Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ramón María Aller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón María Aller

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1878Editar o valor en Wikidata
Donramiro, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1966Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Lalín, EspañaEditar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo
Universidade Complutense de MadridEditar o valor en Wikidata
Director de teseEsteve Terradas i IllaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónomo, matemático, sacerdote católicoEditar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoRafael Cid Palacios,Antonia Ferrín eEnrique Vidal AbascalEditar o valor en Wikidata
Familia
PaiDomingo Enrique Aller RodríguezEditar o valor en Wikidata
IrmánsJesús Aller UlloaEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio CañadaEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 71847Galiciana: 146870BNE: XX920561BUSC: aller-ulloa-ramon-maria-1878-1966Dialnet: 3022356

Ramón María Aller Ulloa, nado nopazo de Filgueiroa deDonramiro (Lalín) o3 de febreiro de1878 e finado na vila de Lalín o28 de marzo de1966, foi un astrónomogalego, ademais de sacerdote e matemático.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Fillo do notario de LalínDomingo Enrique Aller Rodríguez e afillado do deputadoRamón Villar Ulloa, comezou a estudar noColexio dos xesuítas de Camposancos, naGuarda, e continuounos no seminario deLugo.[1] Con vinte anos obtivo un doutoramento enteoloxía. Foi ordenado sacerdote con dispensa de dous anos, e, aos 26, acadou como alumno libre unha licenciatura en Ciencias Exactas polaUniversidade de Madrid. Na década de 1910 construíu na súa casa, enLalín, o primeiro observatorio astronómico de Galicia[2].

En1939, encargouse de explicarXeometría eAnálise Matemática naUniversidade de Santiago de Compostela. En 1943 doutorouse na Universidade de Madrid, e no1944 na Universidade de Santiago creouse a Cátedra deAstronomía para el; grazas á súa colaboración e doazóns dos seus aparellos de astronomía, a Universidade de Santiago dispuxo dunobservatorio[3], que hoxe leva o seu nome[4] ; nel continuou cos seus estudos do firmamento, sempre cunha estreita relación con importantes astrónomos europeos da época. Na universidade de Santiago dirixiu as teses doutorais deEnrique Vidal Abascal (On the orbits of visual double starts),Antonia Ferrín Moreiras (Observaciones de pasos por dos verticales),Rafael Cid Palacios[5],Francisco Múgica Buhigas, eJuan Antonio Zaera Toledo.

Ramón María Aller foi membro doSeminario de Estudos Galegos onde ingresou no ano 1928, cun discurso de entrada titulado "D.José Rodríguez González: o matemático de Bermés"[6], da Academia das Ciencias Exactas deMadrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais, así como daReal Academia Galega, na que ingresou o27 de xullo de1941 canda outros dezanove académicos de número.

Inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio deParís. Dominaba dez idiomas.

Obras

[editar |editar a fonte]

En palabras de José Angel Docobo Durántez

"A produción científica de Aller, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas... 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas e 4 estrelas dobres descubertas. Ademais, foi autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e unha infinidade de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX"[7]

Algunhas das publicacións de Ramón M. Aller son:

  • Algoritmía. principios fundamentales de la ciencia de los números. A Coruña: Lit e Imp. Roel, 1919.
  • Astronomía a simple vista. Santiago de Compostela:Porto y Cía. Editores, 1948. Reeditado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela en 1998.[8]
    • Versión en galegoAstronomía a ollo ceibe daUSC e Secretaria Xeral de Política Lingüística, no 2016.[9]
  • Ensayos de observaciones de pasos por dos verticales. Santiago de Compostela: Observatorio, 1946.
  • Introducción a la astronomía : proyecto de un libro... escrito durante el año de 1930. Santiago :Secretariado de Publicaciones de la Universidad, 1985.
  • Introducción a la astronomía. Madrid: CSIC, 1943. Reeditado en 1957.
  • José Rodríguez González (o matemático de Bermés). A Coruña: Imp. Nós, 1929.
  • "Notas sobre observaciones de estrellas dobles". En : Asociación española para el progreso de las ciencias. Congreso XIV. 1934. Santiago de Compostela. Asociación Española para el Progreso de las Ciencias. XIV celebrado en Santiago de Compostela. Madrid, 1935. p. 71-80.
  • "Nuestro universo, la galaxia". EnLar, 236-237, (1953), p. 55.
  • "Valores inadmisibles para una media aritmética". EnBoletín de la Universidad Compostelana, 73-74 , 81965-66, p. 33-39.
  • Nuevos métodos en observaciones de pasos . Santiago de Compostela : Observatorio de Santiago, 1944.
  • El Observatorio astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas. A Cruña : Nos, 1929.
  • Los Observatorios de Lalín y de Santiago. Santiago de Compostela : Observatorio de Santiago, 1944.
  • Sobre observaciones de pasos por dos verticales. Santiago de Compostela : Observatorio de Santiago,1949.
  • "Valores inadmisibles para una media aritmética". EnActa Científica Compostelana, Vol. 1, n.3 (1964); p. 153-159.

Galardóns e homenaxes

[editar |editar a fonte]

Foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio deSantiago de Compostela,cóengo de honra da Catedral de Santiago, e fillo adoptivo da cidade de Santiago. O inglésWilkins puxo o nome de Aller a un cráter daLúa.

En 1960 Galicia recoñece o labor de Ramón M. Aller cun gran homenaxe en Lalín[10], no 2010 adícaselle o Día da Ciencia en Galego[11], e no 2011 a Real Academia Galega de Ciencias adícalle o Día do Científico Galego dese ano[12].

A Aula Magna daFacultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome[13].

O cráter Aller

[editar |editar a fonte]

Hugh Percy Wilkins e Patrick Moore (no seu libroThe Moon), propuxeron o nome de Aller (como homenaxe ao seu traballo astronómico) para identificar ocráter Langrenus K (nome orixinal na nomenclatura daIAU con entrada de catálogo 4689) e durante as décadas dos anos1950 e1960 foi coñecido como cráter Aller nos mapas da superficie daLúa, e así era coñecido nachegada do home a Lúa. O nome actual do cráter é unha homenaxe ao matemático inglésGeorge Atwood, foi introducido provisionalmente no ano 1974 e adoptado oficialmente pola IAU no ano 1976, hoxe coñécese como cráter Atwood (alias Aller).[Cómpre referencia]

O cráter está situado noMar da Fecundidade (Mare Fecunditatis) nas coordenadas 5.8°S 57.7°E, ten un diámetro de 28,64 km e unha profundidade de 2,5 km.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Monumento en Lalín, obra de Asorey.
    Monumento en Lalín, obra deAsorey.
  • Pazo de Filgueiroa.
    Pazo de Filgueiroa.
  • Observatorio de Ramón María Aller en Lalín, dentro do actual museo Ramón Aller.
    Observatorio de Ramón María Aller en Lalín, dentro do actual museo Ramón Aller.
  • Observatorio da USC, denominado Ramón María Aller.
    Observatorio daUSC, denominado Ramón María Aller.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Brandido Gutiérrez, Carlos (2008). Seminario Diocesano, Lugo, ed. "O Gran astrónomo galego Don Ramón María Aller".Lucensia (36): 11– 26. 
  2. Aller Ulloa, Ramón María (1929). Nós, ed.El observatorio astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas. 
  3. Aller Ulloa, Ramón María (1944). Observatorio de Santiago, ed.Los observatorios de Lalín y de Santiago. 
  4. "Observatorio Ramón M. Aller da Universidade de Santiago de Compostela". Consultado o 08/11/14. 
  5. Calvo Pinilla, Manuel (2004). Academia de Ciencias Exactas, Físicas, Químicas y Naturales, ed."Nota necrológica. D. Rafael Cid Palacios".Revista de la Academia de Ciencias Exactas, Físicas, Químicas y Naturales de Zaragoza (Número 59 (serie 2a)): 123–125. Consultado o 8/11/14. 
  6. Aller Ulloa, Ramón M. (1929). "D. José Rodríguez González: o matemático do Bermés".Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (Tomo 3): 27–95. 
  7. Doco Durántez, José Angel."Ramón María Aller Ulloa O iniciador da investigación astronómica en Galicia". Arquivado dendeo orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 08/11/14. 
  8. Astronomía a simple vista enGoogle Books(encastelán).
  9. GCiencia.com (ed.)."Sae en galego o compendio de astronomía de Ramón María Aller". Consultado o 29 de marzo de 2016. 
  10. Vidal, Antonio (2014)."Homenaje de Lalín al sabio Ramón María Aller Ulloa".Historia de Deza. Consultado o 08/11/14. 
  11. "Día da Ciencia en Galego 2011". Consultado o 08/11/2014. 
  12. Real Academia Galega de Ciencias."Día do Científico Galego 2011. Prof. Dr. D. Ramón María Aller Ulloa". Arquivado dendeo orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 08/11/14. 
  13. 6 Aulas da Facultade Homenaxe a 6 Profesores

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ramón María Aller

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Brandido Gutiérrez, Carlos. "Don Ramón María Aller Ulloa, o gran astrónomo galego".Lucensia N. 36 (2008); p. 11-26.
  • Canda, Emilio.En Lalín con el sacerdote astrónomo don Ramón María Aller.Finisterre Ano 1, n. 2 (oct. 1943); p. 10-12.
  • Docobo Durántez, José Ángel.La Obra científica de Aller Ulloa. Santiago de Compostela : Fundación Alfredo Brañas, 1991.
  • Docobo Durántez, José Ángel, ed. lit.Las publicaciones científicas del Dr. D. Ramón María Aller Ulloa. Santiago de Compostela : Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1991.
  • Docobo Durántez, José Ángel (2014). Ouvirmos, ed.Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e matemático. Sarria.ISBN 978-84-941053-5-7. 
  • Docobo Durántez, José Ángel. "Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica" enGalicia Revista Real Academia Galega de Ciencias, ISSN 1135-5417, Nº 30, 2011 , páxs. 127-168
  • Docobo Durántez, José Ángel. "Recuperación do emblemático observatorio astronómico de D. Ramón María Aller Ulloa en Lalín".Descubrindo: Anuario de estudios e investigación de Deza, ISSN 1139-7527, Nº. 10, 2009 , páxs. 99-150
  • Dous matemáticos galegos : R. Aller, E. Vidal. [Santiago de Compostela] : Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, D.L. 1999.
  • Filgueira Valverde, José.Os ensaios en galego (“Logos” 1931-1934) do Dr. Ramón Aller Ulloa. Pontevedra: Deputación Provincial, 1989
  • Fernández Pérez, Iván. "Notas sobre os inicios da astronomía en Galicia : de Domingo Fontán a Ramón María Aller".Descubrindo Deza : anuario de estudios e investigación de Deza. N. 12 (2013) ; p. 89-105.
  • Ferrín, A. "Don Ramón María Aller (1878-1966)" (1966).Urania, nº 264. p. 246.
  • Filgueira Valverde, José.El Dr. Ramón Aller Ulloa: (Lalín, 1878-1966): astrónomo, precursor de la prosa científica. Pontevedra : [s.n.], 1989 (Imprenta da Excma. Deputación).
  • Moreno Castillo, Ricardo. "Ramón Mª Aller Ulloa". En:13 Matemáticos galegos.[s.l.]: Anaya, 2004. p. 77-80
  • Vidal Abascal, E. (1976)."Ramón M.ª Aller Ulloa".Boletín da Real Academia Galega. XXXII (358): 129–132. Arquivado dendeo orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 02 de agosto de 2022. 

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Personalidades homenaxeadas oDía da Ciencia en Galicia
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_María_Aller&oldid=7154883»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp