Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ray Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRay Allen

(2008)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Walter Ray AllenEditar o valor en Wikidata
20 de xullo de 1975Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Merced, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de ConnecticutEditar o valor en Wikidata
Altura196 cmEditar o valor en Wikidata
Peso96 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, actorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1996Editar o valor en Wikidata - 2014Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
DeportebaloncestoEditar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association eBaloncesto masculino da División I da NCAAEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscoltaEditar o valor en Wikidata
Convocado porMinnesota TimberwolvesEditar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de partidos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
Boston Celtics
Seattle SuperSonics
Miami Heat
1993–1996UConn Huskies
Participou en
2003Copa América de Basquetebol Masculino de 2003(pt)Traducir
2000Xogos Olímpicos de 2000
1995Universíada de Verão de 1995(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSexyy RedEditar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0020931Allocine: 32975Allmovie: p130395TV.com: people/ray-allen
Twitter: greenRAYn20Instagram: trayfourWikiTree: Allen-55712Editar o valor en Wikidata

Walter Ray Allen, nado o20 de xullo de1975 enMerced (California), é un xogador profesionalestadounidense debaloncesto que actualmente éaxente libre. Antes de xogar no equipo deMassachusetts xogou nosMilwaukee Bucks, nosSeattle SuperSonics e nosBoston Celtics, pasando a súa etapa de formación naUniversidade de Connecticut.

É un dos mellores triplistas da historia da NBA, sendo tan só superado en triplas anotadas polo antigo xogador dosIndiana PacersReggie Miller. Foi nove vecesAll-Star e gañou oouro olímpico conEstados Unidos nosXogos Olímpicos de Sidney 2000. A parte do baloncesto, Allen actuou en dúas películas, sendo a máis popular no filmeHe Got Game, deSpike Lee e a outraHarvard Man.

Traxectoria deportiva

[editar |editar a fonte]

Instituto

[editar |editar a fonte]

Allen naceu na Base das Forzas Aéreas Castle en Merced,California. Fillo dun militar, pasou a súa infancia entre Saxmundham enInglaterra, Altus enOklahoma, Rosamond enCalifornia eAlemaña. Allen xogou ao baloncesto no Instituto Hillcrest en Dalzell,Carolina do Sur, conseguindo ser campión estatal co seu equipo.

Universidade

[editar |editar a fonte]

Allen foi unha estrela naUniversidade de Connecticut dende1993 até1996. Na súa tempada debut na1993-94, Allen asinou 12,6 puntos, incluído un 40,2 % en triplas, e 4,6 rebotes de media. Como "sophomore", durante a tempada1994-95, foi incluído no Terceiro Quinteto All-American, logrando tamén ser nomeado Xogador de Baloncesto do Ano enEstados Unidos en1995, tras ser as súas medias de 21,1 puntos (44,5 % en triplos), 6,8 rebotes e 2.,3 asistencias. Na súa seguinte e última campaña foi seleccionado no Mellor Quinteto do All-American, recibindo o premio ao mellor xogador da Big East Conference. Os seus números ese ano foron de 23,4 puntos (cun 46,6 % en triplas), 6,5 rebotes e 3,3 asistencias.

Allen finalizou a súa carreira nos Huskies como o terceiro máximo anotador da súa historia, con 1.922 puntos, estabelecendo un récord de 115 triplas nunha tempada (1995-96). Ademais Allen converteuse no primeiro xogador de UConn que foi nomeado co recoñecemento All-America durante dous anos consecutivos. O5 de febreiro de2007 a súa camiseta foi retirada no pavillón Gampel Pavilion daUniversidade de Connecticut, durante o descanso do encontro que lles enfrontaba aSyracuse Orange.

NBA

[editar |editar a fonte]

Milwaukee Bucks

[editar |editar a fonte]

Allen foi elixido porMinnesota Timberwolves en quinta posición dodraft de 1996. Tras ser elixido, foi traspasado xunto conAndrew Lang aMilwaukee Bucks polos dereitos deStephon Marbury, elixido previamente na cuarta posición. Na súa tempada como rookie gozou do protagonismo esperado. Foi titular en 81 dos 82 partidos que disputou cunha media de 13,4 puntos, cun 39,3 % en triplos, 4 rebotes e 2,6 asistencias. Allen competiu no Concurso de Mates de1997, no que dendePaul Pressey en1986, os Bucks non tiñan representación. Tamén participou no partido de Rookies, anotando 8 puntos. Foi nomeado no Segundo Mellor Quinteto de Rookies desa tempada.

Un ano máis tarde, na tempada1997-98, Allen mellorou considerablemente as súas prestacións: 19,5 puntos, 4,9 rebotes e 4,3 asistencias. Sendo un dos seus mellores encontros aquela tempada os 40 puntos e 10 rebotes que endosou aMinnesota Timberwolves. Na tempada1998-99 liderou aos Bucks a clasificarse para playoffs, onde caeron fronte aIndiana Pacers por 3-0. Os seus números durante a liga regular deste ano foron peores que os da tempada pasada, quedánose en 17,1 puntos, 4,2 rebotes e 3,6 asistencias. Con todo, Allen mellorou as súas prestacións en playoffs para irse até os 22,3 puntos, 7,3 rebotes e 4,3 asistencias. Na1999-00, Allen estreouse no All-Star, onde asinou 14 puntos, participando tamén no concurso de triplas onde acabou terceiro. Con todo, Milwaukee volveu caer en primeira rolda fronte aIndiana Pacers. Ese ano fixo 22,1 puntos por partido, a súa cifra máis alta na etapa en Milwaukee. En verán, Allen participara coa selección deEstados Unidos no Torneo das Américas enPorto Rico.

A campaña2000-01 foi unha das mellores na carreira de Allen, sendo especialmente lembrada polos afeccionados dos Bucks. Adestrados porGeorge Karl, Milwaukee xuntou un dos mellores equipos da súa historia, co seu "Big Three" formado porSam Cassell,Glenn Robinson e o propio Allen, acadando as Finais de Conferencia, onde caeron fronte aPhiladelphia 76ers por 4-3. Allen tivo unha media en liga regular de 22 puntos (cun espectacular 43,3 % en triplas), 5,2 rebotes e 4,6 asistencias. Mellores números aínda tivo en playoffs, ao asinar 25,1 puntos, cunhas porcentaxes de tiro de 47,9 % en triplos e 91,9 % en tiros libres, 4,1 rebotes e 6 asistencias.

En2001 tamén foiAll-Star, gañando ademais o concurso de triplas. Tamén foi nomeado Xogador da Semana na NBA do4 ao9 de abril tras asinar números de 30 puntos, 4 rebotes e 5 asistencias. Este ano tamén conseguiu o primeiro triplo-dobre da súa carreira, fronte aBoston Celtics, con 20 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias. Ray Allen continuou a súa excelente recha de partidos xogados, seguindo sen perderse ningún partido dende que debutou na liga. Para rematar, foi incluído no Terceiro Quinteto da tempada. Na tempada2001-02, os Bucks quedaron fóra de playoffs. Allen volveu serAll-Star por terceiro ano consecutivo, anotando 15 puntos no choque. O máis destacado da súa tempada foron os 400 partidos consecutivos que asinou, incluíndo 388 de titular, a mellor serie daNBA. Porén, unha tendinite no seu xeonllo esquerdo obrigoulle a perderse o seu primeiro partido dende que chegara á liga. Recibiu o Xogador da Semana dúas veces ao longo da tempada. Finalizou a campaña coa súa marca persoal en porcentaxe de triplos cun 43,4 de acerto.

Seattle Supersonics

[editar |editar a fonte]
Ray Allen na súa etapa conSeattle SuperSonics.

A tempada2002-03 supuxo a última cos Bucks. A franquía deWisconsin traspasouno xunto aKevin Ollie,Ronald Murray e unha primeira rolda condicionada dodraft de 2003 a Seattle SuperSonics a cambio deGary Payton eDesmond Mason. Tras o cambio, o xogo de Allen mesmo incrementou de nivel, sendo nomeado para o Segundo Mellor Quinteto da NBA en2005. Con todo, por primeira vez despois de tres anos consecutivos, perdíase o All-Star. Ese ano tamén foi designado comoXogador Máis Deportivo da NBA e unha vez Xogador da Semana daConferencia Oeste tras facer 28,3 puntos, 7,5 asistencias e 6 rebotes nunha semana onde os Sonics lograron un balance de 4-0. O seu debut en Seattle saldouse con 26 punto, 13 rebotes e 9 asistencias, rozando o triplo dobre na derrota anteLos Angeles Lakers. Ningunha lenda dos Sonics tivo un debut tan soado. As súas medias en Seattle foron de 24,5 puntos, 5,6 rebotes e 5,9 asistencias, ademais de ter un 92% en tiros libres. Nesta campaña alcanzou as 1.000 triplas.

Tanto na anterior campaña como na2003-04, Seattle non se clasificou aos Playoffs. Allen volvía ao All-Star, ao que seguiría acudindo consecutivamente até2009. Ese ano tivo unha media de 23 puntos, 5,1 rebotes e 4,8 asistencias. Natempada 2004-05 gozou da súa única tempada en Playoffs cos Sonics. O equipo alcanzou as Semifinais de Conferencia, onde caeron anteSan Antonio Spurs. Os seus números en postempada foron de 26,5 puntos, 4,3 rebotes e 3,9 asistencias. Enagosto de2005 foi renovado por Seattle cun contrato de cinco anos a razón de 80 millóns de dólares. Atempada 2005-06 etempada 2006-07 foron as máis destacadas de Allen na súa carreira deportiva no que se refire a puntos por partido, con 25,1 e 26,4 puntos, respectivamente. O13 de xaneiro de2006, foi suspendido pola NBA con tres partidos por unha pelexa conKeyon Dooling. O12 de marzo de2006, Allen converteuse no 97º xogador da historia da NBA que anota 15.000 puntos. O7 de abril de2006, Allen logrou colocarse na segunda praza na lista de máis triplas convertidos de todos os tempos tras un partido antePortland Trail Blazers, só por detrás do lendarioReggie Miller. O19 de abril de2006, anteDenver Nuggets, Allen rompeu a marca deDennis Scott de máis triplas anotadas nunha tempada, coas súas 268. Ao final do encontro, recibiu unha grande ovación do seu público. Na2006-07 asinou o seu mellor partido en anotación tras anotar 54 puntos fronte aUtah Jazz, a segunda marca máis alta da historia dos Sonics, detrás dos 58 puntos deFred Brown en1974.

Boston Celtics

[editar |editar a fonte]

O28 de xuño de2007 Seattle SuperSonics traspasou a Ray Allen e os dereitos deGlen Davis aBoston Celtics a cambio deDelonte West,Wally Szczerbiak e os dereitos deJeff Green, equipo no que lograría máis tarde o seu primeiro anel de campión. Nun equipo infestado de estrelas e acompañado deKevin Garnett ePaul Pierce, formou unha sociedade clave para devolver aos Celtics á elite despois de 22 anos. Allen fixo en tempada regular 17,4 puntos, 3,7 rebotes e 3,1 asistencias. A pesar de mostrarse desacertado nos primeiros compases de Playoffs, a súa participación foi decisiva na Final da NBA, fronte aLos Angeles Lakers, con grandes actuacións no 4º e especialmente no 6º partido. Tamén conseguiría o récord de triplas anotadas nunhas Finais NBA con 22, e o récord de triplas nun só partido da final con 7, na vitoria deCeltics aLakers por 131-92. As súas medias na Final foron de 20,3 puntos e 5 rebotes por partido, así como unha porcentaxe do 50,7 % en tiros de campo.

Na seguinte tempada, Ray mellorou a súa media anotadora en tempada regular anotando 19,3 puntos por partido e estabelecendo unha marca da franquía en porcentaxe de tiros libres co 95,6 %. En postempada protagonizou unha gran serie ante osChicago Bulls chegando ha anotar 51 puntos no sexto partido e estabelecendo un novo récord para a franquía anotando 9 tripes no partido. O28 de marzo de2008 foi elixido o terceiro dos vinte máis grandes xogadores da historia deMilwaukee Bucks no seu 40 Aniversario, detrás deKareem Abdul-Jabbar eOscar Robertson. O10 de decembro do2009 nun partido ante osWashington Wizards Allen anotou 18 puntos, superando os 20 000 na súa carreira e sendo o xogador número trinta e tres na historia daNBA en conseguilo. Tan só cinco xogadores activos nese intre lograran a marca:Shaquille O'Neal,Allen Iverson,Kevin Garnett,Kobe Bryant eDirk Nowitzki.

Miami Heat

[editar |editar a fonte]

O6 de xullo de2012, anunciouse un acordo entre Allen e osMiami Heat. Ata o11 de xullo non se uniu oficialmente ó equipo.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Allen decides to leave Celtics, joins Heat". Arquivado dendeo orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 07 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Primeira Rolda
Segunda Rolda
Boston Celtics Campións da NBA 2007-08
Miami Heat Campións da NBA 2012-13
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ray_Allen&oldid=6832981»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp