Queens of the Stone Age desenvolveu un estilo de heavy rock orientado cara aosriffs de guitarra. O seu son foi incorporando diferentes influencias e estilos, e tamén traballou con artistas como o membro deZZ TopBilly Gibbons e o colaborador habitualMark Lanegan.
Queens of the Stone Age formouse a partir das cinzas da banda californianaKyuss, un nome influente da escenaheavy metal que axudou a constituír unha especie de subxénero, que foi chamadostoner rock.Kyuss disolveuse en1995 e o líder e guitarristaJosh Homme mudouse paraSeattle.
EnSeattle, Josh ingresou enScreaming Trees como segundo guitarrista durante a xira do álbumDust, lanzado en1996,[1] tendo inclusive participado no festivalLollapalooza, tocando ao lado de bandas comoSoundgarden eMetallica. Josh decidiu entón formar unha nova banda, Gamma Ray. En 1996 a banda publicou o EPGamma Ray, que tiña os temas "Born to Hula" e "If Only Everything" (que despois aparecería no disco devestrea de QotSA como "If Only"). O EP contaba conMatt Cameron deSoundgarden ePearl Jam,Van Conner de Screaming Trees e co percusionistaVictor Indrizzo.[2]
En1997 a banda cambiou o seu nome debido a que o grupo alemánGamma Ray ameazou con denuncialos. Josh atopou tempo suficiente para traballar nun proxecto propio. Foi o inicio da serie "Desert Sessions", sesións experimentais de estudio onde Josh traballou con músicos comoMike Johnson (Dinosaur Jr),Mark Lanegan (Screaming Trees),Peter Buck (R.E.M.) eBen Shepherd (Soundgarden). As gravacións foron feitas nun estudio caseiro localizado nun deserto no interior do estado deCalifornia (terra natal deJosh Homme). Foron seis álbums extraídos das Desert Sessions, sen ningún obxectivo comercial, pero que acabaron sendo lanzados poladiscográfica independenteMan's Ruin Records.
Pouco despois, Josh reencontrou aNick Oliveri, tamén ex-integrante deKyuss e xuntos decidiron montar outra banda, Queens of the Stone Age. Coa axuda do bateríaAlfredo Hernandez, retornaron á rexión do deserto para traballar no son do novo grupo. A pesar de que o son de Queens Of The Stone Age lembra ao deKyuss, queda ben claro que Queens of the Stone Age trae unha proposta diferente, cunha sonoridade máis variada.
O primeiro disco foi financiado pola propia banda e acabou sendo lanzado en setembro de1998 pola discográfica Loosegroove, de propiedade deStone Gossard, guitarrista dePearl Jam. O álbum tivo unha repercusión impresionante e axudou a fixar o nome de Queens of the Stone Age como unha das grandes promesas dorock actual. A banda estivo en xira durante case dous anos, tocando xunto con grandes nomes comoBad Religion,Rage Against the Machine,The Smashing Pumpkins,Hole eWeen.
En xuño de2000,Screaming Trees anuncia a súa fin, deixando a Josh exclusivamente dedicado a Queens of the Stone Age, que, de volta ao deserto deCalifornia, traballaría no seu segundo álbum que contaria con varias participacións especiais. No mesmo mes é lanzadoRated R, desta vez pola Interscope Records, unha grande discográfica. O disco, que ten participacións de Mark Lanegan e Barrett Martin (Screaming Trees), Rob Ralford (ex-Judas Priest) e Pete Stahl entre outros, é recibido con entusiasmo pola crítica, pero non consegue grandes cifras nas súas vendas. Para o segundo disco, a banda tivo dous baterías, Gene Troutman e Nicky Lucero.
No ano2002 a banda xa estaba no estudo preparando o seu terceiro disco. Mark Lanegan xa é un integrante definitivo do grupo, o segundo vocalista, mentres que na batería, a banda conta coa participación do ilustreDave Grohl. Co disco listo, Queens of the Stone Age comeza unha nova xira, con Lanegan e Grohl.Songs for the Deaf é lanzado en agosto e o éxito entre público e crítica é case unánime.
En2004, a banda pasa por complicacións. Despois de que Dave Ghrol retornase aFoo Fighters (e lanzar un disco que posúe latentes influencias de seu período en Queens), Joey Castillo asume as baquetas do grupo. Pero Josh decidiu expulsar aNick Oliveri, alegando estar canso do comportamento irresponsable do seu compañeiro. Mark Lanegan decide aproveitar e deixar a banda tamén. É lanzado o EP "Stone Age Complication" nunha tentativa de calmar as cousa, mentresJosh Homme tenta reorganizar a banda para gravar o cuarto disco. A actual formación da banda éJosh Homme, Alain Johannes (multi-instrumentista que xa colaborou nas Desert Sessions e con Chris Cornell),Troy Van Leeuwen (guitarrista, ex-A Perfect Circle) e Joey Castillo.
