Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Raza negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Negro.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Raza (homónimos).
Un home daetnia masai enKenya.
Nenos enNamibia.

Negro ouraza negra son dous termos xenéricos usados para designar o conxunto degrupos étnicos compostos por individuosmelanodermos,[1] frecuentemente orixinarios daÁfrica subsahariana, mais tamén deAsia do sur e deOceanía.[2] O uso desta terminoloxía foi especialmente corrente naEuropa doséculo XIX eXX, en función da clasificación dos pobos humanos segundo un dos criterios aparentes (teoríaracialista).

Usos contemporáneos

[editar |editar a fonte]

A pertinencia da clasificación da humanidade en razas é hoxe en día fortemente contestada, sobre todo a raíz dasecuenciación doxenoma humano:Craig Venter afirma que malia as diferenzas morfolóxicas, é imposíbel separar a humanidade en varias razas, no sentido científico do termoraza. Porén, o termoraza segue a ser de uso corrente para designar asetnias. Desde ese punto de vista, en certos países como osEstados Unidos de América utilízase o termo cunha finalidade de clasificación estatística, sen ningún criterio biolóxico ou científico de ningún tipo. Nos Estados Unidos acabaron por substituír o termo oficialmente polo vocábulo "afroamericano", principalmente a impulsos domovemento polos dereitos civís e deixouse de usar aregra dunha gota en función da cal unha persoa podía serracializada "negra" nos Estados Unidos e a mesma ser "branca" noBrasil, como o caso deLena Horne, por exemplo;[3]Eartha Kitt a pesar de ter ascendenciaalemá eholandesa de parte paterna, e a súa nai tiña sanguecheroqui eafroamericana, era consideradanegra.[4]

O uso do termo inglés "black" (negro) é usado aínda moi frecuentemente, e mesmo polos negros americanos, non así o termo "nigger", que se considera ofensivo e ás veces é substituído polo eufemismo «the N-word».[5] O termo "noir" é de uso común nalingua francesa, e o mesmo que se pode dicir de "negro" engalego ecastelán; nas variedades americanas do español acostuma usarse o vocábulo "prieto", correlato exacto do"preto" usual enportugués padrón; estes casos son posibelmente de orixe eufemística, do mesmo xeito que enfrancés se está a usar oanglicismoblack; en inglés é tamén corrente "negro", mais con matiz despectivo.[6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Atlas marenches éd 1988
  2. La géographie par l’image et la carte, pour la section préparatoire et les classes enfantines, publié par la Librairie Générale vers 1915:
    La race noire peuple le Centre et le Sud de l’Afrique ; Elle peuple aussi une partie de l’Océanie et de l’Amérique.
  3. Carone, Iray; Bento, Maria Aparecida Silva (2017-03-10).Psicologia social do racismo: Estudos sobre branquitude e branqueamento no Brasil(enportugués). Editora Vozes Limitada.ISBN 978-85-326-5103-7. 
  4. "Eartha Kitt, Stage, and Screen Singer born".African American Registry(eninglés). Consultado o2022-05-02. 
  5. "Nigger and Caricature - Anti-black Imagery - Jim Crow Museum".www.ferris.edu. Consultado o2022-05-02. 
  6. "Despiden a una profesora por enseñar la palabra ‘negro’ en clase de español".spanish.people.com.cn. Consultado o2022-05-02. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Raza negra

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
AGalicitas posúe citas sobre:  Raza negra
AGalifontes posúe textos orixinais acerca de:  Raza negra
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Raza_negra&oldid=6483320»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp