Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Realismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde marzo de 2016.)
Por período

Orealismo é unha corrente que abrangue moitas artes, entre as que destacan apintura, afotografía, ocine, aliteratura e afilosofía.

Como corrente literaria e pictórica europea deuse entre1850 e1900. Caracterízase pola observación rigorosa da realidade, o obxectivismo, a temática extraída da vida e intereses da clase socialburguesa e a veracidade absoluta na descrición e creación de personaxes. Por outra parte, o realismo é tamén unha constante estética que tivo diversas formulacións ó longo da historia. Deste xeito, pode falarse xa de realismo nanovela picaresca ou enMiguel de Cervantes, ou distintas versións ó longo da historia da literatura. Poderían encadrarse aquí algunhas tendencias como orealismo socialista ou orealismo sucioestadounidense, xurdidas durante oséculo XX.

Realismo literario

[editar |editar a fonte]

A estética do Realismo, fascinada polos avances daciencia, tenta facer da literatura un documento que sirva de testemuño da sociedade da época, da mesma maneira que afotografía, recentemente nacida. Así, describe todo o cotián e típico e prefire os personaxes vulgares e correntes, de quen toma boa nota a través de cadernos de observación, ós personaxes extravagantes ou insólitos típicos do anteriorRomanticismo. Esta estética propugna á súa vez unhaética, unha moral fundamentada na moderación e síntese de calquera contradición, a obxectividade e omaterialismo.

En canto ós procedementos literarios do Realismo, son característicos o abuso da descrición detallada e prolixa, o uso do parágrafo longo e complexo provisto de abundante subordinación, a reprodución case magnetofónica da fala popular tal cal se pronunciaba e sen corrección ningunha que pretenda idealizala e o uso dun estilo pouco caracterizado, unha linguaxe "invisible" que exprese obxectivamente sen chamar a atención sobre o escritor.

Ó igual cóRomanticismo, o Realismo tivo dúas correntes, unha conservadora, que gababa os vellos costumes populares (José María de Pereda,Juan Valera), e outra progresista, caracterizada pola denuncia social (Benito Pérez Galdós,Leopoldo Alas "Clarín").

Evolución do realismo europeo

[editar |editar a fonte]

A orixe do realismo literario europeo hai que procurala naliteratura española medieval e nanovela picaresca española e, en concreto, na versión que configurou sobre esa tradición o novelistaMiguel de Cervantes. O desmitificador modelo cervantino influíu poderosamente na literatura europea posterior, pero o descrédito polo que pasou o xénero narrativo durante oséculo XVIII aprazou o seu influxo europeo, salvo o caso de Inglaterra, ata ben entrado oséculo XIX.

A novela realista europea vén a ser aépica daclase media ou burguesa que conseguiu —ó longo de sucesivas revolucións que lle foron conferindo cada vez maior poder (1789,1820,1830 e1848)—, instalarse como clase dominante en tódolos aspectos da vida, incluído o cultural e o estético. Os ideais burgueses (materialismo, utilitarismo, busca do éxito económico e social) irán aparecendo na novela pouco e pouco, e na súa fase final tamén irán aparecendo algúns dos seus problemas interiores (o papel da muller instruída e así a todo desocupada; o éxodo do campo á cidade e a mutación de valores subsecuente, por exemplo). Por outra parte, cando se vaian reiterando e esgotando os temas relativos á burguesía, a descrición realista irá penetrando noutros ámbitos e deixará a mera descrición exterior das condutas para pasar á descrición exterior das mesmas, volvéndosenovela psicolóxica e creando procedementos narrativos introspectivos como omonólogo interior, e artellando movementos en certa maneira opostos como, por un lado, oEspiritualismo, que influíu a última etapa de narradores realistas comoBenito Pérez Galdós,Fiódor Dostoievski eLev Tolstói, e por outro oNaturalismo, que esaxeraba os contidos sociais, documentais e científicos do Realismo e que se aproximaba á descrición das clases humildes, marxinadas e desfavorecidas..

EnFrancia foron escritores realistas Henrý Beyle, "Stendhal",Honoré de Balzac,Prosper Mérimée ouGustave Flaubert. NoReino Unido,William Makepeace Thackeray,Charles Dickens e Mary Ann Evans (mellor coñecida polo seu pseudónimo,George Eliot); enRusia,Iván Turguiéñef,Lev Tolstói eFiódor Dostoievski. NosEstados Unidos,Mark Twain,Henry James eTheodore Dreiser. EnItalia, o movemento denominouseverismo e ten ó seu máis caracterizado representante enGiovanni Verga. En canto á literatura escrita en alemán poden considerarse realistas o suízoGottfried Keller e os alemánsAlbert Bitzius (que utilizaba o pseudónimo Jeremías Gotthelf),Hans Theodor Storm eWilhelm Raabe, inda que esta estética inda continuou renovándose durante o século XX a través da obra literaria deThomas Mann.

Realismo en filosofía

[editar |editar a fonte]

O termo realismo é mal interpretado con facilidade na súa aplicación á filosofía. Non significa nin defensa dun mundo natural, nin oposición óidealismo (o oposto deste sería, en todo caso, oempirismo), nin sequera está ligado de forma directa ou explícita coaverdade. As teses fundamentais de todo realismo son:

  • o obxecto de coñecemento é independente do suxeito de coñecemento,
  • no fundamental, o coñecemento do obxecto non é diferente do obxecto.

A razón pola que o termo realismo se aplica a correntes filosóficas moi diferentes entre si é a natureza do obxecto. Pode ser material, pero tamén un obxecto espiritual, unha creación matemática, unha idea, unha teoría científica etc.

Analogamente, as posturas non realistas defenden que o obxecto só existe na nosamente, ou ben que nin sequera ten sentido falar de que dito obxecto exista. Como posturas non realistas nalgún sentido dado encontramos osidealismos, oinstrumentalismo, onominalismo etc.

Filosofía antiga e medieval

[editar |editar a fonte]

O uso máis antigo do termo é en contraposición ónominalismo e óconceptualismo e referido óproblema dos universais. O realismo sostén que osuniversais son realidades independentes das cousas. Oconceptualismo é un realismo moderado no cal os universais son realidades na mente e, inda que carecen de existencia independente, teñen o seu fundamento nas cousas existentes. Onominalismo afirma que os universais non existen en absoluto, sonflatus vocis, palabras que utilizamos para describir grupos de obxectos.

Segundo estas categorías, a teoría das Ideas dePlatón denominouse realismo platónico xa que asumía a existencia deuniversais. Pero non hai que perder de vista que se trata dunha denominación aplicada en séculos posteriores a Platón e que se trata dunha simplificación das súas ideas. Algo similar pódese dicir deAristóteles, ó que se denominou realista moderado, inda que isto en realidade é máis adecuado para o aristotelismo tomista medieval.

Renacemento e Ilustración

[editar |editar a fonte]
Antonio Rotta,The Hopeless Case,Walters Art Museum

A partir doRenacemento e, principalmente, da idade moderna, o realismo entrou en crise na filosofía ante o pulo dosidealismos. O realismo metafísico defendía que o ser (as cousas) ten existencia independente da conciencia. O realismo gnoseolóxico (que se ocupa do modo de coñecer as cousas) afirmaba que, en contraposición óidealismo transcendental deKant, nos é posible coñecer as cousas sen que a nosa conciencia impoña as súas categorías.

Filosofía contemporánea

[editar |editar a fonte]

Na idade contemporánea o realismo recuperou prestixio entre os filósofos. O principal responsable quizabes sexa oneorrealismo que naceu a finais doséculo XIX nos países anglosaxóns.

O realismo inxenuo identifícase co naturalismo filosófico no sentido de que o punto de partida é a existencia da natureza. É a posición intuitiva, do "sentido común".

O realismo crítico afirma que existe a cousa en si, pero que o obxecto inmediato de coñecemento non é necesariamente esta, senón un conxunto de calidades pertencentes á cousa.

Para o realismo absoluto non hai diferenza, nin pode haber, entre o obxecto de coñecemento e a cousa en si. O realismo materialista domaterialismo dialéctico é un tipo de realismo absoluto que foi desenvolvido polos seguidores deKarl Marx, fundamentalmenteLenin. Engade as teses de que o noso coñecemento non é invariable, e sempre hai que razoardialecticamente.

Oneotomismo defende un realismo non naturalista. Existe a cousa en si independentemente de nós, pero esta existencia non se reduce ós obxectos naturais, tamén existen os obxectos espirituais.

Oexistencialismo analiza a existencia do home no mundo, polo que o realismo forma parte da súa mesma base.

O realismo liberal (Antonio Muñoz Ballesta) analiza as sociedades do século XXI baseadas nos principios realistas do político e na ciencia social e económica da Escola austríaca de economía.

Filosofía da ciencia

[editar |editar a fonte]

Na actualidade, a controversia do realismo - antirrealismo desenvólvese fundamentalmente enfilosofía da ciencia. Nesta disciplinafilosófica, un trazo particular do realismo é que non se ocupa tanto danatureza ou a existencia do obxecto como do tipo de relación que hai entre o coñecemento e o obxecto.

Pero non é só a cuestión de se a ciencia estuda ou non a realidade. Hai varias concepcións do realismo, non excluíntes mutuamente, segundo fagan fincapé nun ou outro aspecto:

  • Así, o realismo epistemolóxico defende que as teorías científicas proporcionan coñecemento ou que describen a estrutura da realidade.
  • Para o realismo ontolóxico a realidade existe independentemente de que a ciencia poida proporcionar coñecemento sobre ela. As teorías científicas permitirían (en función do paradigma epistemolóxico en que nos situemos) endescubrir ouachegamos a esta realidade. As cousas existen independentemente de que os humanos teñamos a capacidade de observalas. Popper sería un realista ontolóxico, inda que considera que as teorías científicas sempre se manteñen no ámbito das conxecturas.

Outras variantes do realismo en filosofía da ciencia están relacionadas coa verdade. O realismo semántico defende que as teorías científicas son verdadeiras ou falsas segundo a súa correspondencia coa realidade. Segundo o realismo progresivo o avance da ciencia nos permite un mellor coñecemento da realidade.

Karl Popper eMario Bunge son defensores estritos do realismo da ciencia. Os realistas en sentido forte defenden que as teorías e conceptos científicos nos proporcionan coñecemento sobre a realidade porque hai algún tipo de relación de correspondencia entre as teorías científicas e a natureza.Mario Bunge analiza os problemas de diversas epistemoloxías, dende o racionalismo crítico popperiano ata o empirismo, o neopositivismo, o subxectivismo ou o relativismo. Considerase un realista crítico que ve a ciencia como falible (o coñecemento do mundo é provisional e incerto), pero inda así afirma que a realidade existe e é obxectiva.

Larry Laudan eRonald N. Giere presentan unha postura intermedia entre o realismo e osubxectivismo estritos.Giere afirma que referencia á realidade debe valorarse caso por caso porque o grao de realismo varía entre as ciencias ou, cando menos, nalgunhas delas resulta máis sinxelo encontrar a súa correspondencia coa realidade. Así, aastronomía e abioloxía posúen un grao de realidade moi elevado, mentres que amecánica cuántica utiliza construcións teóricas moi abstractas.

O realismo crítico deRom Harré eRoy Bhaskar destaca que o empirismo e o realismo conducen a dous tipos diferentes de investigación científica. A liña empirista busca novas concordancias coa teoría, mentres que a liña realista intenta coñecer mellor as causas e os efectos. Isto implica que o realismo é máis coherente cós coñecementos científicos actuais.

Arthur Fine promove a actitude ontolóxica natural como postura entre o realismo científico e os antirrealismos. A diferenza do realismo e do antirrealismo, a actitude ontolóxica natural non interpreta a verdade. Considera a esta un concepto básico e como tal o seu uso e a súa lóxica están xa categorizados, polo menos parcialmente. Non é necesario dar conta do, nin tampouco sería posible.

Como movementos non realistas na ciencia encontramos oinstrumentalismo, opragmatismo, diversos tipos defenomenoloxía ou fenomenismo e o idealismo epistemolóxico.

Realismo en música

[editar |editar a fonte]

Na música, Alexander Dargomizhsky trazou un terceiro camiño na música rusa, no da melodía motivada polo significado. Inspirou a moitos músicos posteriores, na maior parte ós músicos da escola romántica, de feito Modest Mussorgsky, considerado o pai do realismo musical, denomina a Dargomizhsky como verdadeiro artífice deste movemento.

Realismo en fotografía

[editar |editar a fonte]

Enfotografía existiron diferentes movementos coñecidos comorealismos fotográficos que emprestaron maior atención á documentación fotográfica da realidade en defecto dos valores estéticos da fotografía.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Realismo&oldid=6688719»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp