Unpuro oucigarro puro é un cigarro[1] consistente nun paquete firmemente enrolado detabaco secado e fermentado, liado sen papel, nunha folla de tabaco. Acéndese por un dos extremos para poder introducir o seu fume dentro da boca do fumador a través do outro extremo.
Os puros fabricados enCuba considéranse dunha calidade inigualable, e por iso se lles coñece habitualmente comoHabanos. A reputación cubana preséntase tanto polas características únicas da rexión de Vuelta Abajo, na provincia dePinar del Río, ao Oeste da illa, onde un microclima permite o cultivo de tabaco de alta calidade; como pola habilidade dos fabricantes cubanos do puro. Porén,moitos expertos cren que as mellores colleitas de Honduras, Nicaragua eSan Andrés Tuxtla, en México, rivalizan cos cubanos.