Osradiados (Radiata) son un taxon declasificación incerta empregado antigamente para aglutinar a algúns animaiseutometazoos, habitualmente en oposición aos pertencentes aBilateria, é dicir, poñendo énfase na presenza dunha simetría radiada en vez de bilateral no adulto.
O nome de radiados fai referencia asimetría radial. Agrupa aos eumetazoos máis primitivos, formados portecidos incipientes que os diferencian do grupo dasesponxas que so posúen unha organización de tipo celular sen chegar a formar verdadeiros tecidos.
Ocelenterón ou cavidade gastrovascular é unha das principais novidades deste grupo animal no proceso da evolución. A presenza dunha cavidade dixestiva ao servizo de toda a comunidade celular favoreceu moito o proceso da evolución dosmetazoos. Non posúenproctodeo nin se chega a formarano.
Thomas Cavalier-Smith definiu en 1983 a Radiata como un subreino que albergaba aosphylaPorifera,Myxozoa,Placozoa,Cnidaria eCtenophora; isto é, a todos os animais non pertencentes a Bilateria.
En cambio, a clasificación deLynn Margulis en cinco reinos só incluía a Cnidaria e Ctenophora nos radiados; o elemento definitorio aquí, ademais da simetría, é o número de láminas embrionarias: inclúe só aos animais diblásticos, é dicir, conendoderma eectoderma, e exclúe aos monoblásticos,parazoos, como os poríferos.
O emprego das características da simetría radial, especialmente a pentarradiada, en taxonomía e sistemática presenta os seus inconvenientes. Existen multitude deconverxencias evolutivas en animais de calquera nivel na escalafiloxenética: por exemplo, osAnthozoa, que non son equinodermos basais, e que presentan dita simetría, non pertencen ao grupo Radiata. De feito, a súa larva posúe simetría bilateral.
- Meglitsch, P.AZoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp. 116–117ISBN 84-368-0316-7