Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Red Hat Linux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir conRed Hat Enterprise Linux ouFedora
Red Hat Linux
Imaxe
(década de 2000)
 Instancia de
 Nome oficial
Red Hat Software Linux (en)
Red Hat Commercial Linux (en)
Red Hat Linux (en)Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Desenvolvedor/a
Características
 Formato de distribución
 Versións
2.0versión estábel(20 de setembro de 1995)
3.0.3versión estábel(15 de marzo de 1996)
9versión estábel(31 de marzo de 2003)
1.0versión estábel(maio de 1995)
0.9versión beta(31 de outubro de 1994)
3.9versión beta(1996)
2.0 betaversión beta(1995)
2.1patch release(en)Traducir(23 de novembro de 1995)
1.1patch release(en)Traducir(1995)
3.95patch release(en)Traducir(agosto de 1996)
3.0.4patch release(en)Traducir(xullo de 1996)
7.1.93(2 de agosto de 2001)
7.1(16 de abril de 2001)
7.0.91(21 de febreiro de 2001)
7.0.90(31 de xaneiro de 2001)
7.1.94(21 de agosto de 2001)
7.0(25 de setembro de 2000)
7.2(22 de outubro de 2001)
7.3.93(29 de xullo de 2002)
7.3(6 de maio de 2002)
8.0(30 de setembro de 2002)
8.0.94(23 de decembro de 2002)
7.2.91(22 de marzo de 2002)
7.3.94(19 de agosto de 2002)
7.3.29(4 de xullo de 2002)
6.9.5(31 de xullo de 2000)
6.2(27 de marzo de 2000)
5.9(17 de marzo de 1999)
6.1(4 de outubro de 1999)
4.8(27 de agosto de 1997)
4.8.1(1997)
4.95(16 de setembro de 1997)
4.2(19 de maio de 1997)
4.0(3 de outubro de 1996)
4.1(3 de febreiro de 1997)
6.1.92(9 de febreiro de 2000)
4.9(7 de outubro de 1997)
4.96(16 de outubro de 1997)
6.0(19 de abril de 1999)
6.0.50(6 de setembro de 1999)
4.9.1(1 de outubro de 1997)
5.2(12 de outubro de 1998)
5.0(1 de decembro de 1997)
5.1(1 de xuño de 1998)
9.0.93(21 de xullo de 2003)Editar o valor en Wikidata
 Licenza
 Plataforma
Datas
 Fundación / creación
1995Editar o valor en Wikidata
 Descontinuación
abril de 2004Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
31 de outubro de 1994Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/06hkzEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Red Hat Linux foi unhadistribución de GNU/Linux creada porRed Hat e mantida ata o 2004.[1] Estivo entre as máis populares nas contornas de usuarios domésticos e servidores.

Características

[editar |editar a fonte]

Foi unha das primeiras distribuciónsLinux. A versión 1.0 presentouse o3 de novembro de1994. Precedérona distribución comoSlackware, pero foi das primeiras distribucións en se desenvolver e comercializar.RPM deseñouse coma o seu formato depaquete, e nun certo prazo serviu coma o punto de partida para varias outras distribucións, tales como a orientada cara a PCs de escritorioMandrake (na súa orixe, Red Hat Linux conKDE),Yellow Dog Linux, a cal se iniciou dende Red Hat Linux con soporte paraPowerPC, eASPLinux (Red Hat Linux cun mellor soporte para caracteres non-Latinos).

Desde o2003, Red Hat desprazou o seu enfoque cara ao mercado dos negocios coa distribuciónRed Hat Enterprise Linux. Red Hat Linux 9, a versión final, chegou oficialmente ao final da súa vida útil o pasado30 de abril de2004, aínda que o proxectoFedora Legacy continúou publicando actualizacións ata o2007.

Mercado

[editar |editar a fonte]

Red Hat Linux foi vendido principalmente como unsistema operativo paraservidores. Tamén foi popular entre compañías que utilizan "granxas" de ordenadores e, do mesmo xeito que a ferramenta incorporada de instalación a través descriptsKickstart permite rapidamente a configuración e a instalación do hardware estandarizado. Desde a versión 8.0, Red Hat Linux encárouse aPCs de escritorios corporativos.

Historia

[editar |editar a fonte]

Red Hat Software Inc. foi fundada en 1994 porBob Young eMarc Ewing. En agosto de1999, Red Hat saíu á bolsa e as súas accións obtiveron a oitava ganancia de primeiro día máis grande en toda a historia deWall Street. Catro anos máis tarde, o valor das accións de Red Hat foi en torno a unha centésima parte do máximo valor que chegara a acadar antes dacrise das puntocom. Aínda así, os seus comezos exitosos no mercado de valores serviron para que Red Hat fose portada en xornais e revistas non directamente relacionadas con temas informáticos. En calquera caso, parece ser que Red Hat soubo superar os problemas doutras compañías do mundo dos negocios en torno ao software libre e anunciou números negros por vez primeira na súa historia no último cuarto do ano2002.

Outro dos feitos históricos máis importantes de Red Hat foi a adquisición en novembro de 1999 deCygnus Solutions, unha empresa fundada unha década antes e que xa demostrara como cunha estratexia integral baseada en software libre pódese gañar diñeiro.

En setembro de2003, Red Hat decidiu concentrar os seus esforzos de desenvolvemento na versión corporativa da súa distribución e delegou a versión común aFedora Core, un proxecto aberto independente de Red Hat.

Características especiais

[editar |editar a fonte]

Red Hat Linux tiña un ambiente de instalación gráfico chamadoAnaconda, deseñado para o seu fácil uso por novatos. Tamén incorporaba unha ferramenta chamadaLokkit para configurar as capacidades dedevasa.

Do mesmo xeito que no Red Hat Linux 8.0,UTF-8 foi habilitado como o sistema de codificación de tipografías para o sistema. Isto ten pouco efecto en usuariosanglófonos, pero cando se usa a parte superior do xogo de caracteresISO 8859-1, estes codifícanse de xeito radicalmente diferente. Isto pode ser visto, por exemplo, por usuarios que falanfrancés ousueco como algo agresivo, pois os seus antigos sistemas de arquivo locen moi diferentes e pode resultar que non os poidan empregar. Pode desfacerse este cambio quitando a parte ".UTF-8" da configuración de linguaxe.

A versión 8.0 foi ademais a primeira en incluír ocontorna de escritorio gráficoBluecurve.

Red Hat Linux careceu de características debido a posibles problemas decopyright epatentes. Por exemplo, o soporte ao formatoMP3 está desactivado tanto enRhythmbox como enXMMS; no seu lugar, Red Hat recomenda usarOgg Vorbis, que non ten patentes. Con todo, o soporte para MP3 pode ser instalado logo, aínda que se require o pago deregalías nosEstados Unidos. O soporte ao formatoNTFS tamén estivo ausente, pero tamén se puido instalar libremente.

Fedora

[editar |editar a fonte]

Orixinalmente o Red Hat Linux foi desenvolvido exclusivamente dentro de Red Hat, coa soa realimentación de informes de usuarios que recuperaban de fallos e contribucións aos paquetes de software incluídos e non as contribucións á distribución como tal. Isto cambiou tardiamente no2003 cando Red Hat Linux fusionouse co ProxectoFedora orientado á comunidade de usuarios. O novo plan é extraer o código base de Fedora para crear novas distribucións deRed Hat Enterprise Linux.

Fedora substitúe ás versións orixinais de Rede Hat Linux para descarga e venda ao detalle. Este modelo é similar á relación que existiu entreNetscape Communicator eMozilla Application Suite, ou entreStarOffice eOpenOffice.org, aínda que neste caso o produto comercial resultante ésoftware libre.

Historial de Versións

[editar |editar a fonte]

O historial de publicacións foi:[2]

O 21 de xullo de 2003 libérase Red Hat Linux, a última versión beta da distribución. Con iso Red Hat abriu o proceso de desenvolvemento aberto da distribución. Red Hat Linux súmase ao "proxecto Fedora Linux", xa existente, converténdoo no "proxecto Fedora". O 25 de setembro de 2003 o proxecto libera Fedora Core 1 versión 0.94, a primeira versión da distribución Fedora. Créase "Red Hat Enterprise Linux" como a versión comercial baseada en Fedora.[3].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Free_Versions_of_Red_Hat_Linux_to_be_Discontinued". fusionauthority.com. Arquivado dendeo orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o2008-03-02. 
  2. As datas recolléronse dos anuncios publicados no grupo de noticiascomp.vos.linux.announce
  3. History of Linux at Red Hat

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Red_Hat_Linux&oldid=7042488»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp