Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Rattle and Hum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é demasiado curto
Atención:Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación.
Este artigo é demasiado curto ou tan sóunha definición de dicionario. Por favor, axudaampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor,non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado.(Desde xuño de 2017.)
Rattle and Hum
Álbum deU2
Publicado10 de outubro de1998
Gravación1987–1988
Duración72:27
Xénero(s)rock
Selo(s)Island Records
ProdutorJimmy Iovine
Cronoloxía
The Joshua TreeRattle and HumAchtung Baby
Na rede
Spotify: 5DV76VYtjhsEh0v6KwgvY7Last fm: U2/Rattle+and+HumDiscogs: 62619Allmusic: mw0000375268Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rattle and Hum é un álbum híbrido de estudio e ao vivo da banda irlandesa de rockU2, publicado o 10 de outubro de 1988 a través do seloIsland Records. O disco estivo acompañado dun documental dirixido porPhil Joanou, sendo lanzado o 27 de outubro dese mesmo ano coa distribución deParamount Pictures. O álbum foi producido porJimmy Iovine. Tras o éxito do anterior disco da banda,The Joshua Tree, o proxectoRattle and Hum captura as súas continuas experiencias coa música de raíces estadounidense na xira Joshua Tree Tour, incorporando aínda máis elementos de blues rock, folk rock, e gospel ao seu son.

Aínda queRattle and Hum tiña a intención de representar á banda rendendo homenaxe a músicos lendarios, algúns críticos acusaron a U2 de tentar situarse entre as filas deste tipo de artistas. A recepción crítica tanto para o álbum como para a película foi mixta; un editor deRolling Stone falou da "emoción" do álbum; outro cualificouno de "equivocado e grandilocuente".[1] A película recadou só 8,6 millóns de dólares, pero o álbum foi un éxito comercial, alcanzando o número un en varios países e vendendo 14  millóns de copias. O sinxelo principal "Desire" converteuse na primeira canción número un da banda no Reino Unido, chegando ao número tres nos Estados Unidos.[2] Ante un estancamento creativo e unha reacción crítica contraRattle e Hum, U2 reinventouse nos anos 90 a través dunha nova dirección musical e imaxe pública.

Listaxe de cancións

[editar |editar a fonte]

Todas as letras escritas porBono, toda a música composta porU2, agás onde se indique.

N.ºTítuloEscritor(es)IntérpreteDuración
1."Helter Skelter"(ao vivo enDenver, Colorado)Lennon–McCartney (letra e música)U23:07
2."Van Diemen's Land"  The Edge (letra)U23:06
3."Desire"   U22:58
4."Hawkmoon 269"   U26:22
5."All Along the Watchtower"(ao vivo no "Save the Yuppie Free Concert", San Francisco)Bob Dylan (letra e música)U24:24
6."I Still Haven't Found What I'm Looking For"(ao vivo noMadison Square Garden, Nov York) U2 con The New Voices of Freedom5:53
7."Freedom for My People"  Sterling Magee (letra e música); Adam Gussow (música)Sterling Magee and Adam Gussow0:38
8."Silver and Gold"(ao vivo en Denver, Colorado) U25:50
9."Pride (In the Name of Love)"(ao vivo en Denver, Colorado) U24:27
10."Angel of Harlem"   U23:49
11."Love Rescue Me"  Bono e Bob Dylan (letra)U2 con Bob Dylan6:24
12."When Love Comes to Town"   U2 conB.B. King4:14
13."Heartland"   U25:02
14."God Part II"   U23:15
15."The Star Spangled Banner"(ao vivo)John Stafford Smith (música)Jimi Hendrix0:43
16."Bullet the Blue Sky"(ao vivo noSun Devil Stadium,Tempe, Arizona) U25:37
17."All I Want Is You"   U26:30
72:27
Álbums de estudio
Recompilatorios e EPs
Outros álbums
Vídeos e filmes
Xiras e concertos
Outras persoas relacionadas
Artigos relacionados
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobremúsica é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Gardner, Elysa (1992-01-09)."Achtung, Baby".Rolling Stone(eninglés). Consultado o2024-10-20. 
  2. McGee (2008), p. 119
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rattle_and_Hum&oldid=6867812»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp