Orío Congo (no pasado tamén coñecido comorío Zaire)[1] é o río máis grande daÁfrica central. Cos seus 4 380 km é o segundo río máis longo deÁfrica, só superado poloNilo, de tormarmos orío Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo doAmazonas. No río atópanse máis de 4 000 illas.
Afoz do Congo visitouna por primeira vez onevegante eexploradorportuguésDiogo Cão en1482,[2] remontando o seu curso até ás fervenzas de Ielala, preto da actual cidade deMatadi. A palabra Matadi significa "pedra" enlingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en1485 para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
No ano1816 unha expedición británica chegou ataIsangila.Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.
Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.
Antes da colonización portuguesa da zona, os nativos denominaban ao río,Nzere ouNzadi, que na lingua da etniabakongo, significaba «o río que traga os demais ríos». O explorador portuguésDiogo Cão, que foi o primeiro europeo que percorreu a súa desembocadura, chamouno río Zaire, por deformación do nome dado polos indíxenas. Esta denominación persistiu ata o século XVIII, en que comezou a ser nomeado como río Congo, polaetnia Congo ou bankongo, que dominaba case toda a cunca do río.[3]
Entre 1971 e 1997, o goberno de Zaire, nome que tiña a República Democrática do Congo durante a ditadura deMobutu Sese Seko, quixo cambiar a denominación do río Congo a río Zaire, pero ese cambio foi ignorado por moitos países, entre os cales cabe destacar a veciña República do Congo.
En termos de vida acuática, a conca do río Congo ten unha moi altariqueza de especies e nela obsérvanse uns dos máximos niveis coñecidos de concentración de especies endémicas.[8] Ata agora, rexistráronse preto de 700 especies de peixes na conca do Congo, e grandes seccións permanecen virtualmente sen estudar.[9] Debido a isto e ás grandes diferenzas ecolóxicas entre as rexións da conca, a miúdo divídese en variasecorrexións ecolóxicas (no canto de tratala como unha única ecorrexión). Entre estas ecorrexións, só a dosrápidos do baixo Congo conta con máis de 300 especies de peixes, incluíndo aproximadamente 80 especies endémicas,[10] mentres que a parte suroeste (Conca do Kasai) por si soa ten máis de 200 especies de peixes, dos cales ao redor dun cuarto son endémicas.[11] As familias de peixes dominantes -polo menos nalgunhas partes do río- sonCyprinidae (carpa/ciprínidos, comoLabeo simpsoni,Mormyridae (peixes elefantes),Alestidae (tetras africanos),Mochokidae (bagres squeaker) eCichlidae (cíclidos).[12] Entre os nativos no río está o enorme e altamente carnívoro,peixe tigre xigante. Dous doscíclidos endémicos máis raros son os esbrancuxados (non pigmentados) e cegosLamprologus lethops, que se cre que vive a unha profundidade de 160 m por baixo da superficie,[10] e oHeterochromis multidens, que parece estar máis estreitamente relacionado cos cíclidos das Américas que con outros cíclidos de África.[13] Tamén hai numerosas ras endémicas e caracois.[12][14] Está prevista a construción de varias represas hidroeléctricas no río que poden conducir á extinción de moitos dos endemismos.[10]
Mapa do séculoxvii do estuario do río CongoNeste mapa de África de 1853, a rexión inexplorada (Unexplored Region) restante corresponde esencialmente á conca do Congo
Oreino do Congo formouse ao redor do 1400 na beira esquerda do río Congo Baixo. O seu control territorial ao longo do río mantívose limitado ao que hoxe corresponde coa provinciaCongo Baixo. A exploración europea do Congo comezou en 1482, cando o explorador portuguésDiogo Cão descubriu o estuario do río (probablemente en agosto), que sinalou cunpadrão ou alicerce de pedra (que aínda existe, pero só en fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba establecendo contacto co reino de Congo e chegando áscataratas de Yellala, o límite navegable, onde erixiu outro padrão. Cão morreu no río perseguindo a uncrocodilo. O curso do río permaneceu descoñecido durante todo o período moderno temperán.[15]
A conca alta do Congo corre ao oeste desde oRift Albertino aínda que a súa conexión co Congo permaneceu descoñecida ata 1877. O extremo nordés da conca do Congo alcanzouse polaexpansión nilótica nalgún momento entre os séculosxv exviii, polos antepasados dos falantes deLuo meridional dopobo Alur.Francisco de Lacerda seguindo orío Zambeze logrou chegar en 1796 á parte máis alta da conca do Congo (aoreino de Cazembe na parte superior da conca dorío Luapula).
A exploración europea continuou co intento británico deJames Kingston Tuckey que en 1816, tratou de remontar o río Congo desde a súa desembocadura, logrando avanzar 480 km río dentro pero non chegou a superar as cataratas Livingstone que frearon o seu avance.
O río Congo superior, coñecido como río Lualaba, alcanzarono por primeira vez osescravistas árabes no séculoxix. A localidade deNyangwe foi fundada como posto de avanzada dos traficantes de escravos cara a 1860.
Noséculoxix ninguén podía imaxinar que o Lualaba, que avanza implacablemente en dirección norte e o Congo que corría cara á parte suroccidental ata desembocar no Atlántico, despois de atravesar a metade do continente, fosen o mesmo río. Pensábase que o primeiro podía formar parte da corrente principal do Nilo, esta tese era defendida entre outros polo exploradorDavid Livingstone, que percorreu o Lualaba na súa expedición de 1866, mentres que o segundo foi confundido coa desembocadura dorío Níxer polo explorador e naturalistaMungo Park que entre finais do séculoxviii e principios doxix, percorreu o río Níxer.
Livingstone foi o primeiro europeo en chegar a Nyangwe en 1871. Livingstone propuxo demostrar que o Lualaba conectaba co Nilo, pero o 15 de xullo, foi testemuña do masacre duns 400 africanos por escravistas árabes en Nyangwe, unha experiencia que o deixou demasiado arrepiado e disuadiuno de continuar a súa misión de atopar as fontes do Nilo, polo que volveu de novo aolago Tanganica.[16][17]
O curso medio do Congo permaneceu sen explorar, tanto desde o leste como polo oeste, ata a expedición de 1876-1877 deHenry Morton Stanley. No momento era unha das últimas preguntas abertas daexploración de África (ou de feito do mundo), a cuestión de se o río Lualaba alimentaba o Nilo (teoría de Livingstone), o Congo[18] ou mesmo oNíxer. Financiada en 1874, aprimeira exploración trans-africana de Stanley comezou enZanzíbar e chegou ao Lualaba o 17 de outubro de 1876. Por terra chegou a Nyangwe, o centro dunha zona sen lei na que había tribos caníbales e na queTippu Tip desenvolvía o seu comercio de escravos. Stanley logrou contratar a unha forza de Tippu Tip, para protexelo nos seguintes 150 km ou polo menos, durante 90 días. A partida deixou Nyangwe por terra a través da densa selva Matimba. O 19 de novembro chegaron ao Lualaba de novo. Dado que ir polo bosque era demasiado pesado, Tippu Tip deu a volta coa súa partida o 28 de decembro, deixando a Stanley pola súa conta, con 143 persoas, entre elas 8 nenos e 16 mulleres. Tiñan 23 canoas. O seu primeiro encontro cunha tribo local foi cos caníbales wenya. En total Stanley informaría de 32 encontros hostís no río, algúns violentos, a pesar de que tentou sempre negociar unha travesía pacífica polas súas terras. Pero as tribos eran desconfiadas e cautelosas xa que a súa única experiencia con estranxeiros era cos traficantes de escravos, e non podían entender o motivo da exploración.
O 6 de xaneiro de 1877, despois de 640 quilómetros, chegaron áscataratas Boyoma (chamadas cataratas Stanley durante algún tempo despois), que consta de sete cataratas nun tramo de 100 quilómetros que tiveron que pasar por terra. Levoulles ata o 7 de febreiro chegar ao final das cataratas. Aquí Stanley decatouse de que o río se chamabaIkuta Yacongo,[19] o que demostraba que chegaran ao Congo, e que o Lualaba non alimentaba o Nilo.
A partir deste punto, non encontaron máis tribos caníbales, pero si tribos con armas de fogo, ao parecer resultado da influencia portuguesa. Unhas catro semanas e 1900 quilómetros máis tarde chegaron a Stanley Pool (agoraPool Malebo), o lugar no que se atopan as actuais cidades díaKinshasa eBrazzaville. Augas abaixo chegaron áscataratas Livingstone (mal chamadas Livingstone que nunca estivo no Congo), unha serie de 32 caídas e rápidos cunha caída de 270 metros en máis de 350 quilómetros. O 15 de marzo comezaron o descenso das cataratas, o que lles levou cinco meses e custoulles numerosas vidas. Desde as cataratas Isangile, cinco caídas desde o pé, vararon as canoas e oLady Alice e deixaron o río, co obxectivo posto en alcanzar o posto de avanzada portugués deBoma a través de terra. O 3 de agosto chegaron á aldea Nsada. A partir de aí Stanley enviou catro homes de avanzada con cartas a Boma, pedindo comida para a súa xente que estaba a morrer de fame. O 7 de agosto chegaron auxilios, sendo enviados por representantes da firma comercial de Liverpool Hatton & Cookson. O 9 de agosto chegaron a Boma, 1001 días desde que saíran de Zanzíbar o 12 de novembro de 1874. A partida consistía entón en 108 persoas, entre elas tres nenos nados durante a viaxe. O máis probable (as propias publicacións de Stanley dan cifras inconsistentes) é que perdesen 132 persoas por enfermidade, fame, afogamento, morte e deserción.[20]
Kinshasa foi fundada como un posto comercial por Henry Morton Stanley en 1881 e nomeada Leopoldville en honra aLeopoldo II de Bélxica. A conca do Congo foi reclamada por Bélxica comoEstado Libre do Congo en 1885.
Durante a época colonial grandes vapores de rodas foron transportados peza a peza aos ombreiros de carrexadores desde a costa ata a parte navegable do Congo para salvar as temibles cataratas de Livingstone.
O río Congo ten a súa orixe nas montañas doval do Gran Rift, na África oriental, como os lagosTanganica e Moero, que alimentan o río Lualaba, que se converte no Congo por baixo dascataratas Boyoma. O río Chambeshi, enZambia, é xeralmente considerado como a fonte do Congo, segundo o criterio frecuente da fonte máis afastada da desembocadura, como é o caso doNilo.
O Congo discorre, en xeral, en dirección oeste a partir de Kisangani, xusto debaixo das cataratas, e despois aos poucos vólvese ao sur-oeste, pasando porMbandaka, uníndose corío Ubangi, e precipitándose nolago Malebo (Pool Malebo, antes Stanley Pool). As cidades deKinshasa (anteriormente Leopoldville) eBrazzaville están situadas nos lados opostos do río, no lago Malebo. A partir de alí, o Congo contráese e descende a través dunha serie de cataratas creadas por profundos canóns e coñecidas colectivamente comocataratas Livingstone. A continuación, corre en dirección aMatadi eBoma, e logo desemboca no océano Atlántico no pequeno pobo de Muanda.
O río Congo na súa maior parte ten unha profundidade de entre 15 e 30 m, aínda que nun tramo do curso baixo chega a alcanzar unha profundidade de 230 m.
Tradicionalmente, o Congo dividiuse nos seguintes tramos:
Cabeceira: o río Lualaba — da fonte a Kisangani, onde terminan as cataratas Boyota: considerado como o curso superior, con 1800 km. O río é a miúdo estreito, tortuoso e cortado porfervenzas ou rápidos por mor das montañas e mesetas que atravesa, e discorre sempre en dirección norte.
Curso medio: comprende o Alto Congo e o Medio Congo. Neste percorrido de 1700 km aproximadamente, o río xira cara ao oeste formando unha gran curva e atravesa a inmensa chaira central do país. O seu percorrido é pausado e está sementado de illas e bancos de area. A súa anchura chega ata os 25 a 30 km, en Makanza, formando unha rede, xunto aos seus afluentes, duns 13.000 km de vías navegables.
Alto Congo, que vai desde Kisangani ata Mbandaka.
Medio Congo, desde Mbandaka a Brazzaville/Kinsasa.
Curso inferior ou Baixo Congo, desde Brazzaville/Kinsasa ata a desembocadura. Divídese en dúas partes:
De Kinsasa a Matadi (350 km), o río atravesa os montes de Bangu, tamén denominadas montañas de Cristal, e ten 32 fervenzas que fan a navegación imposible.
De Matadi ao océano (137 km), o río acougado permite remontar os barcos desde o mar. Entre Boma e Banana, illas baixas e pantanosas dividen o río en múltiples brazos.
↑Forbath, Peter.El río Congo. Fondo de Cultura Económica.ISBN84-7506-508-2.
↑Leonard C. Beadle (1981).The inland waters of tropical Africa: an introduction to tropical limnology. Longman. p. 475.ISBN978-0-582-46341-7. Consultado o 2 de abril de 2011."It is hypothesized that in the late Pliocene or early Pleistocene, a coastal Lower Guinean river captured Malebo Pool, connecting the previously interior Congo Basin to the ocean." Thieme et al.,Freshwater Ecoregions of Africa and Madagascar: A Conservation AssessmentEcoregions Assessments, Island Press, 2005,p. 297.
↑Kullander, S.O. (1998).A phylogeny and classification of the South American Cichlidae (Teleostei: Perciformes). pp. 461–498 in Malabarba, L., et al. (eds.), Phylogeny and Classification of Neotropical Fishes, Porto Alegre.
↑TheDieppe maps of the mid 16th century show the Congo only as a minor river, while having theNile run throughout the continent, rising in Southern Africa. The same interpretation is in essence still found in Jan Blaeu'sAtlas Maior of 1660. Jacques Bellin'smap of the Congo inHistoire Generale Des Voyages byAntoine François Prévost (1754) shows awareness of the river reaching further inland, to the inclusion of the provinces ofSundi andPango, but has no detailed knowledge of its course.
↑O río Lukuga é o emisario de lago Tanganica e ten unha lonxitude de 350 km. A fonte máis lonxana do Tanganica é o lago Kivu (89 km de longo), que drena a través do río Ruzizi (117 km). O tramo a través do lago Tanganica que une as bocas de ambolos ríos é de uns 350 km.
↑24,024,1O río Lukuga, é o emisario do lago Tanganica e ten 350 km, ainda que considerando unha das súas fontes, o río Niembe, o sistema Lukuga-Niembre chega ata os 560 km.
↑O Aruuwimi ten unha lonxitude de só 380 km, pero coa súa fonte, o río Ituri, de 750 km, chega aos 1030 km.The Inland Waters of Africa, de Robin L. Welcomme. Publicación da FAO, CIFA Tech. Pap., de 1972, 117 p. Dispoñible en liña en:FAO. Consultado o 2 de xullo de 2010.
↑O Itimbiri ten unha lonxitude de 220 km, pero ca súa fonte, o río Ribi, de 315 km, alcanza os 535 km.The Inland Waters of Africa, op.cit..
↑27,027,1Orío Ubangi ten unha lonxitude de só 1.120 km, pero coa súa fonte, orío Uele, de 1.152 km, alcanza os 2.272 km.