Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ramón López de Vicuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón López de Vicuña
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1852Editar o valor en Wikidata
Manila, FilipinasEditar o valor en Wikidata
Morte14 de febreiro de 1909Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Madrid, EspañaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, escritorEditar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1347304BUSC: lopez-de-vicuna-ramon-1852-1909

Ramón López de Vicuña, nado enManila (Filipinas) o14 de novembro de1852 e finado enMadrid o14 de febreiro de1909,[1] foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Licenciado en Dereito civil e canónico e doutor en Filosofía e letras. Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto da Coruña e a partir de1907 no Instituto Cardenal Cisneros deMadrid, foiconcelleiro da Coruña, correspondente daReal Academia de la Historia e un dos membros fundadores daReal Academia Galega en 1905.[2]

Colaborou enRevista Contemporánea,Revista de España,Revista Crítica de Historia y Literatura,Galicia Diplomática e aGalicia (Revista Regional) deAndrés Martínez Salazar.[3]

Foi un admirador e divulgador dorománico galego.

Obras

[editar |editar a fonte]

Publicou con destino ao ensino obras que acadarían varias edicións.

  • Curso de Historia Universal, 1880.
  • Curso elemental de Geografía, 1892.
  • Curso elemental de Historia de España, 1893.[4][5]
  • Curso elemental de Geografía descriptiva, 1901.
  • Curso de Geografia especial de España, 1906.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Heraldo de Madrid,16-9-1909, p. 4
  2. Membros de número RAG.
  3. Couceiro, p. 331.
  4. Curso elemental de Historia de EspañaArquivado 07 de febreiro de 2018 enWayback Machine. en Galiciana.
  5. Curso elemental de Historia de España naBNE (inclúe sinatura autógrafa do autor).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_López_de_Vicuña&oldid=6426891»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp