Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Rangers F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O artigo non é neutral
Este artigo ou apartado conténafirmaciónsnon neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de formasubxectiva sen achegarinformación neutral everificable. Por favor, axudemellorando este artigo.
Rangers
NomeRangers Football Club
Alcume(s)The Gers;
The Teddy Bears;
The Light Blues
FundaciónMarzo,1872
EstadioIbrox Stadium,
Glasgow,Escocia
Inauguración1899
Capacidade50.817
PropietarioRangers International Football Club Plc
PresidenteEscocia Dave King
AdestradorInglaterraSteven Gerrard
LigaScottish Premiership
2021/222.º
VestimentaCastore
Patrocinador32Red
Na rede
http://www.rangers.co.uk/
Facebook: rangersfcTwitter: rangersfcInstagram: rangersfcTikTok: rangersfcEditar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

ORangers Football Club é un club defútbol da localidade deGlasgow (Escocia) que adoita ser chamadoGlasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers para tentar face-la diferenciación con respecto óQueens Park Rangers londiniense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes"The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers,"Light Blues" pola cor da súa camisola e"The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.

En2012 o Rangers F.C. entrou nunha profunda crise financeira debido a problemas coa administración de impostos doReino Unido, polo que o14 de xuño do mesmo ano, tras non poderse solucionar a dura situación económica do club, o equipo desapareceu, véndose obrigado a refundarse na Terceira División escocesa.

Historia

[editar |editar a fonte]

Club nado no1872 e que foi o primeiro do mundo en acadar 55 títulos do se campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2012-13 xa acumulaba 117).

É moi sonada a grande rivalidade que o Rangers ten coCeltic. É o derbi por excelencia deEscocia e pode que do mundo posto que o mesmoSir Alex Ferguson fala na súaautobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dala o futbolista ferrolán do RangersNacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ámbolos dous clubs se fala doOld Firm.

O primeiro equipamento do equipo é o de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.

O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o deIbrox Stadium cunha capacidade para 50.987 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criteriosUEFA e é o terceiro en capacidade de público de Escocia tan só por detrás, e nesta orde, doCeltic Park e doHampden Park onde xoga aSeleción Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.

O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extintaRecopa no ano1972 tras derrotar óDínamo de Moscova noCamp Nou por 3-2.

O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dosprotestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma "Bears" e "Bluenoses".

Xogadores

[editar |editar a fonte]

Actualizado 13 de xuño de 2018

PostoPaísXogador
1PORInglaterraWes Foderingham
2DEFInglaterraJames Tavernier(Capitán)
3DEFGalesDeclan John(en préstamo deCardiff City)
4DEFPortugalFábio Cardoso
5DEFEscociaLee Wallace
6DEFEscociaDanny Wilson
7MEDPortugalDálcio(en préstamo deBenfica B)
8MEDEscociaRyan Jack
9DIAEscociaKenny Miller
10MEDEscociaGraham Dorrans
11MEDInglaterraJosh Windass
15DIAEduardo Herrera
16MEDEscociaAndrew Halliday
17DEFLee Hodson
18MEDInglaterraJordan Rossiter
19MEDCroaciaNiko Kranjčar
20DIAAlfredo Morelos
PostoPaísXogador
21MEDPortugalDaniel Candeias
22DEFPortugalBruno Alves
23MEDEscociaJason Holt
24DEFEscociaDavid Bates
25PORInglaterraJak Alnwick
27MEDCarlos Peña
26DIAEscociaJason Cummings
28MEDInglaterraAaron Nemane(en préstamo deManchester City)
30MEDJordan Thompson
31DIAEscociaRyan Hardie
32POREscociaLiam Kelly
34DEFEscociaAidan Wilson
35MEDEscociaJamie Barjonas
36DEFMyles Beerman
40DEFEscociaRoss McCrorie
42MEDEscociaLiam Burt

Adestradors

[editar |editar a fonte]
NomeNacionalidadePeríodoLigaCopaCopa da LigaUEFATotal
Wilton, WilliamWilliam WiltonEscociaEscocia1899-1921819
Struth, BillBill StruthEscociaEscocia1921-19541810230
Symon, ScotScot SymonEscociaEscocia1954-196765415
White, DavidDavid WhiteEscociaEscocia1967-196900000
Waddell, WilliamWilliam WaddellEscociaEscocia1969-197200112
Wallace, JockJock WallaceEscociaEscocia1972-197833208
Greig, JohnJohn GreigEscociaEscocia1978-198302204
Wallace, JockJock WallaceEscociaEscocia1983-198600202
Souness, GraemeGraeme SounessEscociaEscocia1986-199130407
Smith, WalterWalter SmithEscociaEscocia1991-1998733013
Advocaat, DickDick AdvocaatPaíses BaixosPaíses Baixos1998-200122105
McLeish, AlexAlex McLeishEscociaEscocia2001-200622307
Le Guen, PaulPaul Le GuenFranciaFrancia2006-200700000
Smith, WalterWalter SmithEscociaEscocia2007-201132308
McCoist, AllyAlly McCoistEscociaEscocia2011-201420002
Warburton, MarkMark WarburtonInglaterraInglaterra2015-201710001
Caixinha, PedroPedro CaixinhaPortugalPortugal201700000
Murty, GraemeGraeme MurtyEscociaEscocia2017-201800000
Gerrard, StevenSteven GerrardInglaterraInglaterra2018-presente10001

Os adestradores intermedios foronWillie Thornton (2 partidos en 1969),Tommy McLean (4 partidos en 1983),Ian Durrant (1 partidos en 2007) eGraeme Murty (6 partidos en 2017).

Xogadores famosos

[editar |editar a fonte]
Categoría principal:Xogadores do Rangers FC.

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar |editar a fonte]
  • Liga escocesa (55): 1891, 1899, 1900, 1901, 1902, 1911, 1912, 1913, 1918, 1920, 1921, 1923, 1924, 1925, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937, 1939, 1947, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1975, 1976, 1978, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2003, 2005, 2009, 2010, 2011, 2021
  • Escocia Terceiro División (1): 2013
  • Escocia Liga Un (1): 2014
  • Escocia Campionato (1): 2016
  • Copa de Escocia (33): 1894, 1897, 1898, 1903, 1928, 1930, 1932, 1934, 1935, 1936, 1948, 1949, 1950, 1953, 1960, 1962, 1963, 1964, 1966, 1973, 1976, 1978, 1979, 1981, 1992, 1993, 1996, 1999, 2000, 2002, 2003, 2008, 2009
  • Copa da Liga de Escocia (27): 1946, 1948, 1960, 1961, 1963, 1964, 1970, 1975, 1977, 1978, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1998, 2002, 2003, 2005, 2008, 2010, 2011
  • Liga de Escocia (entreguerras): 1940.
  • Southern League (entreguerras): 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946.
  • Milk Cup: (Premier) 1984, 1992. (Júnior) 1985.
  • Drybrough Cup: 1979.
  • Tennents' Sixes: 1984, 1989.
  • Escocia Desafío Cup: 2016.

Torneos internacionais

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Páxina oficial

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rangers_F.C.&oldid=6500387»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp