Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Rebezo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexafusionado con"Rebezo pirenaico" (conversa).
Para realizar a fusión das páxinas segueestes pasos.
Rebezo ou rebezo pirenaico
Rupicapra pirenaica

Rebezo pineraico enAigüestortes
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Orde:Artiodactyla
Familia:Bovidae
Subfamilia:Caprinae
Xénero:Rupicapra
Especie:R. rupicapra
Nome binomial
Rupicapra rupicapra
Bonaparte, 1845
Distribución de Rupicapra en Europa durante o holoceno (gris) e na actualidade (vermello)
Distribución deRupicapra enEuropa durante oholoceno (gris) e na actualidade (vermello)

Distribución deRupicapra enEuropa durante oholoceno (gris) e na actualidade (vermello)
Distribución de Rupicapra en Galicia
Distribución deRupicapra enGalicia

Distribución deRupicapra enGalicia
Subespecies
Véxase o texto
Rebezo pirenaico nosPicos de Europa.

Orebezo pirenaico, chamado moitas veces simplementerebezo,[2]Rupicapra pyrenaica, é unmamíferoartiodáctilo dafamilia dosbóvidos,subfamilia doscaprinos, que está presente nalgunhas cadeas montañosas do suroeste deEuropa, con tres poboacións nosPireneos, acordilleira Cantábrica e osApeninos.

Certos autores clasificaron desde antigo os exemplares das montañas do sur de Europa, dos Pireneos e a cornixa Cantábrica, como unhaespecie á parte deRupicapra rupicapra, na que antes estas poboacións estaban incluídas, recoñecéndoa comoRupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado polacomunidade científica internacional.[3]

Características

[editar |editar a fonte]

A lonxitude do corpo nos exemplares adultos oscila entre os 110 e os 130 cm, aos que hai que engadir os 3 ou 4 cme achegados pola curta cola. A altura na cruz é de 70–80 cm e o peso varía entre 20 e 30 Kg.

Os machos son maiores cás femias, coas cores máis escuras e marcadas e a cornamenta de maior lonxitude. Esta nace cara a arriba e cúrvase fortemente cara a atrás como un par de ganchos, tendo unha lonxitude moito menor cá doutros caprinos da súa contorna, como oíbice e acabra montesa.

Ospezuños son fíos e altamente versátiles, capaces de facer subir ao seu dono polas rochas e o xeo sen problema ningún. Isto débese ao senlleiro deseño dasalmofadas que ocupan a parte central dos súas pezuños.

A cor dapelaxe varía segundo a época do ano. No verán é pardo-avermellada, co bandullo, gorxa, fociño e glúteos de cor esbrancuxada, estando a transición entre unha cor e outro pouco marcada. Obsérvase unha banda de pelaxe negra dende a boca aos ollos. Tamén é negra o lombo da cola.

No inverno, pola contra, o pelo é moito máis denso e escuro. O lombo, as patas e a parte posterior do pescozo vólvese parda escura ou agrisada. O negro, ademais de na cola e na cara (onde aumenta en extensión e os seus bordos están máis remarcados), obsérvase tamén formando unha banda moi marcada dende a parte posterior das orellas á base do pescozo, pola parte de diante. Estas bandas negras continúanse na parte alta das patas anteriores e posteriores e nos costados do corpo. O rostro, parte dianteira do pescozo, pés, ventre e glúteos son brancos.

Os rebezos son animais sociais que se moven en pequenos grupos á procura de pastos de montaña. Estes grupos están formados só por machos (que tamén poden ser solitarios) ou só por femias e as súas crías, os cales só se reúnen durante a época de celo.

Son de costumes diúrnos, aínda que a medio día adoitan decrecer na súa actividade, que é maior durante a mañá e a últimas horas da tarde. A vista, olfacto e oído son excelentes. Isto axúdalles a identificar axiña aos seus depredadores, comoosos,lobos,linces ehomes.

Outros perigos que axexan aos rebezos son osaludes, ata o punto de que non é raro atopar rabaños enteiros mortos pola súa causa na época do desxeo. Porén, esta especie non só non se considera ameazada senón que a súa caza está permitida en determinadas zonas.

A esperanza de vida destes animais é duns 20 anos.

Reprodución

[editar |editar a fonte]

Os rebezos españois entran en celo entreoutubro enovembro, mentres que oscentroeuropeos fano en novembro e as primeiras semanas dedecembro. Durante ese tempo, os grupos de machos seguen aos de femias e únense a eles, formándose entón fortes enfrontamentos entre os machos, que loitan testa contra testa polo dereito a reproducirse.

A xestación dura ao redor de 20 semanas, ao termo das cales nace unha soa cría. Esta acada a madurez sexual entre os 2 e os 4 anos, madurando antes as femias cós machos.

Citáronse casos dehíbridos entre rebezos ecabras, sempre estériles, mais a existencia destes mesmos híbridos non puido ser probada nunca de forma irrefutable.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Descrición

[editar |editar a fonte]

A especie foi descrita en1845 polonaturalistafrancésCharles Lucien Bonaparte nun traballo publicado enCat. Meth. Mamm. Europe:17.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Véxase a etimoloxía enRupicapra.

Subespecies

[editar |editar a fonte]
Cría de rebezo noParque Nacional dos Picos de Europa.
Rupuicapra r. ornata nosAbruzos.

Moitos dosautores distinguen tressubespecies:[1][4]

Porén, oMSW e outros autores só contemplan dúas:[5][6]

  • Rupicapra rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845
  • Rupicapra rupicapra ornata Neumann, 1899

Estado de conservación

[editar |editar a fonte]

AUnión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén considerando desde o ano2008 o status desta especie comoLC porque nos últimos anos está aumentando en número de individuos e incrementando a súa área de dispersión, e que non se cre que alcance os limiares de calquera dos criterios para estar nalista vermella. Por iso, a situación das subespeciesR. p. pyrenaica eR. p. parva avalíase como de menor preocupación. Porén, a subespecieR. p. ornata avalíase como vulnerábel, xa que ten unha poboación moi pequena e unha área de dispersión así mesmo moi reducida. Previamente avaliouse, en1996, como en perigo de extinción, pero debido á protección estrita e a un programa de cría en catividade e reintrodución, aumentou a súa poboación. De todos os xeitos son necesarias medidas de conservación para garantir a súa supervivencia futura.[1]

Símbolo

[editar |editar a fonte]

Este animal é a mascota da Selección Nacional deRugby deAndorra, cuxos integrantes son alcumados comoEls Isards (Os Rebezos).[7]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Aulagnier, S.; Giannatos, G. & Herrero, J. (2008):Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 naLista vermella daUICN. Versión 2015.4. Consultada o 11-04-2016.
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras pararebezo.
  3. Grubb, P. (2005):"Order Arthiodactila" en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M.Mammal Species of the World (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. pp. 711–712.ISBN 978-0-8018-8221-0.
  4. Rupicapra pyrenaica noNCBI.
  5. Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 noMSW.
  6. Rupicapra pyrenaica Bonaparte, 1845 noITIS.
  7. "Isards: Rugbi Andorra". Arquivado dendeo orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 11 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Rebezo
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Rebezo

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Díaz d'a Silva. J. I. & Cartelle, Y. (2007):Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións.ISBN 84-96893-20-7.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011):Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Pérez, T.; J. Albornoz & A. Domínguez (2002): "Phylogeography of chamois (Rupicapra spp.) inferred from microsatellites".Molecular Phylogenetics and Evolution25 (3): 524-534.
  • Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987):Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.ISBN 84-282-0784-4.
  • Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971):Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005):Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rebezo&oldid=6824378»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp