![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 2001![]() Ourense, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Feminino(pt)![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | FIBA Women's EuroBasket 2021(en)![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Raquel Carrera Quintana, nada enOurense o31 de outubro de2001, é unha xogadoragalega debaloncesto, que xoga noValencia Basket daLiga Feminina española e naselección española.[1]
Mide 188 centímetros e xoga na posición deala-pivote.[2] Tras formarse noPabellón Ourense da súa cidade natal, fichou poloCelta de Vigo, onde aos 14 anos se converteu na xogadora máis nova en debutar co primeiro equipo. Tras catro tempadas no club vigués deu o salto ámáxima categoría do baloncesto español fichando poloValencia Basket.
En abril de 2021 deulle ao equipo valenciano o seu primeiro título, ao anotar os dous tiros libres decisivos na final daEuroCup contra oReyer Venezia. Catro días despois fixo historia de novo ao ser elixida no 15º lugar do draft daWNBA poloAtlanta Dream, sendo este o posto máis alto acadado por unha xogadora española en toda a historia.
Comezou a xogar ao baloncesto aos 7 anos no equipo do colexio San José - Josefinas deOurense, e tras un breve paso poloPabellón Ourense fichou poloCelta de Vigo.[3][4] No club vigués foi elixida MVP do Campionato de España cadete na tempada 2015/16.[5] En outubro de 2016, aos 14 anos, 11 meses e un día, debutou co primeiro equipo naLiga Feminina 2, converténdose na xogadora céltica máis nova da historia, desbancando aMaría Pérez Araújo.[6] Continuou dúas tempadas máis no Celta, e na derradeira delas, a 2018/19, tivo unha media de 12,3 puntos por partido e 17,6 de valoración, sendo ademais elixida MVP da fase de ascenso áLiga Feminina.[7][8]
En maio de2019, aos 17 anos, converteuse en xogadora profesional ao asinar un contrato por 5 tempadas co clubValencia Basket, damáxima categoría.[1][9][10][2] No seu primeiro ano foi cedida aoAraski AES deVitoria,[11][12] e, aínda que a tempada foi cancelada antes do remate polapandemia de COVID-19, foi elixida como a xogadora con maior proxección da liga, despois de facer unha media de 6,3 puntos, 4,6 rebotes e de ser a quinta xogadora con máis tapóns da liga.[13]
Na tempada 2020/21 regresou da cesión e xogou co Valencia. Foi finalista daCopa da Raíña e debutou en competición europea naEuroCup, na que o seu equipo chegou invicto á final. Nas semifinais contra oFlammes Carolo Basket anotou 22 puntos e realizou 8 rebotes, con 27 de valoración.[14] Na final, disputada contra oReyer Venezia italiano na cidade húngara deSzekszárd, o equipo veneciano gañaba por un punto a falta dun segundo, cando Raquel Carrera dispuxo de dous tiros libres. Anotou ambos lanzamentos, colocando o 81-82 no marcador e dándolle deste xeito ao club valenciano o primeiro título da súa historia.[15]
Catro días despois, o 15 de abril de 2021 foi elixida no posto 15 do Draft daWNBA poloAtlanta Dream, converténdose na española con mellor posto na historia do Draft.[16][17] Rematou a tempada como subcampioa de liga, despois de que o Valencia perdese a final contra oPerfumerías Avenida por 2-1.
Xogou nas categorías inferiores daselección española desde 2014, cando xogou coa selección sub-13 enEslovenia.[18] Posteriormente pasou polas seleccións sub-14 e sub-15 e en xuño de2016, cando tiña aínda 14 anos, disputou coa selección sub-17 o Campionato do Mundo sub-17 enZaragoza.[19] Un mes despois gañou coa selección sub-16 o Campionato de Europa celebrado enItalia, aínda que non puido xogar nas semifinais nin na final por unha lesión sufrida no partido de cuartos de final.[20] Ao ano seguinte liderou á selección sub-16 nun novo Europeo, pero non puideron revalidar o título, ao caer en cuartos de final contra Italia, quedando finalmente co quinto lugar.[21]
En xullo de 2018 disputou o Campionato Europeo sub-18, no que o equipo español acabou subcampión tras perder a final contraAlemaña. Foi a mellor xogadora española na final, con 10 e 7 rebotes.[22] Ao mes seguinte xogou no Campionato do Mundo sub-17 enMinsk, onde España caeu en cuartos fronte aosEstados Unidos.[23]
En novembro de2020 foi convocada por primeira vez polaselección española absoluta,[24] coa que debutou oficialmente o 23 de maio de 2021 nun amigable contraFrancia.[25] Só unhas semanas despois entrou na convocatoria do seleccionadorLucas Mondelo para osXogos Olímpicos de Toquio.[26] Xa na capital xaponesa, conseguiu co equipo español tres vitorias nos tres partidos da fase de grupos, contraSerbia,Canadá eCorea do Sur, caendo nos cuartos de final contraFrancia nunha apertada final (64-67).[27]
Valencia Basket