo introduciron en Hungría a contrarreforma católica, e o arduo labor dos xesuítas, como o cardealPedro Pázmány, logrou a paulatina conversión de gran parte da poboación ao catolicismo (con todo, Transilvania permanecerá, a grandes liñas, protestante ata a época actual).
A Reforma nosPaíses Baixos, a diferenza de moitos outros países, non foi iniciada polos gobernantes dasDezasete Provincias, senón por múltiples movementos populares, que á súa vez se viron reforzados pola chegada de refuxiados protestantes doutras partes do continente. Aínda que o movementoanabaptista goza de certa popularidade na rexión nas primeiras décadas da Reforma, ocalvinismo converteuse na fe protestante predominante no país a partir de 1560 coa institución da Igrexa Reformista Holandesa.
Ocardeal Richelieu ostentou o poder político enFrancia entre1624 e1642. No cadro, obra deHenri-Paul Motte, vese noAsedio da Rochelle (1627-1628) nun episodio do enfrontamento do reino de Francia contra oshugonotes, que tiñan o control da cidade. Richelieu foi un dos artífices da revogación doEdicto de Nantes e a persecución dos hugonotes en Francia. Malia a súa posición comocardealcatólico,Richelieu decidiu en certo momento facer prevalecer os motivos políticos por encima dos relixiosos nas súas alianzas militares, finalizando o que ata entón fora unha serie de guerras puramente relixiosas. Este feito significará para moitos historiadores o fin da Reforma Protestante.
A Reforma deu lugar a unha serie de guerras relixiosas que culminaron naguerra dos Trinta Anos. De1618 en1648 a católica Casa deHabsburgo e os seus aliados combateron contra os príncipes protestantes deAlemaña, apoiados en varias ocasións porDinamarca,Suecia eFrancia. Os Habsburgo, que gobernaronEspaña,Austria, osPaíses Baixos e gran parte de Alemaña eItalia, foron acérrimos defensores daIgrexa católica. Algúns historiadores cren que a era da Reforma chega ao seu fin cando acatólicaFrancia se alia, primeiro en segredo e máis tarde nos campos de batalla, cos estados protestantes contra a dinastía dos Habsburgo. Por primeira vez desde os días deLutero, as convicciónspolíticas enacionais superan as convicciónsrelixiosas de novo en Europa.
Todas as partes recoñecen aPaz de Augsburgo de1555, pola cal cada príncipe tería o dereito a determinar a relixión do seu propio estado, entre as seguintes opcións: catolicismo, luteranismo e calvinismo (o principio decuius regio, eius religio, cada reino a súa relixión[10]).
Aoscristiáns que vivan en principados onde a súa relixión non for a establecida, garánteselles o dereito a practicaren a súa fe en público durante a hora asignada e en privado á súa vontade.
O tratado tamén terminou efectivamente co poder político paneuropeo doPapa. Plenamente consciente da perda, o PapaInocencio X declarou o tratado "nulo, inválido, inocuo, inxusto, maldito, reprobable, estúpido, baleiro de significado e de efecto para todos os tempos." Os soberanos europeos, tanto católicos como protestantes, non tiveron en conta o seu veredicto
"Sola Fide": a fe soa é necesaria para salvarse, non mediante as obras que son só consecuencia da salvación realizada de forma gratuíta por Deus e inmerecida polo home
↑The journal of Montaigne's travels in Italy by way of Switzerland and Germany in 1580 and 1581; translated by W.G. Waters, John Murray, London, 1903
↑O nome completo en inglés éThe Book of Common Prayer and Administration of the Sacraments and other Rites and Ceremonies of the Church according to the use of the Church of England together with the Psalter or Psalms of David pointed as they are to be sung or said in churches and the form and manner of making, ordaining, and consecrating of bishops, priests, and deacons.
↑Bertényi, I. , Diószegi, I. , Horváth, J. , Kalmár, J. y Szabó P. (2004). Királyok Könyve. Magyarország és Erdély királyai, királynői, fejedelmei és kormányzói. Budapest, Hungría: Helikon Kiadó.