Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Quique Fornos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaQuique Fornos

(2022)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1997Editar o valor en Wikidata (28 anos)
As Pontes de García Rodríguez, EspañaEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónfutbolistaEditar o valor en Wikidata
DeportefútbolEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensaEditar o valor en Wikidata
Número deportivo15Editar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de eventos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
2013–2019 Deportivo Fabril128(2)
2019–2023 Racing de Ferrol95(2)
2023– Cultural y Deportiva Leonesa5
 Selección nacionalNúmero de eventos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
2014–2014 España sub-171(0)
2024– Galicia1(0)

Enrique "Quique" Fornos Domínguez, nado nasPontes o1 de xaneiro de1997, é unfutbolistagalego. Xoga decentral naCultural Leonesa, daPrimeira División RFEF.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Comezou nas categorías inferiores doCD As Pontes, ata que en2010 foi fichado poloDeportivo da Coruña para a súa canteira. Tras avanzar nos equipos cadete e xuvenil branquiazuis, debutou coFabril naTerceira División o 1 de setembro de2013, xogando como titular na vitoria ante oCultural Areas noMundo do Fútbol (2–1), na primeira xornada do campionato.

Só uns días despois, o 11 de setembro, con tan só 16 anos, debutou da man deFernando Vázquez co primeiro equipo doDeportivo da Coruña, nun partido deCopa do Rei contra oCórdoba CF (1–1) no que tras unha prórroga os coruñeses lograron o pase á seguinte rolda nunhaquenda de penaltis na que se lanzaron 28 penaltis (12–13).[1] Durante as seguintes tres tempadas compaxinou partidos no equipo xuvenil con partidos no Fabril, subindo definitivamente ao filial natempada 2016/17, ao remate da cal o equipo logrou o ascenso aSegunda B.[2] Militou dous anos máis no Fabril, xogando no primeiro deles unha fase de ascenso aSegunda e vivindo tamén un descenso ao ano seguinte.

O 15 de abril de2019, logo de confirmarse o descenso matemático do Fabril a Terceira División, rescindiu o seu contrato para incorporarse de inmediato á disciplina doRacing de Ferrol, en Terceira.[3] Co equipo ferrolán xogou os últimos partidos da tempada, acadando o primeiro posto do grupo e conseguindo o ascenso a Segunda B tras vencer na promoción aoReal Jaén.[4]

Militou os dous seguintes anos na Segunda B e a continuación outros dous na novaPrimeira División RFEF. Natempada 2022/23 proclamouse campión da categoría, contribuíndo con 18 partidos e un gol ante oLinares Deportivo, e conseguiu así un ascenso a Segunda que o Racing non lograra dende facía unha década e media.[5] Con todo, tralo ascenso o club comunicoulle de xeito inesperado que non contaban con el para a vindeira tempada, a pesar de ter un ano máis de contrato.[5]

En xullo de2023 foi presentado como novo xogador daCultural Leonesa.[6]

Selección galega

[editar |editar a fonte]
Quique Fornos coa selección galega (2024).

Foi convocado polaselección galega para o partido contraPanamá disputado noEstadio de Balaídos o31 de maio de2024, que finalizou con derrota (0–2).[7]

Palmarés

[editar |editar a fonte]
Fabril
Racing de Ferrol

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "El Dépor se venga del Córdoba desde el punto de penalti".Marca(encastelán). 12 de setembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  2. "O Fabril ascende a Segunda B ao grande".RC Deportivo. 28 de maio de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  3. "O Deportivo acepta a solicitude de Quique Fornos de saír do Fabril de modo inminente para incorporarse ao Racing de Ferrol".Deportivo da Coruña. 15 de abril de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  4. "El Racing asciende a Segunda División B"(encastelán). 2 de xuño de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  5. 5,05,1Codesido, Juanma (23 de xuño de 2023)."Quique Fornos, la gran sorpresa en los descartes del Racing de Ferrol".As(encastelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  6. Pérez Cillero, Diego (28 de xullo de 2023)."Quique Fornos: «La Cultural es uno de los grandes de la categoría»"(encastelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  7. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá".Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Selección galega-Galicia–Panamá (2024)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Quique_Fornos&oldid=6766647»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp