Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Real Academia Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RAE»)
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Real Academia Española
Tiporegulador lingüístico, academia nacional eorganización
Data de fundación1713
Fundador(es)Filipe V de España e Duque de Escalona
PremiosPremio Príncipe de Asturias da Concordia
SedeMadrid e Real Academia Española headquarters
PaísEspaña
40°24′54″N3°41′27″O / 40.41502,-3.69091
Na rede
https://www.rae.es/
Facebook: raeTwitter: raeinformaInstagram: laraeinformaYoutube: UCsjRherHKvqVj9V2xP_UDHQBNE: XX111212Dialnet: 2008590Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

AReal Academia Española (RAE) é o organismo responsable de resgarda-lo bo uso dalingua española. A súa sede está enMadrid (España), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países castelanfalantes. O seu director éSantiago Muñoz Machado[1].

Historia

[editar |editar a fonte]

O seu emblema está formado por uncrisol ó lume. Acompáñao a lenda «Limpa, fixa e dá esplendor». O obxectivo era fixa-lo idioma no estado de plenitude que alcanzara durante o século XVI e que se consolidara no XVII.

A Real Academia Española foi fundada en1713 por iniciativa deJuan Manuel Fernández Pacheco,marqués de Villena e duque de Escalona, co propósito de «fixa-las voces e vocábulos da lingua castelá na súa maior propiedade, elegancia e pureza».

Tomaron como modelo para a súa creación áAccademia della Crusca italiana (1582) e áAcadémie française (1635). A súa creación foi aprobada o3 de outubro de1714 porReal Cédula deFilipe V, quen a acolleu baixo o seu «amparo e Real Protección». Ó longo da súa historia estivo integrada case exclusivamente por homes, ata o nomeamento deCarmen Conde en1978, deElena Quiroga en1983 e deAna María Matute en1995.

Dende1870 establécense enAmérica e enFilipinas academias correspondentes da lingua española. Estas na actualidade teñen o mesmo rango e condicións cá RAE. Xunto áAsociación de Academias de la Lengua Española, á que pertencen, foron galardoadas coPremio Príncipe de Asturias da Concordia en2000.

O 20 de outubro de 1993 constituíuse aFundación Pro Real Academia Española, entidade que ten como finalidade achegar recursos económicos para o financiamento das empresas da Academia. Está rexida por un padroado do que ostenta a presidencia de honor o reiXoán Carlos I, a presidencia o gobernador doBanco de España e a vicepresidencia o director da Real Academia Española. As vogalías osténtanas outros académicos, os presidentes das comunidades autónomas e de empresas privadas, como socios fundadores.

A Fundación está aberta á participación de particulares mediante a correspondente cota económica, membros benfeitores, e entre as actividades subvencionadas atópanse a realización do banco de datos, oDiccionario del estudiante, oDiccionario panhispánico de dudas e outras obras en proxecto ou desenvolvemento coma aGramática normativa.

Funcións

[editar |editar a fonte]

O artigo primeiro dos estatutos da RAE di:

«[...] ten como misión principal velar por que as mudanzas que experimente alingua española na súa constante adaptación ás necesidades dos seus falantes non creben a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Debe coidar igualmente de que esta evolución conserve o xenio propio da lingua, tal como foi consolidándose co correr dos séculos, así coma de establecer e difundi-los criterios de propiedade e corrección, e de contribuír ó seu esplendor. Para alcanzar ditos fins, estudará e impulsará os estudos sobre a historia e sobre o presente do español, divulgará os escritos literarios, especialmente clásicos, e non literarios, que xulgue importantes para o coñecemento de tales cuestións, e procurará manter vivo a lembranza de quen, enEspaña ou enAmérica, cultivaron con gloria a lingua española. Coma membro daAsociación de Academias de la Lengua Española, manterá especial relación coas Academias Correspondentes e Asociadas.»

A RAE é considerada frecuentemente coma unha organización conservadora, pois entre as súas metas está a preservación da lingua española. Porén caracterízase así mesmo por exercer unha influencia progresista, ó se esforzar en mante-la linguaxe formal en sintonía coa actualidade. Un exemplo disto último aconteceu en1994 cando ditaminou que osdígrafosch ell (que a academia consideraba letras por unha tradición que se remontaba aNebrija) serían alfabetizadas xunto coc e ol e non como letras separadas, coma no pasado. A RAE segue un proceso formal para a admisión de novas palabras.

Organización e operación

[editar |editar a fonte]

Segundo os seus estatutos a RAE está composta por:

  • Académicos de número (46 en total)
  • Académicos correspondentes españois (ata un máximo de 60)
  • Académicos correspondentes estranxeiros
  • Académicos de número das academias americanas (que por dereito son académicos correspondentes)
  • Académicos honorarios

Unha xunta de goberno rexe a Academia e supervisa tódolos asuntos relativos á súa boa operación, tanto no relacionado co seu funcionamento interno coma coas súas relacións cos organismos do estado, e as demais Academias. Esta xunta é presidida polo director da Academia e está constituída polo vicedirector, o secretario, o censor, o bibliotecario, o tesoureiro, o vicesecretario e dous vogais adxuntos. Todos estes cargos son electivos e, a excepción dos vogais, que se elixen cada dous anos, pódese exercer durante catro anos, prorrogables só unha vez.

A Academia funciona en Pleno e en Comisións que se reúnen semanalmente. As Comisións teñen a misión de elabora-las propostas que posteriormente examinará o Pleno para decidir sobre a súa aprobación. Na actualidade existen as seguintes comisións: Delegada do Pleno, de Dicionario usual, de Dicionario histórico, de Gramática, de Información lingüística, de Vocabulario científico e técnico, de Ciencias humanas, de Publicacións e de Premios. Ademais, existe unha Comisión encargada da conservación da casa doMuseo de Lope de Vega.

O Pleno, formado por tódolos académicos, reúnese durante o curso académico os xoves pola tarde. Unha vez aprobada as actas da sesión anterior e de debater calquera tema xeral, os asistentes presentan emendas e adicións ó Dicionario. Acto seguido examínanse as propostas formuladas polas diversas Comisións. As resolucións, no caso de que se produza disparidade de criterio, adóptanse mediante votación.

Ó servizo dos traballos que a Academia desenvolve en pleno ou en comisións, funciona o Instituto de Lexicografía, integrado por filólogos e lexicógrafos que realizan as tarefas de apoio para a elaboración dos dicionarios académicos.

Académicos de número

[editar |editar a fonte]

Os membros da Academia son elixidos de por vida polo resto dos académicos e coñéceselles comaInmortais. Cada académico ten unha cadeira de brazos asignado á súa persoa, e distinguido cunha letra doalfabeto (tantomaiúsculas comaminúsculas). Os académicos de número son, por orde de ingreso:

Histórico de académicos de número galegos

[editar |editar a fonte]

Histórico de académicos correspondentes galegos

[editar |editar a fonte]

Principais publicacións

[editar |editar a fonte]

Entre as súas principais publicacións destacan:

  • Diccionario de Autoridades (Dicionario da lingua castelá, no que se explica o verdadeiro sentido das voces, a súa natureza e calidade, coas frases ou motivos de falar, os proverbios ou refráns e outras cosas convenientes do uso da lingua,1726-1793, en 6 volumes)
  • Diccionario de la lengua española (1ª edición1780, 21ª edición1992, 22ª edición2001)
  • Ortografía de la lengua española (1ª edición1741). A edición máis recente é a de1999, elaborada entre a RAE e as academias correspondentes, polo cal é considerada unha ortografía panhispánica. Substitúe ásNovas normas de prosodia e ortografía de1959.
  • Gramática de la lengua española (1ª edición1771). A súa revisión máis recente éEsbozo de una nueva gramática de la lengua española (1973), aínda que a Academia publicou tamén unha gramática de autor, non propiamente institucional: a deEmilio Alarcos (1994). Existe na actualidade un proxecto entre a RAE e as academias correspondentes en redactar unha nova gramática.
  • Boletín de la Real Academia Española (dende1914)
  • Diccionario manual e ilustrado de la lengua española (1ª edición1927, 4ª edición1989)
  • Diccionario histórico de la lengua española (primeiro volume1933, incompleto)
  • Diccionario escolar de la RAE (1ª edición1996, 2ª edición1997)
  • Diccionario panhispánico de dudas. Elaborado entre a RAE e as academias correspondentes (1ª edición2005).

Notas

  1. Miguel Ángel Villena (21 de decembro de 2018)."Los académicos se fiaron más de Muñoz Machado que de Cebrián para dirigir la RAE".eldiario.es(encastelán). 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Real Academia EspañolaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Real_Academia_Española&oldid=6437284»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp