Rainerio[1] III de Mónaco[2], nado o31 de maio de1923 e finado o6 de abril de2005, foi fillo daprincesa Charlotte Louise Juliette, duquesa de Valentinois (1898-1977) e dopríncipe Pierre Marie Xavier Antoine Melchior (1895-1964). Recibe o título hereditario e a sucesión ó trono pola renuncia do seu pai, opríncipe Lois II.
O 18 de abril de 1956 casa conGrace Kelly (nacida enPensilvania,Estados Unidos o12 de novembro de1929) e queda viúvo o14 de setembro de1982, cando esta morre nun controvertido accidente de tráfico. Tivo 3 fillos: a princesaCarolina (23 de xaneiro de 1957), o príncipeAlberte (14 de marzo de 1958 e actualpríncipe) e a princesaEstefanía (1 de xaneiro de 1965).
Tivo así mesmo 7 netos: 4 fillos de Carolina:Andrea (1984),Charlotte (1986),Pierre Stefano (1987) e a princesaAlexandra de Hannover (1999); e 3 fillos de Estefanía: Louis Roberto Paul (1992), Pauline (1994) e Camille Marie Kelly (1998). Morreu o 6 de abril de 2005 despois dunha longa enfermidade causa dunha serie de operacións.
Educouse enInglaterra eSuíza. Estudos deciencias políticas enParís. Alistado no exército francés como tenente secundario, participou con esta unidade nas operacións para a campaña deAlsacia. Recibiu a Cruz da Guerra e a Estrela de Bronce.
Pasa a tenente da sección económica da misión militar francesa enBerlín. En xaneiro de 1947, Léon Blum, presidente do goberno interino da república francesa, conferiulle a lexión militar do Cabaleiro a cruz e de honra. En abril de 1949, o goberno francés ascéndeo a capitán, e en decembro de 1954, concédelle o grao de coronel no exército francés. Accede ó trono en 1949, con 26 anos.
No primeiro capítulo da constitución, indícase que o responsable da autoridade é o príncipe reinante. A constitución de 1962 tamén indica que a sucesión ao trono pasa aos descendentes directos e lexítimos do príncipe reinante baixo principio deprimoxenitura. Os descendentes masculinos toman precedencia sobre descendentes femininos do mesmo grao de parentesco. En ausencia de descendentes lexítimos, un neno adoptado pode ter acceder ao trono. O príncipe, porén, pode exercer soamente o seu mandato se alcanzou a súa maioría de idade, fixada na idade de 21 anos. Durante a súa minoría, o cargo é exercido por un rexente.
As normas sucesorias foron modificadas a principios do século XX para que, no caso de que Alberto non tivese descendencia, Andrea, primoxénito de Carolina, poida reinar. Isto implica que na constitución actual reformada, o herdeiro buscarase primeiro entre os fillos do soberano, primando os homes. No caso de non ter descendencia, o trono pode pasar a un irmán do soberano. Para reinar é necesario tamén ter a nacionalidade monegasca e ter polo menos 18 anos (xa non 21).
- ↑Lema Suárez, X. M. (1992).Dicionario dos nomes galegos. Ir Indo. p. 497.
- ↑Enciclopedia Galega Universal, tomo 114, páx. 284.