Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ratiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ratiño
Clasificación científica
Reino:Fungi
División:Basidiomycota
Clase:Agaricomycetes
Orde:Agaricales
Familia:Tricholomataceae
Xénero:Tricholoma
Especie:T. terreum
Nome binomial
Tricholoma terreum
(Schaeff.)P. Kumm. 1871
Sinonimia
  • Agaricus myomycesPers. 1794 (tb. subsp.myomyces e var.myomyces)
  • Agaricus pullusBatsch 1783
  • Agaricus terreusSchaeff. 1762
  • Agaricus terreusSchaeff. 1762 var. terreus
  • Gymnopus myomyces(Pers.) Gray 1821
  • Tricholoma bisporigerumJ.E. Lange 1933
  • Tricholoma myomyces(Pers.) J.E. Lange 1933
  • Tricholoma myomyces f.bisporigerum(J.E. Lange) Bon 1975
  • Tricholoma myomyces(Pers.) J.E. Lange 1933 (tb. f.myomyces e var.myomyces)

Oratiño[1] (Tricholoma terreum), é uncogomelo comestíbel cochapeu cónico cando é novo e plano convexo na madureza, decor agrisada, máis clara cara á marxe, pé cilíndrico, branco ou con tonalidades agrisadas e sabor doce.[2] Pertence ao xéneroTricholoma.[3]Tricholoma myomyces é un sinónimo da especie.

Orixinalmente, describiuse comoAgaricus terreus en 1762 por parte de Jacob Christian Schäffer e, dous anos despois, comoAgaricus myomyces por Christian Hendrik Persoon. O seu nome actual débese a Paul Kummer, que o circunscribiu ao xénero en 1871.

Trátase dun fungo cun corpo de frutificación en forma de cogomelo de cor cinsenta, con escamas agrisadas tamén. Oestipe carece de anel ou volva. Ohimenio é laminado e de cor clara, as lamas dispóñense de xeito libre. As esporas son ovais, de 6–7 μm de lonxitude e 3,5-4,4μm de largura.[4][5]

Considérase un bo comestíbel, aínda que a súa semellanza con especies tóxicas recomendan moita precaución na súa colla e identificación.[5][6]

Distribución e hábitat

[editar |editar a fonte]

O ratiño atópase en Europa. Os cogomelos abrollan baixo as coníferas, particularmente enpiñeirais e formacións depiceas dende finais do verán até finais do outono. Poden tamén aparecer en parques, preto dese tipo de árbores, medrando en grupos bastante densos que forman aneis. Foi introducido en Australia, onde aparece baixo plantacións exóticas depiñeiro insigne (Pinus radiata).[7][8]

Gastronomía

[editar |editar a fonte]

Posúe un sabor lene, polo que se considera unha boa especie de cogomelo comestíbel. Adóitase atopar nas feiras das vilas de Francia xunto con funís anubrados (Clitocybe nebularis) e mais costortullos (Tricholoma portentosum). Porén, as autoridades recomendan que os afeccionados á micoloxía eviten todas as especies deTricholoma de cores agrisadas xa que son moi semellantes e algunhas son velenosas.[6] Ensaios químicos recentes amosan que esta especie pode conter toxinas que poderían causarrabdomiólise (creba oulise rápida de músculo esquelético (rabdomio) debido á lesión no tecido muscular).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nome vulgar galego enDicionario de alimentación e restauración (VVAA, 2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Definición enDicionario de alimentación e restauración (VVAA, 2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. "Tricholoma terreum".Index Fungorum(eninglés).CAB International,CBS eLandcare Research New Zealand Limited. 
  4. Mushrooms. Pan MacMillan. 1947.ISBN 0-330-44237-6. 
  5. 5,05,1The Great Encyclopedia of Mushrooms. Könemann. 2005.ISBN 3-8331-1239-5. 
  6. 6,06,1Zeitlmayr, Linus (1976). Garden City Press, Hertfordshire, ed.Wild Mushrooms: An Illustrated Handbook. pp. 72–73.ISBN 0-584-10324-7. 
  7. Grey, Ed e Pat (2006). Royal Botanic Gardens Melbourne, ed."FNCV FUNGI GROUP FORAY: LERDEGERG RIVER WALK, JACK CANN RESERVE, BLACKWOOD, 2 xullo 2006"(PDF).Royal Botanic Gardens Melbourne website- fungimap section. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 29 de agosto de 2008. Consultado o2009-02-21. 
  8. Keane, Philip J.; Kile GA; Podger FD (2000). CSIRO Publishing, ed.Diseases and Pathogens of Eucalypts. Canberra. pp. 84.ISBN 0-643-06523-7. 
Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ratiño&oldid=6041860»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp