Ramiz Alia, nado enShkodër o18 de outubro de1925 e finado enTirana o7 de outubro de2011, foi un políticoalbanés, presidente do país entre1985 e1992. Alto dirixente doPartido do Traballo de Albania, chegou a ser membro do seu Politburó e secretario do Comité Central. En1985 foi escolleito Presidente da Asemblea do Pobo (Parlamento) e polo tanto, Xefe do Estado.
Ao falecerEnver Hoxha en1985, sucedeuno como secretario xeral do PTA, polo que se converteu no máximo dirixente de Albania. A pesar de afirmar no funeral de Hoxha queAlbania será sempre forte, sempre vermella, como ti a deseaches, camarada Enver, levou a cabo unha serie de reformas que culminaron coa privatización da economía e a convocatoria de eleccións multipartidistas en1991.
Tralo triunfo doPartido Socialista de Albania (refundación do antigo Partido do Traballo de Albania) foi escolleito Presidente da República, pero dimitiu en1992 tras unha folga xeral. Ese mesmo ano foi detido e acusado dexenocidio e crimes contra a humanidade, permanecendo no cárcere até1997.