Rauma (ensuecoRaumo) é unha cidade deFinlandia, situada narexión deSatakunta, no suroeste do país. Ten unha poboación de 39.870 habitantes segundo o censo de2012.[1]
Noséculo XIV, antes de ser declarada cidade, Rauma contaba cunmosteirofranciscano e unha igrexacatólica. En1550, os habitantes de Rauma recibiron a orde de trasladarse aHelsinqui, mais isto foi contrarrestado con éxigo e Rauma puido continuar o seu crecemento.
Practicamente a totalidade da cidade de madeira foi devastada nos lumes de1640 e1682. O estiloneorrenacentista de moitos edificios é resultado da prosperidade provocada pola navegación. En1897 Rauma tiña a maior frota de Finlandia, cun total de 57 veleiros. As mercancías eran exportadas principalmente aAlemaña,Estocolmo e ospaíses bálticos. Nos anos 1890, Rauma tivo un colexio universitario que posteriormente foi anexionado áUniversidade de Turku. Unha parte do departamento de educación aínda existe en Rauma.
O nomeRauma vén da palabraxermánicastrauma, que significa "córrego".[2]
Como no resto do país, ohóckey sobre xeo goza dunha gran popularidade en Rauma. OLukko foi fundado na cidade en1936 e compite na primeira categoría do hóckey sobre xeo finlandés, aLiiga. O equipo proclamouse campión finlandés en dúas ocasións (1963 e 2021), así como subcampión tres veces (1961, 1966 e 1988), e gañou a medalla de bronce en seis ocasións máis (1 965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014). Xoga os seus partidos como local noKivikylän Areena.