Ese é o equipo que gravou o cuarto disco de Queens,Lullabies to Paralyze. SenNick Oliveri, moitos fans acaban achando que a banda perdeu boa parte da súa forza, e o disco acaba recibindo unha crítica menos entusiasmada que o seu antecesor.
En2005, en medio de noticias dunha posible volta de Oliveri, Queens lanza o seu primeiro rexistro en directo,Over the Year and Through the Woods, álbum cun concerto gravado enLondres acompañado dun DVD con máis de tres horas de material tirado do arquivo da banda.
No outono do2005 a banda telonea aNine Inch Nails na xira norteamericana deWith Teeth xunto conAutolux (na primeira metade da xira) eDeath from Above 1979 (na segunda). O guitarrista deNINAaron North tocou coma convidado con Queens nos temas "Born to Hula", "Regular John", "Avon", "Monsters in the Parasol" e "Long, Slow Goodbye" nos concertos celebrados no Wiltern LG dosÁnxeles os días 19 e 20 de decembro. Ese día 20 tamén tocou con elesJohn Garcia, sendo a primeira vez que tocaba con Homme dende1997. A banda tocaría tres temas deKyuss nese concerto: "Thumb", "Hurricane" e "Supa Scoopa and Mighty Scoop".
O baixistaMichael Shuman (Wires On Fire, Jubilee e Mini Mansions) e o teclistaDean Fertita (The Waxwings, The Dead Weather) fixéronse cargo durante a xira do traballo deAlain Johannes eNatasha Shneider respectivamente.[4][5] En xullo do2007 Van Leeuwen anunciou que a banda estaba compoñendo material novo,[6] e posteriormente Homme suxeríu que poderían editalo como un EP. Despois dunha entrevista con Homme, o xornalThe Globe and Mail publicou que ese EP "podería conter unhas 10 caras-B gravadas durante as sesións doEra Vulgaris". Poreén, debido á falta de vontade da discográfica de lanzar máis material d banda neses intres, o EP non chegou a ver a luz.
Queens comezou unha xira por Norteamérica no2007 chamadaDuluth Tour, debido ao feito de que a realizarían en pequebas cidades onde nunca tocaran, comaDuluth, Minnesota. A xira estendeuse a outras zonas, como oReino Unido, onde a banda realizou máis concertos que en xiras previas por ese país. Entre finais de marzo e principios de abril do2008 o grupo tocou enAustralia, na xira do festivalV. Durante os primeiros días de maio a banda completaría a parte canadense da xira. Coa morte deNatasha Shneider debido a un cancro o día2 de xullo dese ano, qotsa.com foi actualizada cunha mensaxe de Homme na memoria de Natasha, substituíndo á habitual portada da páxina.
Os días 22 e 23 de agosto Queens of the Stone Age tocou os seus derradeiros concertos da xira de promoción deEra Vulgaris no festival de Reading e Leeds, eJosh Homme anunciou nunha entrevista áBBC que volverían ao estudio para traballar no seu novo disco.[7]
Nun número de setembro da revistaNME,Josh Homme afirmou que estaba traballando nos novos discos de Queens of the Stone Age e dasDesert Sessions, ademais de estar preparando unha remasterización do primeiro álbum do grupo,Queens of the Stone Age, para principios do2009. Porén, estes plans atrasáronse indefinidamente. Homme tamén dixo que o novo álbum dos Queens soaría como "unha orxia do deserto na escuridade".
Segundo o guitarristaTroy Van Leeuwen, a banda tiña plans para volver a unirse no verán do2010. Nunha entrevista,Josh Homme revelou que o grupo relanzaría o seu primeiro álbum e que faría unha xira de promoción, tocando só temas do mesmo. O12 de marzo a súa páxina en Internet foi actualizada para engadir unha xira enAlemaña para finais de agosto, as súas primeiras actuacións dende o2008. Máis recentemente editáronse unha edición de 2 CDs do álbumRated R. A edición conta co CD orixinal e outro con 6 caras-B e gravacións ao vivo da actuación en Reading no ano2000.
No ano 2010 Homme sufriu complicacións durante unha operación nun xeonllo, ao pararse o seu corazón durante un breve período de tempo debido a unha falta de osíxeno; os médicos tiveron que usar un desfibrilador para revivilo. Tras este episodio estivo prostrado en cama durante catro meses e deprimíuse, chegando a pensar en abandonar completamente a súa carreira musical.[9] Homme falou desa experiencia nunha entrevista no podcast WTF de Marc Maron, explicando que contraíra unha infección porSARM que o seu sistema inmunolóxico non puido combater debido ao estrés. Dende entón Homme dixo que a experiencia contribuíu en gran medida á composición e gravación de...Like Clockwork.[10]
Tras a recuperación de Homme Queens of the Stone Age publicou unha versión remasterizada do seu álbum de estrea a principios de 2011, e interpretou o álbum integramente nunha xira promocional.[11] A banda actuou enConan o 14 de abril,[12] e posteriormente tocou no festival australiano Soundwave. Ao longo do verán de 2011 Queens of the Stone Age tocou en varios festivais europeos, incluído oGlastonbury Festival. A banda tamén tocou no Pearl Jam's 20th Anniversary Festival enEast Troy, Wisconsin. os días 3 e 4 de setembro de 2011, nos que serían os derradeiros concertos do bateríaJoey Castillo co grupo.
A banda xa tiña plans para gravar a continuación deEra Vulgaris en 2008,[13] pero as gravacións non comezarían ata o mes de agosto de2012.[11] Segundo Homme, o álbum estaría rematado para finais dese ano. Josh explicou áBBC Radio 1, "Imos tomar o noso último descanso que durará un mes, volver e facer Glastonbury, despois iremos inmediatamente ao estudio. O noso disco estará feito cara finais de ano. Temos cancións suficientes".[14]
En novembro de2011 o colaborador habitualAlain Johannes falou do seu traballo de estudio coa banda, comentando que iniciaran as gravacións e que o discto tiña moi boa pinta.[15] O 20 de agosto de 2012 a banda actualizou o seu estado de Facebook dicindo que estaban "gravando" o seu novo álbum. No mes de setembro dese ano revelouse que Homme e o produtor Dave Sardy compuxeran e gravaran unhacanción titulada "Nobody To Love", que aparece nos créditos finais do filmeEnd of Watch.[16]
En novembro de 2012 Homme informou de queJoey Castillo deixara a banda e que as baterías no novo traballo serían interpretadas porDave Grohl, que xa se encargara delas enSongs for the Deaf.[17] Homme tamén confirmou que o álbum sería editado antes da súa actuación no Download Festival en xuño de 2013. Ademais de Grohl, tamén colaboraría no disco, incluídos os os anigos baixistasNick Oliveri[18] e Johannes,[19] e o vocalistaMark Lanegan.[20]
A principios de 2013, Homme e outros colaboradores de Queens, como Alain Johannes eChris Goss, gravaron para a banda sonora do documental de Dave GrohlSound City. Goss, Johannes e Homme apareceron cada un en tres temas. Josh destaca nunca colaboración con Grohl e Trent Reznor chamada "Mantra", e tamén aparece no filme nunha entrevista. Goss e Johannes foron membros dosupergrupoSound City Players, tocando cancións deMasters of Reality,Eleven eThe Desert Sessions, ademais de aparecer en cancións da banda sonora. O antigo baixista deKyuss,Scott Reeder, tamén aparece nun tema do disco.[24]
En marzo de 2013 Queens of the Stone Age anunciou que o novo álbum, titulado...Like Clockwork, sería lanzado en xuño dese ano a través do seloMatador Records.[25][26] A discográfica publicou unha nota de prensa o26 de marzo revelando máis detalles do disco, incluídos a aparición de máis músicos invitados:Alex Turner deArctic Monkeys eJames Lavelle deUNKLE. Ademais da colaboración de Grohl, o disco conta coa aparición do antigo batería Castillo, e do novo batería da bandaJon Theodore (ex-The Mars Volta,One Day as a Lion).[27][28] Queens of the Stone Age estreou unha nova canción, "My God Is The Sun", no festival Lollapalooza Brasil o 30 de marzo,[29] unha actuación na cal Theodore fixo a súa estrea ao vivo. A versión de estudio do tema estreouse no programa de Zane Lowe daBBC Radio 1 o día 8 de abril.
...Like Clockwork publicouse o día 3 de xuño de 2013 noReino Unido e o 4 nos Estados Unidos a través de Matador Records. Autoproducido pola banda é o primeiro álbum de Queens of the Stone Age en contar coa colaboración plena do baixistaMichael Shuman e o teclista e guitarristaDean Fertita. O álbum estreouse no número 1 nos Estados Unidos, sendo o primeiro álbum do grupo en conseguilo.[30]
A xira de promoción de...Like Clockwork culminou cunha festa deHalloween en The Forum, nosÁnxeles, con invitados comoThe Kills,JD McPherson e a banda de Nick OliveriUncontrollable.[31] A actuación da banda contou cunha aparición de Oliveri que tocou durante os bises temas como "Auto Pilot" e "Quick and to the Pointless", que non foran interpretados nunha década.[32]
En xaneiro de 2014 Homme dixo á revistaRolling Stone que a banda comezaría a gravar un novo álbum cando rematase a de...Like Clockwork.[33] No mes de xuño Homme realizou un concerto acústico en solitario no festival Meltdown de James Lavelle con invitados comoTroy Van Leeuwen eMark Lanegan. Durante esta actuación Homme tocou unha nova canción chamada "Villains of Circumstance", que foi interpretada novamente noutro acústico en 2016.[34] A banda dixo en febreiro de 2015, cando se anunciou a súa participación no Rock in Rio de 2015 enRío de Xaneiro no mes de setembro, que estaban a piques de gravar un novo traballo.[35] A pesar diso, en marzo de 2016 Michael Shuman revelou que QotSA estaba tomándose un descanso.[36]
Durante este período os membros da banda traballaron en distintos proxectos. Josh Homme e Dean Fertita colaboraron no álbum deIggy Pop de 2016Post Pop Depression e na súa respectiva xira, mentres que Troy van Leeuwen uniuse ao supergrupoGone Is Gone con plans para editar un EP e un álbum de estudio.[37] En maio de 2016 Van Leeuwen anunuciou plans para gravar o sétimo traballo de Queens of the Stone Age "nalgún momento deste ano".[38]
En xaneiro de 2017Troy Sanders, deMastodon e Gone Is Gone, dixo que Queens of the Stone Age publicaría un novo disco nese mesmo ano.[39] Tras isto a banda publicou varias fotografías nas redes sociais no estudio[40] e anunciou que tocaría no Fuji Rock Festival en xullo, sendo a súa primeira actuación noXapón dende o ano 2003. O grupo actualizou as súas contas nas redes sociais cun novo logotipo e as palabras "Coming Twentyfive" o6 de abril de 2017, e anunciou unha xira porAustralia eNova Zelandia que comezaría en xullo.
O14 de xuño de 2017 Queens of the Stone Age anunciou o seu novo álbumVillains, que sería lanzado o 25 de agosto. O trailer de avance tomou a forma dun sketch cómico coa banda realizando un test poligráfico conLiam Lynch xunto coa aparición do produtor do álbumMark Ronson, e contando cun fragmento da canción "Feet Don't Fail Me". O primeiro sinxelo, "The Way You Used to Do", apareceu no día seguinte xunto co anuncio dunha xira mundial.[41][42] O segundo sinxelo, “The Evil Has Landed”, lanzouse o 10 de agosto.[43]
Nunha entrevista coneonmusic en xuño de 2019Billy Gibbons, deZZ Top, anunciou que colaborara nun novo álbum de Queens of the Stone Age que sería anunciado por Homme nese mesmo ano. Gibbons tamén confirmou queDave Grohl estaba implicado nas sesións de gravación.[44] Gibbons despois confirmou que colaborara nos volumes 11 e 12 deThe Desert Sessions, mentres que Grohl negou os rumores, dicindo que el e Homme só pasaran tempo xuntos "montando en moto e comendo gofres".[45]
Queens of the Stone Age no Aftershock Festival 2023
A principios de maio de 2023 comezaron a xurdir rumores sobre un novo disco cando apareceu unha listaxe de produtos na páxina web da banda tituladaIn Times New Roman..., que incluía unha portada de álbum e unha lista de cancións. A listaxe foi eliminada inicialmente.[46] O 11 de maio lanzouse o primeiro sinxelo do álbum, "Emotion Sickness", xunto cun anuncio oficial do mesmo.[47] O 31 de maio lanzouse o seu segundo sinxelo, "Carnavoyeur".[48] O 14 de xuño lanzouse o terceiro e derradeiro sinxelo do álbum, "Paper Machete",[49] seguido inmediatamente pola publicación do disco o 16 de xuño. Nin Gibbons nin Grohl acabaron aparecendo no álbum; porén, si que contou coa participación vocal do batería deArctic Monkeys,Matt Helders, e cos instrumentos de corda de The Section Quartet.[50]
A principios de xuño Queens of the Stone Age anunciou unha longa xira por América do Norte chamadaThe End Is Nero Tour,[51] seguida inmediatamente dunha etapa europea con datas ata finais de novembro de 2023.[52] A esta seguiulle unha xira en 2024 que incluíu Australia, Nova Zelandia, América do Norte e Europa.[53] O 9 de xullo a banda cancelou varios concertos europeos ese mes para que Homme puidese ser operado de urxencia, e cancelaron máis a finais dese mes.Jack White encheu o seu oco nalgúns festivais.[54] O 23 de agosto o resto dos concertos da banda de 2024 foron cancelados ou aprazados ata 2025 debido a que Homme necesitaba "atención médica esencial para o resto do ano".[55]